Noticias

Política: el presidente de la Xunta analiza los primeros 100 días de su segundo mandato con el presidente del Gobierno

Los presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, y de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantendrán el lunes 11 de marzo en La Moncloa una reunión de trabajo, a punto de cumplirse los primeros cien días del segundo mandato del dirigente popular al frente del Ejecutivo gallego.

Según han informado a Europa Press fuentes de la Xunta, Feijóo llevará en cartera asuntos como la situación del sector naval y las infraestructuras pendientes y aprovechará para resaltar las medidas adoptadas que han logrado mantener la autonomía financiera de la Comunidad gallega.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manterá un encontro co presidente do Goberno, Mariano Rajoy, no que abordarán os asuntos prioritarios para os intereses de Galicia. A reunión, que se celebrará ás 12 da mañá no Pazo da Moncloa, será a primeira que se produce entre ambos os dous mandatarios desde o inicio da lexislatura autonómica.

No decurso do encontro, o titular da Xunta trasladaralle ao presidente do Goberno español as principais inquedanzas da Comunidade e expresará a confianza en que se manteña como ata o de agora o compromiso do Executivo central cos asuntos maior transcendencia para Galicia.

Alberto Núñez Feijóo exporá ante Mariano Rajoy as liñas estratéxicas e prioridades do Goberno galego para esta lexislatura, orientadas á creación de emprego, ao fortalecemento do tecido produtivo e ao mantemento dos servizos sociais e do sistema de benestar.

Así mesmo, o presidente galego porá en valor o compromiso de Galicia con garantir a solvencia que contribúa á viabilidade do Estado das Autonomías. Como proba disto, Feijóo incidirá no reiterado cumprimento dos obxectivos do déficit por parte da Comunidade nos últimos exercicios, grazas a unha aposta pola estabilidade orzamentaria e pola contención do gasto público.

R., 2013-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES