Noticias

El Gobierno gallego dice que no recurrirá las sentencias contra el decreto del gallego

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que su Gobierno no recurrirá las sentencias del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulan algunos puntos del decreto del plurilingüismo como el relativo al "carácter vinculante" de la consulta a los progenitores sobre el idioma en la primera etapa educativa.

Feijóo, sin embargo, ha garantizado que la Xunta mantendrá las consultas, que tendrán un valor "determinante" para la Administración, aunque sin "efectos legales". "¿Qué la Xunta puede seguir haciendo consultas? Sí. ¿Qué van a tener efectos legales? No", ha manifestado el máximo mandatario autonómico en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, en la que ha garantizado que, pese a carecer de "efectos legales", la opinión de los padres sobre el idioma en el que se educa a sus hijos seguirá siendo "determinante" para orientar las decisiones de la Administración.

Feijóo ha señalado que "el 95% del decreto" que cuenta con "el aval" del Alto Tribunal gallego pasará a ser "el cien por cien" del texto de la Xunta para "darle una seguridad jurídica incuestionable". Ha explicado que el actual se modificará mediante una instrucción que va a desarrollar la Consellería de Educación y ha esgrimido que la decisión se adopta tras evaluar las "decisiones judiciales" y los informes de la Asesoría Xurídica autonómica.

El presidente de la Xunta ha defendido que al no recurrir su Gobierno actúa con "coherencia" con respecto al mandato judicial y, además, es "consecuente" con los compromisos electorales adquiridos por él mismo. No en vano, ha remarcado que el TSXG avala "la legalidad del principio de equilibrio" entre el gallego y el castellano, así como la introducción del plurilingüismo y que se "cumple" la ley de normalización. Con este paso, ha destacado que Galicia acata las sentencias de los tribunales "a diferencia de otras comunidades" y ha dado por zanjada la "polémica" sobre el idioma al situarse el texto "en un punto de encuentro indiscutible". "Puede haber gente que quiera seguir viviendo de la polémica, pero si la sentencia es clara, yo la acato. No voy a vivir de la polémica del gallego", ha esgrimido, preguntado por el recurso de la Real Academia Galega (RAG).

También ha defendido que al ajustar el texto a los dictámenes del TSXG se supera "una fase de provisionalidad" y ha alegado que la Xunta "no debía prolongarla", antes de insistir en que la Comunidad gallega "respeta a la Justicia", y ha insistido en que el texto actualizado supondrá "un punto de encuentro indiscutible" en Galicia, "al que se pueden sumar todas las fuerzas si de verdad quieren sacar la lengua" de la discusión política. "El Gobierno se suma", ha esgrimido, antes de insistir en que las consultas se mantendrán con valor "determinante" y se pedirá "flexibilidad" a los profesores para que ningún alumnos suspenda por utilizar una u otra lengua.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou a decisión do Goberno galego de asumir as distintas sentenzas xudiciais sobre o Decreto do Plurilingüismo, que avalan o equilibrio lingüístico e a ambición de incorporar unha terceira lingua á Educación Pública e que o consideran conforme á Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade en 1983.

Logo de que o conselleiro de Educación informase ao Consello da Xunta da análise xurídica que se ten levado a cabo nas últimas semanas ao respecto deste asunto, Feijóo explicou que se respectarán os pronunciamentos xudiciais porque, deste xeito, se consolidan a práctica totalidade da política lingüística da Xunta de Galicia. Nesta liña, explicou que os fallos reiterados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalan a legalidade do principio do equilibrio entre o galego e o castelán; así como que por primeira vez na historia de Galicia, se introduza o plurilingüismo para os rapaces da comunidade. Así mesmo, os pronunciamentos xudiciais tamén constatan que o Decreto cumpre a Lei de normalización lingüística aprobada por unanimidade en 1983.

Ao fío disto, considerou que a decisión da Xunta blinda a seguridade xurídica e supera definitivamente a situación de provisionalidade da normativa, do mesmo xeito que pecha a pugna lingüística e consolida a normalidade que se ten consolidado neste eido dende 2009, tal e como acreditan todos os indicadores das enquisas practicadas. De xeito concreto, citou o último estudo do CIS, na que sinala que o 99% dos galegos consideran que a lingua non é un problema.

Blindar a seguridade xurídica, manter o compromiso dun modelo lingüístico equilibrado que se inicie no plurilingüismo, e sacar definitivamente a pugna política das aulas son as tres razóns fundamentais polas que a Xunta asumiu os matices introducidos pola Xustiza, malia que non comparta no fondo o 5% que cuestiona.

Respecto a iso, destacou que o Goberno galego será consecuente cos compromisos adquiridos coas familias e seguirá contando coa opinión das nais e dos pais e, de feito, subliñou que o resultado da consulta ás familias será “determinante” para a toma de decisións da Xunta. Así mesmo, apelou á “flexibilidade” dos docentes sobre o uso da lingua nas aulas e concretou que a Consellería de Educación elaborará unha instrución sobre este aspecto. “Para que ningún profesor suspenda a un rapaz polo feito de que utilice o galego se unha asignatura se dá en castelán, ou que utilice o castelán se a asignatura se dá en galego”, concretou.

A modo de conclusión, Feijóo incidiu en que con esta decisión a Xunta mantense no camiño iniciado coa aprobación do Decreto do Plurilingüismo, “que funcionou e que está funcionando”, e que é o camiño que permitiu recuperar o equilibrio lingüístico e abandonar a senda da imposición; e que permitiu a Galicia incorporarse á ambición dunha terceira lingua, financiada con fondos públicos.

O responsable autonómico concluíu subliñando que o Goberno galego respecta á Xustiza e as familias; “e por iso, -aseverou- seguiremos contando e traballando para unha educación lingüística equilibrada, plurilingüe e que teña en conta a opinión dos pais”. Do mesmo xeito, tamén manifestou o seu respecto aos consensos e indicou que Decreto avalado pola Xustiza é un punto de encontro indiscutible para o Goberno, no que está a inmensa maioría da sociedade, e ao que todas as forzas políticas se poden sumar.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón acusou, en sede parlamentar, ao Presidente da Xunta de “manipular” as sentenzas que confirman a ilegalidade dos “elementos centrais” do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza.

A parlamentaria recórdalle que o mal chamado decreto do plurilingüismo, aprobado unilateralmente polo PP, tivo o rexeitamento masivo da sociedade galega, que levou adiante manifestacións moi numerosas contra o mesmo -convocadas pola Plataforma Queremos Galego-, unha folga xeral no ensino e o posicionamento contrario de entidades como a Real Academia Galega, o Consello Consultivo ou o Consello Escolar de Galiza.

As diferentes sentenzas que ditou o TSXG, afirma a nacionalista, “dan a razón a quen cuestionaron o decreto e declara ilegais os instrumentos que aprobou a Xunta para levar adiante unha política de eliminación do galego”, singularmente nunha etapa fundamental como é o Ensino Infantil.
Mentiras, manipulación e ilegalidades da Xunta contra a lingua galega
Desde o BNG, dixo, as sentenzaa deixaron ao descuberto “as mentiras, manipulacións e ilegalidades” empregadas pola Xunta de Galiza na súa cruzada contra o idioma galego e desautorízaa, no fondo e na forma.
Pontón lamentou, no seu nome e no do BNG, que o Presidente da Xunta “teime en intentar manipular a realidade e o contido e alcance das sentenzas”.

Hai que lembrar, engadiu, que estas sentenzas van na liña doutros pronunciamentos realizados por outras institucións. O máis recente, lembrou, “o terceiro Informe do Consello de Europa na aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”, neste Informe, critícanse duramente as “regresivas decisións” que en materia lingüística ten adoptado o PP nos últimos anos e denuncia “o retroceso do idioma galego” en diferentes ámbitos.

A deputada indicou que, concretamente no ensino, “o informe descualifica o Decreto 79/2010, por constatar a redución progresiva do uso do galego en todos os niveis e unha diminución da súa estrutura de apoio”.

Asemade, as e os expertos europeos esixen un incremento do número de escolas que ofrezan educación completamente ou esencialmente en lingua galega.

Para a parlamentaria nacionalista, si o PP quer retomar a senda do consenso en materia de lingua “o punto de partida non pode ser este decreto”, masivamente rexeitado pola sociedade galega e a comunidade educativa. O punto de partida, manifestou, deben ser “o respecto ao Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística, o Plan Xeral de Normalización da lingua galega e a propia Carta Europea das linguas”.

A lingua galega, concluíu, “require de políticas de apoio e de fomento da súa normalización”, algo que o Sr. Núñez Feijoó, á vista das súas declaracións tralo Consello da Xunta, non parece disposto a asumir nin facer.

R., 2013-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos_1.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha dun programa específico para reducir o abandono escolar centrado en varóns e na poboación inmigrante sen educación secundaria de segunda etapa, é dicir, que non contan con títulos superiores ao de ESO. O responsable do Executivo autonómico apuntou que a redución do abandono escolar é un 'importantísimo asunto de carácter estrutural no que a Xunta está embarcada hai tempo'. Aínda que indicou que 'imos polo bo camiño', lembrando que Galicia pechou 2025 cunha taxa do 10,4%, case tres puntos por debaixo da media estatal, sinalou que 'non podemos conformarnos nin moito menos'. Así, lembrou que a taxa de abandono educativo temperán é case o dobre nos homes (13,5%) ca nas mulleres (7,2%), polo que o Goberno galego está a intensificar as medidas especiais sobre eles.
Foto de la tercera plana (carballo-interplay-2026.jpg) O XIII Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril un programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación específica arredor dos contidos no noso idioma nas RRSS, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos.

Notas

O Plan de Marketing Turístico de Lugo (PSTD Et edendo Lucus) é a folla de ruta 2024‑2026 que define a estratexia para posicionar á cidade como un referente europeo en turismo de calidade. O seu obxectivo principal é impulsar un turismo sostible que combine a riqueza do patrimonio romano, a biodiversidade da Reserva da Biosfera e a tradición enogastronómica da zona, para converter a Lugo nun destino imprescindible para amantes da historia, da natureza e da gastronomía, recoñecido pola súa autenticidade, innovación e compromiso ambiental.
O teatro galego celebrou a súa gran festa no Teatro Rosalía Castro da Coruña coa entrega dos XXX Premios de Teatro María Casares, o principal recoñecemento das artes escénicas en Galicia. Nunha gala marcada pola emotividade e o espírito festivo, a obra Reconversión, da compañía Ibuprofeno Teatro, erixiuse como a gran gañadora da edición ao acadar un total de seis galardóns.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES