Noticias

La Xunta de Galicia financia con 200.000 euros el 75% de las actividades de un programa destinado a la dinamización de la lectura

La Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará 200.000 euros a Ler conta moito, un nuevo programa de dinamización de lectura a través de la Red de Bibliotecas de Galicia, que tiene como objetivo reforzar el papel de la lectura y de la biblioteca en la sociedad gallega. El servicio bibliotecario de Galicia se encuentra entre los "mejores valorados", según un informe de Federación Gremio e Editores.

El secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ha explicado en la presentación del programa que esta nueva iniciativa pretende "impulsar la lectura como un vehículo de enriquecimiento y de aprovechamiento personal", a través de una programación de "actividades lúdicas y de calidad" en las bibliotecas públicas gallegas. El secretario xeral de Cultura ha informado de que a partir de este martes y hasta el 7 de marzo, estará abierta la convocatoria pública para que todos los interesados presenten sus propuestas, con el objetivo de "configurar un nuevo catálogo de actividades, adecuado a las necesidades actuales y la diversidad de públicos".

Lorenzo ha señalado que las nuevas actividades del catálogo deben responder a "una serie de requisitos" que aseguren "la adecuación de esas propuestas a la finalidad que persigue" el programa.

Sobre las propuestas recibidas, se configurará el catálogo definitivo que se pondrá a disposición de todas las bibliotecas de la de Red de Bibliotecas de Galicia que deseen participar en el programa. la Xunta financiará el 75 por ciento del coste de las actividades, mientras que el 25 por ciento restantes correrá a cargo de las bibliotecas. Además, el secretario xeral de Cultura ha informado de que, según el último informe de la Federación Gremio de Editores de España, Galicia es la quinta comunidad mejor valorada por sus servicios bibliotecarios.

Anxo Lorenzo ha matizado que la Comunidad gallega presenta "una media de satisfacción con los servicios de un 7,87 sobre 10", frente a la media de 7,83 sobre 10 de España. El secretario xeral ha indicado que "por eso, no se puede dejar de recordar el trabajo fundamental que están realizando las bibliotecas y que, además, la propia ciudadanía reconoce y valora cada vez más".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Reforzar o papel da lectura e da biblioteca na sociedade é unha prioridade da Xunta de Galicia. Por iso, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha este ano un novo programa para a dinamización da lectura a través da Rede de Bibliotecas de Galicia. ‘Ler conta moito’ é o nome desta iniciativa que promove a Secretaría Xeral de Cultura e que foi presentada polo responsable do departamento, Anxo Lorenzo, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, nun acto no que tamén participaron o subdirector xeral de Bibliotecas, Daniel Buján; a xefa do Servizo do Sistema de Bibliotecas, Consuelo Meiriño; e a directora da biblioteca, Carina Fernández.

“Con este novo programa –dixo o secretario xeral– impulsaremos a lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, a través da programación de actividades lúdicas e de calidade nas bibliotecas públicas galegas”. Neste sentido, explicou que “con ‘Ler conta moito’, programa ao que destinamos 200.000 euros, avanzamos na creación e consolidación dos hábitos de lectura, así como do referente da biblioteca como espazo para medrar, continuar formándonos e informándonos”.

Coa intención de darlles a oportunidade de integrarse no programa a todos os axentes que interveñen na dinamización da lectura en Galicia, mañá ábrese unha convocatoria pública para que presenten as súas propostas de actividades. As bases desta convocatoria, que estará aberta ata o 7 de marzo, poden consultarse en rbgalicia.xunta.es.

Este ano decidiuse configurar un novo catálogo de actividades de animación á lectura, axeitado ás necesidades actuais e á diversidade de públicos, se ben seguirán sendo os lectores máis novos os que ocupen o foco da creación de hábitos de lectura. Segundo explicou Anxo Lorenzo, “as actividades deberán responder a unha serie de requisitos que nos aseguren a adecuación desas propostas á finalidade que se persegue e co fin tamén de que se vinculen cada vez máis cos recursos que ofrece a biblioteca”.

Esta relación directa entre as actividades e os recursos da biblioteca constitúe unha das novidades do programa deste ano. Trátase de “promover o interese dos participantes por determinados libros, de que se asistimos a unha charla sobre un tema saibamos que outros recursos nos ofrece a biblioteca relacionados con esa temática, de coñecer que propostas musicais do seu fondo poden gardar relación coa actividade ou que páxinas web constitúen unha boa referencia para obter máis información sobre o asunto que nos interesou”.

Outra das novidades é un custo máximo por actividade de 500 euros, “como garantía para poder ofrecer unha certa continuidade na programación das bibliotecas”.

Entre as diversas actividades dirixidas á promoción da lectura que poderá ofrecer o programa ‘Ler conta moito’, e que terán o galego como lingua vehicular, inclúense obradoiros creativos de escritura, de banda deseñada, de encadernación ou de audiovisual, iniciativas para a divulgación do coñecemento como charlas e ciclos, exposicións, actividades de dinamización con música, teatro e danza ou propostas baseadas na narración oral, como contacontos, recitais poéticos ou regueifas.

Unha comisión de avaliación determinará, a partir das propostas recibidas, as actividades que configurarán o catálogo. O catálogo poñerase ao dispor de todas as bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia que desexen participar no programa para que libremente e en función das súas características (da poboación que cobren, dos intereses dos seus usuarios, do espazo do que dispoñen etc.) poidan configurar as súas propias programacións. A Xunta de Galicia financia o 75% do custo das actividades, mentres que o 25% restante correrá a cargos das bibliotecas.

Os servizos bibliotecarios de Galicia, entre os mellor valorados
As bibliotecas son, cada vez máis, un lugar de referencia social, grazas á amplitude dos servizos que ofrecen de acceso á información, non só a través dos libros, senón tamén a través de recursos electrónicos, da propia rede de internet e doutros soportes, como o audiovisual ou os sonoros. Esta tendencia a un acceso ás bibliotecas cada vez máis estendido por parte da poboación é xeral en España, como amosan os datos do último informe da Federación Gremio de Editores de España.

O informe constata ese aumento nos hábitos lectores e un incremento da asistencia ás bibliotecas no conxunto do Estado, cunha valoración do servizo bibliotecario que en todos os casos supera o notable, cunha media de 7,83 puntos sobre 10. No caso de Galicia, esa media de satisfacción cos servizos que se ofrecen nas bibliotecas é aínda superior, cunha valoración de 7,87, o que a sitúa no quinto posto entre as comunidades autónomas na valoración dos usuarios. “Por iso –concluíu Anxo Lorenzo– non quero deixar de recordar o labor fundamental que están a realizar as bibliotecas, un labor que a propia cidadanía recoñece e valora cada vez máis”.

R., 2013-02-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (atlantic-fest-2025.jpg) Os Concertos do Xacobeo regresan esta fin de semana á Praia da Concha de Vilagarcía de Arousa dándolle cobertura a unha nova edición do Atlantic Fest. Neste 2025, no cartel do Atlantic Fest danse cita, grandes figuras imprescindibles da escena indie-rock e o pop internacional, estatal e galega, como Primal Scream, The Jesus and Mary Chain, Slowdive, Zahara, Xoel López, Los Planetas e León Benavente, entre moitos outros, que actuarán no escenario principal do festival. As actividades gastronómicas celebraranse durante o venres 18 e sábado 19 de xullo, con degustacións e showcookings dirixidos por profesionais recoñecidos. O venres, ás 19:30 horas, a experta Salomé Beiroa será a encargada dunha cata de queixos galegos, e a partir das 22:00 horas terá lugar un showcooking a cargo do chef Iñaki Bretal, do restaurante Eirado da Leña (Pontevedra).
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) No que vai de ano vense rexistrando un crecemento responsable e equilibrado do turismo en Galicia, marcado por un carácter desestacionalizador do destino con incrementos de viaxeiros en xaneiro (+4%), febreiro (+3%) e maio (+4%). A isto súmase o efecto Semana Santa en marzo e abril, cun incremento neste último mes do 20%. Estas cifras xunto co feito de que o peso do verán en 2024 foi do 29% en número de viaxeiros e do 35% en noites constata que a desestacionalización do destino estase conseguindo, garantido así unha rendibilidade durante todo o ano.

Notas

Desvelar as incógnitas do pasado para anticipar os cambios futuros do planeta é unha da premisas do grupo Mapas Lab da UVigo, liderado pola investigadora Sara Varela. Pero a divulgación é tamén unha das patas fundamentais do traballo deste equipo interdisciplinar e unha das súas novas propostas neste eido é o cómic Paleonautas, que ten como obxectivo achegarse á infancia e á xuventude para poñer ao seu alcance os avances en paleobioxeografía, e faino a través dunha narrativa visual e de contidos lúdicos que facilitan a comprensión de conceptos científicos complexos.
O proxecto Youtubeiras+, impulsado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos galegos, das tres universidades do Sistema Universitario Galego —Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo— e a Deputación da Coruña, promove unha nova edición dos seus obradoiros de creación de contido dixital en galego, orientados a centros educativos, docentes e público xeral.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES