
Durante a visita, as persoas asistentes poderán ver tamén produtos que lles resultarán familiares por ser habituais dos supermercados e que foron desenvoltos na APLTA do Campus Terra. A maioría dos traballos de I+D+I realizados no centro non poden ser expostos debido ás cláusulas de confidencialidade coas empresas, pero outros son resultado de proxectos públicos ou, sendo privados, é a propia empresa a que presume de que fosen desenvoltos na APLTA. O evento incluirá tamén unha mesa redonda, unha degustación comentada de queixos e acabará cuns petiscos de despedida para todos as persoas asistentes.
Na mesa redonda, titulada Innovación: da orixe á internacionalización, participarán Sergio Martínez (Innolact-Quescrem), Jesús García (Grupo Lence) e Ana Vázquez (Airas Moniz). Nela conversarase sobre o traballo levado a cabo por estas empresas lucenses coa APLTA e sobre como conseguiron que os seus produtos cheguen a todo o mundo. Ademais, poñerase de relevancia como a innovación, tanto de empresas de gran tamaño como doutras máis pequenas, pode ser un feito diferencial para poñer en valor unha zona xeográfica con necesidades de desenvolvemento e creación de emprego. Para asistir á mesa é necesario inscrición previa enviando un correo a [email protected] ou un whatsapp ao 647 344 098.
A continuación terá lugar unha degustación comentada de queixos das empresas e queixerías que levan traballando e/ou colaborando coa APLTA durante esta década: Savel de Airas Moniz, untables de Quescrem, Amarelo de Casa Donicio, macerado en mencía de Lácteos Ribeira Sacra, Pau Santo de Central Leiteira Galega, queixo DaJosefa de Quesería DaJosefa e Gran Capitán e Flor de Esgueva de Lactalis.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.