Noticias

Mensaje Fin de Año: el presidente de la Xunta pide una unidad política para salir reforzados de la crisis y cree en una Galicia global

El presidente de la Xunta de Galicia en su tradicional Mensaje de Fin de Año que en esta ocasión grabó en la casa de Rosalía de Castro, apeló a la unidad de las fuerzas políticas gallegas para poder salir de la crisis y, además, hacerlo con más fuerza. Núñez Feijóo centró parte de su discurso en el recuerdo a los gallegos que vivieron y vivirán un año muy difícil, y ante ellos se comprometió a trabajar por crear empleo, por lo que este objetivo estará presente en cada una de las decisiones que tome el Gobierno.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou, na mensaxe de Fin de Ano, á unidade das forzas políticas “para saír adiante antes e con máis forza”. “Hoxe, todos podemos defender Galicia, cadaquén desde as súas responsabilidades. O meu compromiso é defender Galicia desde o Goberno galego. E a miña esperanza é poder facelo cada vez con máis achegas, cada vez con máis colaboración, do resto das forzas políticas e especialmente do principal partido da oposición”, aseverou.

Feijóo asegurou que esa unidade é demandada polos cidadáns e convidou a que o novo ano 2013 permita alcanzala, e que Galicia poida seguir sendo un modelo neste eido, como xa o é a día de hoxe noutros ámbitos. “Igual que nos anticipamos en decisións fundamentais para o futuro como a eficiencia, a disciplina orzamentaria ou a planificación, por qué non facer de Galicia tamén un paradigma de unidade política”.

Nun ano difícil para moitos galegos, o responsable autonómico reiterou o compromiso da Xunta cos desempregados. “Quero que saiban que están presentes en todas e cada unha das decisións que o Goberno galego adopta. Xunto a eles libramos unha loita na que contamos coa solidariedade dos que afortunadamente temos traballo nestes tempos difíciles. Máis cedo que tarde, entre todos, lograremos cambiar a situación”.

O presidente do Executivo galego afirmou que tanto no exterior coma no interior, a nosa forma de ser impúlsanos cara a tarefas conxuntas: “Cara fóra, Galicia é unha comunidade estable, con rumbo seguro e horizonte certo, que camiña a carón de España e Europa. E cara dentro, Galicia forma unha gran familia unida polos problemas e polas solucións. A galeguidade –dixo- non é outra cousa que unha man tendida ao galego que temos ao noso lado, e aos que comparten con nós unha mesma visión do progreso e da liberdade”.

Feijóo deu fe do prestixio que iso supón cando Galicia se fai presente no exterior. “Visto con ollos alleos, o noso país mestura tradición e modernidade. Somos o emigrante capaz de compartir a fidelidade á súa terra de orixe, co compromiso coa súa terra de adopción. Somos a gran empresa e a multinacional que innova, que compite, que é fiable. Somos o pobo que ten logrado manter e mellorar os seus servizos públicos, malia a incerteza xeneralizada na nación española. Somos o equipo que, en distintos lugares e disciplinas, ten logrado grandes éxitos deportivos neste ano que remata. Somos respectados e queridos, e por iso non resulta ilusoria a idea dunha Galicia global, que faga posible que nós esteamos no mundo e que o mundo estea en nós”.

Desde a casa natal de Rosalía de Castro, o titular da Xunta quixo lembrar que o ano próximo cumprirase o cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos e tamén medio século da instauración do Día das Letras Galegas. E asegurou que a Galicia que a escritora e tantos coma ela soñaron, estámola facendo hoxe.

“As negras sombras do noso presente teñen enfronte á sociedade galega que, unida polos vencellos da concertación, a cooperación e o entendemento, é perfectamente capaz de saír adiante. Porque, por riba de todas as dificultades, está a forza da nosa xente”, sentenciou.

Deste xeito, Feijóo concluíu salientando que os máis maiores, que lembrarán os tempos duros do pasado nos que parecía perderse a esperanza; e os máis novos, que sentirán a forza para continuar coa transformación; “todos son Galicia”. “Todos danlle ao noso país unha enerxía que fará do 2013 un tempo para empezar a rexurdir”.

Fotografía: Xunta de Galicia

R., 2012-12-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES