
Durante la apertura del Foro empresarial Cubano-gallego, en La Habana, el mandatario autonómico, de viaje oficial acompañado por el conselleiro de Economía, Francisco Conde, ha apostado por "alcanzar un flujo económico que prolongue los intensos vínculos humanos que ya existen entre los dos territorios". El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha animado a los emprendedores gallegos a explorar vías de inversión en Cuba y ha citado como ámbitos de colaboración el sector de la producción y la agroalimentaria, las energías renovables, la pesca, la construcción naval, la transferencia de conocimiento, la biotecnología, la investigación médica o la energía.
Feijóo ha apuntado que ni las exportaciones gallegas a Cuba, ni viceversa, "reflejan la intensidad de ese trato familiar que se da entre los dos pueblos" y, en este escenario, ha apostado por "no caer en el conformismo y seguir profundizando en las posibilidades económicas que puedan existir". "Quiero que los gallegos que residen en este país nos sientan cerca; quiero prestarles toda nuestra ayuda para hacer de sus entidades representativas una realidad unida y vigorosa. Y deseo, también, que los cubanos sepan que España, en general, y Galicia en particular, están pendientes de los desafíos que los nuevos tiempos le plantean a Cuba".
El presidente del Gobierno gallego ha trasladado que en Galicia "se observa con avidez el acontecer cubano, y tiene confianza plena en su futuro", ante lo que expresó su deseo de que el futuro que le espera a Cuba "no es sombrío, sino venturoso". En esta línea, ha afirmado que Galicia quiere hacer su contribución a ese futuro y, así, parafraseó al primer presidente de la democracia española, Adolfo Suárez, para defender "hacer normal en lo económico, lo que es normal en la relación humana".
Según explica la Xunta en un comunicado, Feijóo mencionó los ámbitos de colaboración en los que se pueden encontrar vías de inversión. Afirmó que, en ellos, "se encuentran oportunidades de cara al futuro", oportunidades que animó "a explorar" a los asistentes a este foro cubano-gallego, y a concretar a través de instrumentos de colaboración estables "como el protocolo que la firmaron esta mañana las cámaras de comercio de Cuba y Santiago". El titular de la Xunta ha subrayado que Galicia se transformó en estos años en una economía "abierta, habituada a competir en el mundo y apta para la inversión extranjera", y ha destacado que cuenta con "importantes multinacionales en los sectores textil y alimentario" y con un "tupido" tejido de pequeñas y medianas empresas "deseosas de salir al exterior". Ha recordado que, cada año, la economía gallega se internacionaliza más y el volumen de sus exportaciones creció más de un 10 por ciento en lo que va de año, así como supuso el 37 por ciento del PIB gallego, "lo que nos sitúa a solo cuatro puntos de Alemania".
En la conclusión de su discurso, Feijóo recordó la figura del expresidente Manuel Fraga, de quien dijo que entendió "algo esencial" en la relación entre ambos pueblos, el gallego y el cubano, "más que una relación intergubernamental". El expresidente Fraga y Fidel Castro mantuvieron una relación fluida. El foro empresarial cubano-gallego fue el primer acto del viaje institucional del presidente de la Xunta a Cuba.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou aos emprendedores galegos a explorar vías de investimento en Cuba e alcanzar un fluxo económico que prolongue os intensos vínculos humanos que xa existen entre os dous territorios.
Durante a apertura do Foro empresarial Cubano-Galego na Habana, Feijóo subliñou que nin as exportacións galegas a Cuba nin as exportacións cubanas a Galicia reflicten a intensidade dese trato familiar que se dá entre os dous pobos e, diante deste panorama, avogou por non caer no conformismo e seguir profundando nas posibilidades económicas que poidan existir.
Quero que os galegos que residen neste país nos sintan cerca, quero prestarlles toda a nosa axuda para facer das súas entidades representativas unha realidade unida e vigorosa. E desexo, tamén, que os cubanos saiban que España en xeral e Galicia en particular están pendentes dos desafíos que os novos tempos lle plantexan a Cuba. Alá obsérvase con avidez o acontecer cubano, e tense unha confianza plena no seu pobo, aseverou, logo de expresar a seu desexo de que o futuro que lle agarda a Cuba non é sombrío senón venturoso.
Nesta liña, afirmou que Galicia quere facer a súa contribución a ese futuro e parafraseou ao primeiro presidente da democracia española Adolfo Súarez para apostar por facer normal no económico, o que é normal na relación humana.
Ao longo da súa intervención, Feijóo referiuse aos eidos nos que a colaboración pode ser beneficiosa para ambos os dous países, entre os que destacou o sector agroalimentario, as enerxías renovables, a pesca, a construción naval, a transferencia de coñecemento, a biotecnoloxía, a investigación médica, a enerxía e a industria agroalimentaria.
Feijóo afirmou que en todos estes sectores atópanse oportunidades de cara ao futuro; oportunidades que animou a explorar aos asistentes a este foro cubano-galego, e a concretar a través de instrumentos de colaboración estables como o protocolo que asinaron esta mañá as cámaras de comercio de Cuba e Santiago.
O titular da Xunta salientou que a Comunidade galega se transformou nestes anos nunha economía aberta, habituada a competir no mundo e apta para o investimento estranxeiro; e conta con importantes multinacionais nos sectores téxtil e alimentario e cun tupido tecido de pequenas e medianas empresas desexosas de saír ao exterior.
Nesta liña, lembrou que cada ano a economía galega se internacionaliza máis e o volume das súas exportacións creceu máis dun 10% no que vai de ano e supuxeron o 37% do produto interior bruto galego, o que nos sitúa a só catro puntos de Alemaña.
O responsable autonómico concluíu lembrando a figura de Manuel Fraga, quen entendeu algo esencial nesta relación entre ambos os dous pobos: entre galegos e cubanos, máis que unha relación intergubernamental, existe unha relación humana. E expresou o seu compromiso de continuar o camiño iniciado e de fortalecelo nesta viaxe.
O Foro empresarial Cubano-Galego foi o primeiro acto da viaxe institucional do presidente da Xunta a Cuba.
Ao longo do día de hoxe, Alberto Núñez Feijóo reunirase, tamén, co ministro de Comercio Exterior e do Investimento Estranxeiro da República de Cuba, Rodrigo Malmierca Díaz. E, no ámbito da galeguidade, manterá un encontro cos presidentes das entidades galegas na Habana e cos coordinadores da galeguidade nas provincias de Cuba, e, a continuación presidirá a sinatura do acordo de unión entre 38 asociacións galegas da Habana.
Así mesmo, o titular da Executivo autonómico participará no acto de presentación de publicacións editadas en 2013 sobre temática galego-cubana.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.