Noticias

Una app gratuíta para smartphones informa de las rutas del vino de Galicia

Turismo de Galicia ha desarrollado una aplicación para teléfonos inteligentes que permite al usuario conocer y localizar los puntos de interés en las rutas del vino de Galicia, en las cinco denominaciones de origen como Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro y Rías Baixas. Está disponible en las "app stores" de Iphone, Android y Blackberry introduciendo el concepto Enoturismo Galicia.

La herramienta, cuya descarga es gratuita, ya está disponible en los 'app stores' de Iphone, Android y Blackberry, donde aparece al introducir las palabras 'Enoturismo Galicia'. En la presentación en rueda de prensa, la secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, ha erigido la aplicación en "complemento idóneo para descubrir lugares únicos".

La Xunta ha explicado que la utilización de la tecnología GPS hace posible el desplazamiento hacia el lugar que uno desea, "superando las dificultades de señalización dada la complejidad geográfica y orográfica del territorio". La información se proporciona en gallego, castellano e inglés e incluye "pequeñas fichas" con datos de contacto y la situación "concreta" de los proveedores. Entre las aplicaciones, Castro se ha referido a la posibilidad de realizar una llamada telefónica "directa", envío de correos electrónicos y visualización de rutas en 'Google Maps' a los diferentes establecimientos.

La gerente de Turgalicia, Carmen Pita, ha resaltado la "flexibilidad" de la aplicación, cuya información se actualiza "en tiempo real" de acuerdo con la base de datos de la web de Turismo de Galicia. También ha llamado la atención sobre que es "muy intuitiva" y "facilitadora" para el usuario, con un listado de recursos y compatible "con todos los teléfonos inteligentes".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, acompañada pola directora-xerente de Turgalicia, Carmen Pita, presentou a nova ferramenta de Turismo de Galicia para a promoción do enoturismo e a enogastronomía a través da utilización das novas tecnoloxías dos teléfonos intelixentes. A nova aplicación, que se pode descargar de xeito gratuíto a través das bibliotecas ou app stores dos teléfonos Iphone, Android ou Blackberry, búscase introducindo as palabras ‘Enoturismo Galicia’.

A información proporciónase en galego, en castelán e en inglés, de xeito que o usuario opta polo idioma que prefira dende a primeira pantalla de presentación. Os datos que contén está proporcionada polas diferentes Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, correspondentes a cada unha das Denominacións de Orixe Protexida vitivinícolas da comunidade (Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro e Rías Baixas) e tratada e supervisada por Turismo de Galicia. De tal xeito que cada D.O. preséntase amosando as características do seu territorio e mais dos seus viños.

O uso da tecnoloxía GPS integrada nos móbiles permite localizar a nosa posición e dirixirnos doadamente cara o lugar que queremos atopar, superando con isto as dificultades de sinalización dada a complexidade xeográfica e orográfica do territorio. A sinalización física, que é sempre complexa, compleméntase con esta ferramenta. Os diferentes proveedores de servizos enoturísticos amósanse a través dunha pequena ficha de datos de contacto, características e fotografía, así como da súa situación concreta sobre mapas interactivos.

Ademais, a información actualízase en tempo real cada vez que se introduce nova información na web de Turismo de Galicia (www.turgalicia.es) dado que esta aplicación está deseñada para ler inmediatamente a información da base de datos de Turgalicia. Isto permite que as actualizacións sexan continuas e que a ferramenta goce da axilidade e flexibilidade necesarias para afrontar os rápidos cambios tecnolóxicos do sector turístico.

Segundo explicou a secretaria xeral durante a presentación, “con esta acción, Turismo de Galicia consegue situar á nosa comunidade autónoma como unha das primeiras que deseña un proxecto de promoción integral para o desenvolvemento de todo o noso sector enoturístico usando as máis actuais tecnoloxías”.

Turismo de Galicia leva tempo traballando na promoción turística da combinación enoturismo y gastronomía, o que ten dado lugar á posta en valor como recurso turístico da enogastronomía e mais á creación do Primeiro Plan de Enogastronomía de Galicia. Segundo explicou a secretaria xeral, o obxectivo do plan é definir as estratexias e as accións que impulsen o produto de turismo gastronómico e o enoturismo en Galicia. Plan pretende facer de Galicia un destino enogastronómico atractivo e de gran calidade, que conte cunha gama de servizos e produtos turísticos experienciais ligados á súa propia identidade e á singularidade da súa gastronomía e viños, asegurando a satisfacción dos turistas que o elixen, tanto se veñen cunha motivación exclusivamente gastronómica como se veñen por outras motivacións.

Segundo explicou Nava Castro, a iniciativa que hoxe se presentou enmárcase neste plan no eixo destinado ao desenvolvemento de produtos enogastronómicos. Ademais, a secretaria xeral resaltou a aposta pola Calidade Turística de Galicia e a súa incidencia no eido enoturístico. “Ademais de ser a Comunidade Autónoma Española na que máis medrou a cifra de establecementos certificados coa Q de Calidade Turística e de ser líder no sector de balnearios, turismo rural ou turismo activo, somos tamén a primeira comunidade en certificacións Q de Calidade Turística no sector do Turismo Industrial porque 9 das 11 adegas certificadas de España co distintivo Q están en Galicia, o 81,8 por cento”, recalcou.

A ferramenta que hoxe se pon a disposición dos galegos e galegas e mais dos viaxeiros e viaxeiras que queiran percorrer a comunidade a través do viño e a gastronomía espallada polo territorio constitúe un complemento para disfrutar do Produto Cabeceira da Marca Galicia, Paseando entre Viñedos. Nava Castro explicou tamén que Turismo de Galicia traballa neste momento na creación de experiencias enoturísticas para a súa comercialización na web de Turismo de Galicia.

R., 2013-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES