
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Secretaría Xeral para o Turismo asistiu a apertura da mostra As compostelas en Compostela que conta coa colaboración da sociedade e que se pode visitar na sala de exposicións da Hospedaría de San Martiño Pinario, en Santiago.
Esta exposición, cuxo autor é o escritor Fernando Lalanda e que está comisariada por Mario Clavell, está organizada pola Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago e mais pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Madrid. A mostra recolle a historia e evolución da compostela, o certificado das peregrinacións a Santiago, xunto con outros documentos xacobeos do período de 1733 a 1993.
Fernando Lalanda, escritor e peregrino dende 1976, é autor de diversos libros de temática xacobea, tales como El juego de la oca en el Camino de Santiago, El boom del Camino en sus años oscuros, 1961-1969, ¿Sois peregrinos?, 1976 un Camino en la Transición ou Madrid a los pies de Santiago.
Co nome de compostela coñécese o diploma que a Catedral de Santiago entrega aos peregrinos que chegan a Santiago con sentido cristián e acreditan esa condición e tras percorrer un mínimo de cen quilómetros a pe, a cabalo ou douscentos en bicicleta. Este documento é a evolución dos antigos certificados chamados de Confesión e Comunión e a súa crecente popularidade vai parella ao auxe dos Camiños.
A exposición exhibe a historia e transformación do certificado dende 1733 a 1993, ata chegar aos catro modelos que actualmente expide a Catedral compostelá. A mostra complétase con documentos que outras institucións outorgan ao peregrino, tales como os diversos diplomas de final de peregrinación que a imitación da compostela emiten outros centros de peregrinación cristiá, ou os diplomas que a modo de recordo recollen os peregrinos ao seu paso polos lugares por onde pasa o Camiño de Santiago. Todos estes documentos expostos amósanse detalladamente nun catálogo. Así mesmo, os visitantes poderán solicitar un documento nominal que acredite a súa visita á exposición realizado expresamente por Mariano de Souza, chamado o pintor do Camiño.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.