
Así lo ha confirmado el PSdeG a través de un comunicado de prensa, en el que ha destacado que el diputado coruñés José Luis Méndez Romeu -hasta ahora viceportavoz- acumula "una amplia experiencia política". De hecho, no sólo fue conselleiro de Presidencia a las órdenes de Emilio Pérez Touriño, sino que también fue secretario de Estado de Cooperación Territorial entre 2004 y 2005 y concejal en A Coruña en la etapa de Francisco Vázquez.
Natural de A Coruña donde nació en 1951, es licenciado en Pedagogía, estuvo vinculado políticamente al sector encabezado por el alcalde de A Coruña y fue uno de los concejales del equipo de Paco Vázquez, que le encomendó las tareas de Cultura en la ciudad herculina. Fue presidente de la Orquesta Sinfónica de Galicia (1994-2004), concejal de Educación y Cultura (1987-2003) y de Urbanismo y Vivienda en el ayuntamiento de A Coruña (2003-2004), secretario de Estado de Cooperación Territorial (2004-2005) y conselleiro de Presidencia de la Xunta de Galicia (2005-2009).
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PSdeG:
A nova Executiva Nacional do PSdeG reuniuse por segunda vez para tomar diferentes decisións de carácter orgánico e político. Entre elas, os membros da CENG aprobaron nomear a José Luis Méndez Romeu como voceiro parlamentario do PSdeG, unha decisión que chega tras unha reunión previa o pasado venres con todos os deputados socialistas para coñecer a súa opinión antes de sometela ao ditame da Executiva. Méndez Romeu, que acumula unha ampla experiencia política e foi edil no Concello da Coruña, secretario de Estado de Cooperación Territorial e conselleiro de Presidencia, releva así nesta responsabilidade a Abel Losada. A Executiva decidiu tamén deixar vacante o posto da presidencia.
Por outra banda, a CENG analizou as enmendas das catro provincias aos Orzamentos do Estado despois da reunión de traballo desta fin de semana entre representantes provinciais do partido, deputados e senadores, no que foi unha das accións prioritarias nos primeiros oito días desde a elección da nova dirección do partido. Uns Orzamentos moi preocupantes polo tocante a Galicia, sobre todo polo que supoñen de brecha social, coa preocupación polo futuro que pasa polos pensionistas, polos mozos e mozas que queren recuperar o futuro ou pola carencia de inversións produtivas para Galicia, tal e como manfestou esa mañá nunha compaencencia ante os medios o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro. Iso é o que lle preocupa á xente, o día a día, o difícil que é chegar a fin de mes, e creo que os partidos tamén temos que dar unha imaxe edificante de que a preocupación real é iso, o que pasa fóra dos partidos, afirmou Besteiro, que indica que os socialistas deben dirixirse á maioría social do país e a clase traballadora, que xa non é a mesma que hai 30 anos.
Fotografía: http://www.psdeg-psoe.com/
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.