Noticias

Campamento Km0 Infantil no parque zoolóxico Avifauna

Escola de Imaxe e Son de Lugo, 2013-07-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (mar-formacion-01.jpeg) O sector marítimo-pesqueiro é un pilar estratéxico para Galicia, a principal potencia pesqueira de Europa, xa que contribúe cun 5% do PIB e xera preto de 50.000 empregos. Para afrontar retos como o relevo xeracional e a captación de novos profesionais, a Consellería do Mar investiu este ano 12,3 millóns de euros nunha rede de centros de formación de referencia, entre os que destacan o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Ipmpa) en Vigo, pioneiro en España e recoñecido como Centro de Referencia Nacional (CRN) en Pesca e Navegación; a Escola Oficial Náutica-Pesqueira de Ribeira e a de Ferrol; e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa, Centro de Referencia Nacional en Acuicultura e Mergullo.
Foto de la tercera plana (fp-madeira.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Goberno galego inclúe no novo decreto de FP a figura do profesor asociado e avanza no recoñecemento mutuo de créditos entre estas ensinanzas e a universidade. O Consello da Xunta analizou un informe sobre o inicio da fase de tramitación do anteproxecto de decreto polo que establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Un texto no que a Xunta traballa desde hai ano e medio e que ten como obxectivo regular en Galicia os ciclos de FP básica, de grao medio e superior, así como os másteres destas ensinanzas, adaptándoas á nova normativa estatal.

Notas

O escritor José Ángel Valente foi retratado en diversas ocasións e baixo distintas técnicas artísticas como a pintura, o debuxo, ou mesmo a caricatura. Algúns destes retratos foron feitos por artistas do seu Ourense orixinario nos anos cincuenta, como Manuel Prego de Oliver ou Virxilio, pero máis tarde tamén o representaron o pontevedrés Xosé Freixanes, o vigués Xulio Formoso, o celanovés Baldomero Moreiras, o ferrolán Siro López e, sobre todo, a lucense Sara Lamas.
O grupo de Sistemas Aeroespaciais e de Transporte (Aerolab) da Universidade de Vigo e a empresa Copasa están a levar a cabo o proxecto estatal Airis. Nel traballan no desenvolvemento de sistemas para a dixitalización da información do mantemento das vías de ferrocarril de alta velocidade. Trátase de, aplicando as últimas tecnoloxías, dixitalizar e automatizar a inspección destas vías e contribuír así a mellorar tanto a súa rendibilidade como a súa seguridade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES