Noticias

Berrobambán y Bichakadela estrenan el espectáculo familiar O refugallo en el Salón Teatro de Santiago de Compostela

O refugallo, la obra con la que Paula Carballeira ganó el vi Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, se estrena el fin de semana del 19 y 20 de enero en el Salón Teatro de la capital gallega, coproducida por Berrobambán y Bichakadela. Se cuenta la historia de cuatro amigos que crean un nuevo mundo a partir del viejo y roto de su entorno.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle a estrea de O refugallo, espectáculo teatral para público familiar que as compañías galegas Berrobambán e Bichakadela coproducen a partir do texto homónimo de Paula Carballeira. A obra, galardoada en 2011 co Premio Manuel María de literatura dramática infantil que Cultura e Educación convoca a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), será representada en Santiago o sábado 19 e o domingo 20, ás 18.00 horas, ademais de ofrecer catro funcións escolares a partir de mañá xoves.

Chiqui Pereira, director da montaxe; Nacho Sanz, compositor; e Paula Carballeira, quen ademais de autora é unha das súas intérpretes, presentaron O refugallo hoxe nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados de Manuel Guede Oliva, director do Centro Dramático Galego-Salón Teatro, así como de parte do equipo artístico desta nova proposta teatral.

Ademais da cesión do Salón Teatro para esta estrea, Cultura e Educación tamén apoia a coprodución de Berrobambán e Bichakadela con preto de 42.000 euros, adxudicados ao proxecto no marco da última convocatoria de subvencións ás industrias culturais da Agadic, na modalidade de axudas á actividade escénica.

Paula Carballeira, Nuria Sanz, José Campanari e David Loira dan vida a catro amigos que viven no refugallo: Isolda co seu libro de viaxes, Hipatia cun telescopio, Borobonte e a súa tartaruga, e Lustucrú cunha pata de pau. Xuntos xogan a construír un novo mundo a partir de todo o vello e roto que os rodea porque, como nenos que son, saben ver as cousas doutra maneira fronte a unha sociedade na que se impón o frenético consumo de usar e tirar.

Tal e como sinalara no seu día o xurado do Premio Manuel María, O refugallo conxuga a diversión coa presenza de valores útiles para a reflexión crítica sobre a cultura do consumismo, ao tempo que mantén un ritmo moi dinámico que a fan recomendable para os espectadores infantís e xuvenís. Para a súa posta en escena e co obxectivo de continuar afondando no achegamento das novas linguaxes escénicas ao público familiar, Berrobambán –cunha longa traxectoria en teatro infantil de actores e actrices– asociouse con Bichakadela, unha compañía de recente creación da que forman parte recoñecidos nomes do ámbito contemporáneo.

Con esta coprodución, ambas formacións buscan reafirmar a súa aposta pola innovación e polo mantemento da calidade nas montaxes dirixidas aos espectadores máis novos. Baixo estas premisas, a proposta reúne máis de 15 destacados profesionais da escena galega, entre os que tamén se atopan Pablo Pastor no deseño da escenografía, Baltasar Patiño no da iluminación, Cloti Vaello na realización do vestiario ou Pablo Giráldez na dos instrumentos. Ademais de formar parte do elenco, David Loira asina a coreografía e exerce de axudante de dirección.

As entradas para as representacións están á venda na billeteira do Salón Teatro, que abrirá ao público o sábado e o domingo a partir das 16.00 horas. Para este espectáculo establécese un prezo especial único de 5 euros por localidade. Ademais, O refugallo ofrecerá catro sesións matinais (mañá xoves, o venres 18, o luns 21 e o martes 22, ás 11.00 horas) en funcións concertadas con diferentes centros escolares galegos.

A programación no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego continuará coa nova proposta escénica de Cándido Pazó: Decamerón. Historias para tempos ruíns, a partir do Decameron de Giovanni Boccaccio, que estará en cartel do 24 ao 27 deste mes con catro funcións para público xeral e dúas escolares. A continuación, será a quenda de Talía Teatro, que chegará ao Salón Teatro con O método Grönholm, do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro, e Pelos na lingua, do 4 ao 10 de febreiro. Destas dúas montaxes programaranse tamén tanto representacións para público xeral como escolares.

A nova carteleira do Salón Teatro, que inclúe asemade as primeiras proxeccións do ciclo Vidal Bolaño recuperado. Citas audiovisuais e a posta en escena de Iliria por Elefante Elegante, pode consultarse na sección “en cartel” da web do Centro Dramático Galego-Salón Teatro: www.centrodramatico.org.

Fotografía: Xunta de Galicia

R., 2013-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (carballo-interplay-2026.jpg) O Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril no Mercado de Carballo a súa 13ª edición cun programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza especialmente este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación específica arredor dos contidos no noso idioma nas redes sociais, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos audiovisuais nados no ámbito dixital.
Foto de la tercera plana (cdc-circo.jpg) A Cidade da Cultura celebrará o Día do Circo o vindeiro 19 de abril co espectáculo 'Sen patrón', da compañía galega Pistacatro, recoñecida co Premio Nacional 2025 desta disciplina artística. A proposta terá lugar no Xardín do Teatro, ás 17,00 horas, con entrada libre e de balde. Así, o Día do Circo convértese nun momento para celebrar tamén a chegada da primavera cunha proposta escénica aberta, festiva e accesible para todo tipo de públicos, que combina cabaré, números aéreos e malabares cunha dramaturxia que reivindica tanto técnicas circenses tradicionais como contemporáneas. Pistacatro é unha das compañías e produtoras de circo máis relevantes das artes vivas de Galicia, que traballa a prol da profesionalización do circo na Comunidade, impulsando as carreiras de artistas e traballadores do sector.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, acaba de incorporarse oficialmente ao experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do CERN, unha das principais colaboracións dentro da Organización Europea para a Investigación Nuclear. O CMS, xunto ao experimento ATLAS, foi o responsable de observar en 2012 o bosón de Higgs, un dos maiores fitos da física de partículas nas últimas décadas.
Chega a Vigo a súa gran cita anual coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, unha actividade que acada xa a súa 28 edición e que, un ano máis, “reúne na cidade unha mostra moi significativa do teatro que se está a facer no seo das universidades galegas e, moi especialmente, na UVigo”, tal e como recalca a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, quen convida a toda a cidadanía a aproveitar esta “grande oportunidade” que brinda a mostra para mergullarse no teatro que se está facendo na actualidade en Galicia, e tamén no estranxeiro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES