Noticias

Galicia sitúase como a comunidade autónoma coa menor taxa de pobreza infantil de España

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional. No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%. Ademais, Galicia é única comunidade que ten alcanzado o obxectivo marcado polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relativos á pobreza infantil.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, compareceu esta tarde no Congreso dos Deputados ante a subcomisión sobre o estudo dun pacto de Estado para a erradicación da pobreza infantil. Na súa intervención, puxo en valor a situación de Galicia, que se consolida como unha das comunidades con menores índices de desigualdade, e apostou por esixir o compromiso firme de todas as administracións para garantir “unha infancia digna, equitativa e con oportunidades reais”.

Fabiola García destacou que a comunidade galega “pode e debe ser parte activa na construción dun país máis xusto para a infancia” e lembrou que, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional.

No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%. Ademais, a estatística tamén pon de manifesto que Galicia é única comunidade que ten alcanzado o obxectivo marcado polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) relativos á pobreza infantil, cunha diferencia positiva de 4,2 puntos.

En relación a estes datos, a conselleira esixiu ao Goberno central “un compromiso real” que permita garantir a sostibilidade dos servizos sociais que dependen das comunidades e un financiamento “acorde coas necesidades reais que temos”.

Na súa intervención, a conselleira puxo en valor o papel que xoga Galicia na erradicación da pobreza infantil, un eido no que o Goberno galego puxo en marcha nos últimos anos medidas pioneiras que están dando resultados. Nesta liña, detallou un conxunto de políticas públicas que están orientadas á protección social, ao reforzo dos servizos comunitarios e que implican investimento en igualdade de oportunidades. Concretamente, medidas centradas na infancia, na educación e no apoio ás familias.

A gratuidade das escolas infantís

Fabiola García incidiu en que “investir en infancia é investir en futuro” e destacou a aposta de Galicia pola gratuidade das escolas infantís, unha medida pioneira en España e que supón un investimento de 65M€ ao ano de fondos propios. Actualmente, Galicia é a comunidade que ofrece a gratuidade con máis amplitude, ao estar implantada en máis de 550 escolas infantís, con máis de 32.000 prazas gratuítas, durante 8 horas ao día e 11 meses ao ano. Esta medida permite que Galicia conte cunha taxa de escolarización nesta etapa do 60,6%, trece puntos por riba da media estatal e sexa líder en escolarización por segundo ano consecutivo, superando os obxectivos que marcha a Unión Europea para 2030 e a niveis de países europeos como Suecia ou Dinamarca.

Entre outras medidas do Goberno galego, a conselleira destaca a rede de atención temperá coa que conta Galicia, totalmente gratuíta para as familias con nenos con problemas no desenvolvemento e que dá servizo a 200 municipios. Ademais, puxo en valor o investimento anual de máis de 130M€ en varías liñas de actuación de garantía infantil: como rede de Casas Niño no rural, cun centenar de unidades de atención, a Tarxeta Benvida, cunha dotación directa de 32M€, ou Bono Concilia Familia, con 15.000 beneficiarios o ano pasado.

Fabiola García tamén lembrou o reforzo impulsado no sistema de protección de menores, conseguindo que o modelo de Galicia destaque polo seu carácter integrador. Neste eido, tamén destacou o apoio da Xunta ao acollemento familiar, co incremento este mesmo mes de maio das axudas a familias acolledoras.

Por último, a conselleira detallou que todas estas medidas van acompañadas dun investimento doutros 131M€ destinados á inclusión social e co obxectivo para apoiar aos fogares máis vulnerables, en especial aos que teñen menores a cargo.

R., 2025-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) Tras varias xornadas de temperaturas sufocantes que obrigaron a activar o protocolo de niveis vermello e laranxa en múltiples comarcas do interior e da costa, o Goberno galego deu por concluído oficialmente o episodio de calor intensa en todo o territorio. Segundo os últimos informes cruzados de MeteoSalud e Meteogalicia, os termómetros regresan a valores habituais para a época estival, polo que nestes momentos ningunha zona de Galicia permanece baixo avisos de alerta sanitaria ou restricións de actividades ao aire libre.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura rexistrou este ano o mellor primeiro semestre da súa historia ao acadar as 120.000 persoas participantes nas actividades do Gaiás. Así se informou na reunión do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, na que se deu conta do incremento de case un 20 % na asistencia á programación durante os seus primeiros meses do ano. Estes datos consolidan a tendencia positiva e de expansión do programa cultural do Gaiás, tras pechar o pasado exercicio como o mellor da súa historia en participación. Dentro das propostas previstas para a segunda metade do ano, está unha exposición en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS).

Notas

'Profundamente honrada de ser a primeira reitora desta universidade', cun 'compromiso claro co sistema universitario galego e co país ao que servimos' e 'coa determinación de facer da Universidade de Vigo unha institución excelente, moderna, igualitaria e de alta calidade da que todas e todos nos sintamos orgullosos'. Así asume, nas súas propias verbas, Carmen García Mateo o cargo de reitora da UVigo.
O grupo de Nanomateriais Biomiméticos do CINBIO acaba de incorporar un microscopio hiperespectral de campo escuro que permitirá estudar nanopartículas individuais e coñecer con maior precisión as súas propiedades ópticas. A nova infraestrutura supón un importante avance para o desenvolvemento do proxecto Chiral-Pro, centrado en comprender como interactúan as nanopartículas quirais con proteínas e outras biomoléculas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES