Noticias

Turismo Galicia invertirá 4,5 millones de euros en la campaña Destino Galicia de 2014

La campaña promocional de Turismo de Galicia procura promover activamente los valores turísticos de la comunidad a través de los medios de comunicación y otros soportes. En 2014 se hará especial fuerza en el 800º aniversario de la peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Turismo de Galicia investirá un total de 4,5 millóns de euros na nova campaña de promoción do destino que se materializará en 2014 e que persegue a difusión e promoción dos recursos turísticos da comunidade a través de diversas accións de comunicación en diferentes soportes.

A campaña promocional de Turismo de Galicia incidirá na promoción activa dos valores turísticos da comunidade a través de diferentes actuacións e terá alcance local e nacional para incidir no turismo de proximidade e tamén para captar viaxeiros en períodos vacacionais, interesados no Camiño de Santiago ou en realizar estadías, tanto na época estival como en fins de semana ou pontes.

Dende mediados deste ano ata mediados de 2015 Galicia acollerá os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, que converterán á comunidade no epicentro do turismo cultural e en sede de diversos encontros, congresos, exposicións ou actividades musicais, supoñendo un dos atractivos e potenciadores turísticos fundamentais para a comunidade galega neste período.

O turismo supón para Galicia preto do 11% do Produto Interior Bruto. Galicia é a comunidade que mais aposta polo sector. A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia ten a competencia de impulsar, promocionar e ordenar o turismo dentro da comunidade. De igual modo, encárgase de conservar e promocionar os Camiños de Santiago. Entre as funcións de turismo de Galicia inclúese o aproveitamento e potenciación dos recursos turísticos de Galicia mediante a promoción, publicidade, relacións públicas e outras accións de notoriedade, tanto no interior de Galicia coma no resto de España e no exterior.

A comezos do verán Turismo de Galicia puxo en marcha a campaña Galicia, o bo camiño, que chegou nos primeiros quince días a máis de 7’5 millóns de persoas a través das redes sociais. A páxina de Turismo de Galicia acadou máis de 11 mil novos fans e o vídeo promocional xerou máis de cinco mil comentarios e foi compartido máis de vinte mil veces nese período e reproducido 277.414 veces.

Boa parte dos usuarios visionaron a campaña de Turismo a través dos seus dispositivos móbiles, en total xeraron 4 millóns de impresións cun CTR do 4,69% e máis de 28 mil ‘me gusta’. Os usuarios que accederon á campaña a través do seu ordenador alcanzaron os 3.327.667 e a ratio de clickeo chega ao 2%. O spot promocional de Turismo de Galicia en galego xerou 428 mil impresións cunha ratio de clickeo do 4,6%. Un total de 3.110 usuarios clickaron en ‘me gusta’ no vídeo e rexistráronse nel 383 comentarios. O spot en galego foi compartido 2.907 veces e reproducido 11.822 veces.

Galicia rexistrou en agosto o máximo histórico de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados, superando incluso en algo máis de 1.000 aos computados no Ano Santo 2010. Porcentualmente, a suba é a máis elevada dos últimos once anos.

Galicia rexistrou no mes de agosto unha cifra de viaxeiros aloxados en establecementos regrados de 727.733, isto é, un 11,6% máis que os rexistrados no mesmo mes do ano pasado.

O mercado nacional medrou un 6,5% e o internacional un 8,4%, acadando o máximo de viaxeiros aloxados con case 160 mil no conxunto da comunidade e de pernoitas –superando as 300 mil- así como na estrutura da demanda en agosto supoñendo o 16,6% do total das pernoitas de aloxamento regrado.

No acumulado anual de xaneiro a agosto Galicia lidera o crecemento da cifra de viaxeiros aloxados en establecementos regrados. Tamén no que vai de ano o turismo internacional medrou un 12% na cifra de viaxeiros e un 8,4% na de pernoitas, acadando cotas do 24,1% do total de viaxeiros aloxados, nunca antes rexistradas. Este segmento supera por primeira vez a barreira dos 600 mil viaxeiros ata o mes de agosto.

R., 2013-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
Foto de la tercera plana (lobo-galicia.jpg) A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.

Notas

O Concurso Runas 2026, que desde o ano 2000 impulsa a difusión da cultura e da música celta, pechou as súas votacións en liña superando os 100.000 votos emitidos, consolidando esta edición como unha das de maior participación dos últimos anos. O resultado final estivo marcado pola coincidencia entre o voto popular e a valoración do xurado profesional, que seleccionaron a JDC, Aérokorda e Leni Pérez & Sekadra como os tres grupos finalistas que actuarán este verán no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Baixo o título ...miña prenda, desde este xoves e ata o 24 de xullo, a Sala Alterarte acolle unha exposición do artista Xosé Poldras comisariada por Marta García. Con ela pecharase a programación deste curso académico do espazo expositivo do campus de Ourense. A mostra recolle principalmente gravados deste creador pero tamén dá entrada a outro tipo de pezas súas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES