Noticias

O primeiro Centro de Protección Animal de Galicia estará en Curtis e dará servizo a concellos de menos de 5.000 habitantes

Este novo centro, que conta cun orzamento inicial estimado de 2,07 millóns de euros, que será cofinanciado con fondos Feder, localizarase nunha parcela de preto de 24.000 m2, na zona de reestruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis. Trátase dunha situación idónea desde o punto de vista loxístico, ao contar con boas comunicacións, e xeográfico xa que está próximo a municipios con menor poboación, que, tal e como incidiu a conselleira, é onde se ten identificado unha maior necesidade deste tipo de infraestruturas. O centro en si terá unha superficie de 2.300 m2 con capacidade para 300 cans e 200 gatos e as súas instalacións incluirán, entre outras dependencias, áreas para corentena, maternidade, illamento infeccioso, hospitalización, animais agresivos ou mantemento habitual de exemplares.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, anunciou hoxe que o primeiro Centro de Protección Animal, que dará servizo a concellos de menos de 5.000 habitantes, estará no concello de Curtis.

Durante unha visita á parcela na que se localizará esta nova infraestrutura, a conselleira explicou que este primeiro centro para a protección e acollida de animais de compañía abandonados, extraviados ou vagabundos ten como obxectivo reforzar a nivel autonómico o labor desempeñado polas administracións locais e as entidades sin ánimo de lucro.

Nesa liña, “prestarase especial atención a aqueles municipios con menos poboación, que son os que teñen máis dificultades para dispor dos medios necesarios para asumir de maneira satisfactoria estas tarefas e cumprir coas obrigas legalmente establecidas”, engadiu Ángeles Vázquez.

En concreto, este novo centro, que conta cun orzamento inicial estimado de 2,07 millóns de euros, que será cofinanciado con fondos Feder, localizarase nunha parcela de preto de 24.000 m2, na zona de reestruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis. Trátase dunha situación idónea desde o punto de vista loxístico, ao contar con boas comunicacións, e xeográfico xa que está próximo a municipios con menor poboación, que, tal e como incidiu a conselleira, é onde se ten identificado unha maior necesidade deste tipo de infraestruturas.

O centro en si terá unha superficie de 2.300 m2 con capacidade para 300 cans e 200 gatos e as súas instalacións incluirán, entre outras dependencias, áreas para corentena, maternidade, illamento infeccioso, hospitalización, animais agresivos ou mantemento habitual de exemplares. A maiores, haberá un módulo veterinario con consulta específica de gatos e dúas de cans, sala de hixiene, un quirófano e unha sala de radioloxía. O complexo completarase cunha área administrativa.

Liñas de financiamento e parques caninos

Durante a súa intervención, a conselleira subliñou que esta nova actuación vense sumar a outras iniciativas xa postas en marcha polo Goberno galego como as diferentes liñas de financiamento tanto para apoiar a adopción de animais de compañía por parte de particulares como para axudar a entidades locais e asociacións protectoras a sufragar os custos da atención que prestan nos seus territorios e centros.

Nese senso, cómpre lembrar que ata o vindeiro mes de setembro está aberto o prazo para optar a esas tres liñas de axudas. No caso dos apoios ás entidades locais, o orzamento é de 850.000 euros, mentres que para as asociacións protectoras o importe dispoñible de 480.000 euros. En canto ás axudas para adopción, a Xunta destina 40.000 euros a esta iniciativa. En total, a Xunta triplicou este ano o orzamento reservado a colaborar no coidado e protección dos animais de compañía abandonados, pasando de 450.000 euros a preto de 1,4 millóns de euros.

Ademais, Ángeles Vázquez fixo fincapé en que a Xunta leva anos sendo pioneira nesta materia con medidas como a Lei de benestar animal de Galicia, aprobada no ano 2017, con medidas novidosas en base a tres principios fundamentais: a prevención dos abandonos, a aposta pola adopción e o obxectivo do maltrato cero.

Para concluír, a conselleira lembrou que o Goberno galego ten o obxectivo de dotar ás sete grandes cidades galegas dun parque canino en colaboración cos seus concellos. Na actualidade, Ferrol xa ten pechada a localización do seu mentres que se está a avaliar diferentes propostas de parcelas cos de Lugo, Pontevedra e Ourense.

R., 2025-05-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) Deseñado e posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia —un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade—, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.

Notas

Las principales empresas agroalimentarias de la provincia de Lugo, junto con equipos investigadores del Campus Terra (USC), participarán esta semana en un encuentro estratégico con cuatro objetivos alimentación, salud, longevidad y robótica con una delegación empresarial procedente de China y Japón.
Álvaro Mourenza, investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e do grupo EXPRELA do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), liderou un estudo internacional que identifica unha nova estratexia terapéutica para combater infeccións causadas por Staphylococcus aureus, unha das bacterias resistentes aos antibióticos de maior relevancia clínica a nivel mundial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES