Noticias

El Ministerio de Economía avanza que el proceso de subasta de Novagalicia Banco podría comenzar el 16 de septiembre

El secretario de Estado de Economía avanzó en rueda de prensa que el proceso de subasta de Novagalicia Banco arrancará a mediados de septiembre presentando las potencialidades de la entidad y en espera de la recepción de propuestas que implicarán importantes ajustes del personal ya con un ERE.

El calendario de la subasta de Novagalicia Banco arranca la semana del 16 de septiembre, con la puesta a disposición de los posibles interesados de toda la información relevante sobre la entidad. Así lo ha adelantado el secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre, en rueda de prensa. El "número dos" de Economía ha confirmado que el primer paso de la subasta, conocido como "data room", será a partir del 16 de septiembre. "Las entidades podrán empezar a ver las calidades de los activos de NCG Banco para hacer las valoraciones y expresar su interés y sus ofertas".

El presidente del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB), Fernando Restoy, ya había afirmado que "el proceso de análisis" de Novagalicia Banco estaba "prácticamente finalizado", aunque había asegurado que el proceso competitivo podría "iniciarse en los últimos días del presente mes de septiembre". En cuanto al ERE de la entidad gallega, Latorre ha recordado que habrá que hacer "ajustes importantes" y ha destacado que el banco tratará de aplicarlos de las forma "más consensuada" con los agentes sociales.

También ha descartado "efecto fiscal alguno" sobre la decisión de que los créditos fiscales de la banca computen como capital de calidad, y ha estimado que se conocerá antes de finales de año. "No tendrá efecto ni fiscal, ni de déficit ni de deuda".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, valoro a disposición amosada por Novagalicia Banco a activar unha nova vía que permita aos afectados pola comercialización indebida das participacións preferentes e subordinadas recuperar o 100 por cento dos seus aforros no prazo máis breve posible. Concretamente, confirmou que a entidade ten aceptado a arbitraxe xudicial proposta pola Xunta de Galicia para que Novagalicia Banco se aveña ás demandas naqueles casos homologables aos que xa se teñen resolto a través da arbitraxe administrativa.

Durante a rolda de prensa do Consello da Xunta, Feijóo asegurou que esta nova vía permite axilizar a resolución dos conflitos xa que o acordo das partes facilitará o acurtamento dos preitos, sen necesidade de chegar a xuízo e agardar unha sentenza. “Esta será a canle: revisar aquelas demandas que se vaian producindo ou as que xa se produciron; ver se hai supostos similares aos expedientes que en vía administrativa foron resoltos satisfactoriamente a través da arbitraxe de Consumo; e aceptar nesta vía que non prosiga o preito, que o banco saia da demanda e acepte a reclamación do afectado”, resumiu o presidente.

Despois de recordar que 2 de cada 3 afectados xa recuperaron os seus aforros grazas á mediación do Instituto Galego de Consumo, asegurou que a nova vía aceptada pola entidade permitirá elevar esa cifra a 4 de cada 5. Na súa opinión, esta decisión supón un paso máis no compromiso da Xunta cos afectados polas preferentes, que se suma ao esforzo feito no ámbito administrativo e no ámbito xudicial. No relativo o eido administrativo, Galicia foi a primeira comunidade en propoñer e poñer en práctica a arbitraxe coa mediación do Instituto Galego de Consumo, da que se teñen beneficiado 38.000 familias que recuperaron o 100 por cento dos seus aforros.

No que se refire á vía xudicial, ademais da decisión confirmada hoxe pola entidade, a Xunta de Galicia tamén foi pioneira en asinar un acordo co Consello Xeral do Poder Xudicial e co Tribunal Superior de Xustiza para crear xulgados específicos de reforzo –na Coruña e en Vigo-- dedicados exclusivamente a tramitar as demandas das preferentes.
Feijóo concluíu facendo fincapé en que, desde o primeiro momento, a Xunta se puxo ao lado dos afectados e buscou solucións, maila que non era un problema recente -o 75% destes produtos se comercializaron entre os anos 2005 e 2008- e de non ser un problema único dunha entidade financeira, con clientes afectados na comunidade de ata 16 entidades financeiras.

R., 2013-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES