
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en valor o patrimonio cultural a través dun ciclo de música de estilos diversos que percorrerá diferentes espazos arquitectónicos de toda Galicia, entre o 8 de setembro e o 18 de outubro de 2012. Trátase da iniciativa Espazos Sonoros, que foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola responsable do ciclo, Belén Bermejo, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), un dos escenarios deste proxecto que pon en diálogo a música co patrimonio.
Con esta programación, desde a Consellería de Cultura e Educación pretendemos alentar unha oferta diferente para o lecer musical das galegas e dos galegos, que contribúa a difundir o interese polo noso patrimonio arquitectónico, afirmou Anxo Lorenzo. Este diálogo que propoñemos dixo permítenos ofrecer unha vivencia diferente do patrimonio, vinculada ao interese pola música e con formatos de proximidade cos artistas que favorecen tamén un maior coñecemento e unha vivencia musical singular.
O secretario xeral considerou o aprecio polo patrimonio como un aspecto fundamental para a implicación de todos na súa preservación. Ten, polo tanto, este ciclo unha intención de lecer, de gozo musical, pero tamén unha vertente didáctica, de sensibilización e de posta en valor do moito que temos e tantas veces descoñecido, concluíu.
Espazos Sonoros foi consolidando ao longo destes anos a posta en valor do patrimonio histórico e do potencial artístico, musical e creador do noso país, mediante a programación de concertos en diferentes espazos de interese cultural, e foi engadindo obxectivos como a captación de novos públicos para a música clásica, a descentralización das programacións polos espazos da xeografía galega, a dinamización de públicos e o fomento da súa mobilidade a través do territorio e entre diferentes estilos musicais, a contribución á recuperación dos instrumentos musicais históricos e a promoción dun turismo e dun lecer de calidade en Galicia.
Nesta nova edición, mantén a súa aposta pola variedade de propostas musicais de calidade, ofrecendo música para órgano, música antiga, de cámara e outras músicas. Conta para isto con algunhas das máis salientables formacións que traballan no país, como Germán Díaz, Fernando Abreu ou o Grupo 1500, que comparten cartel con artistas convidados do nivel do arpista Andrew Lawrence-King, o polifacético músico especialista no instrumento nórdico da nyckelharpa, Marco Ambrosini, ou o quinteto de frautas holandés Seldom Sene.
Espazos Sonoros propón diversas citas coa música e o patrimonio no tempo de lecer para para ver, escoitar, aprender e deixarse sorprender. A selección de espazos procura casar as características do lugar coa música que se vai interpretar nel. En 2012, o programa chegará ata a reitoral de Gundivós en Sober, á igrexa de Santa María a Nova de Noia, á antiga conserveira de Bueu rehabilitada en Museo Massó, á igrexa de Santa María de Cambre, á Casa Grande de Vilancosta, na Estrada da familia do estudoso das letras e da tradición oral de Galicia Marcial Valladares, á Igrexa de San Pedro de Lugo, ao Liceo de Ourense, a San Martiño Pinario, á igrexa de Santa María do Campo de Ribadeo, ao CGAC e ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Revitalización do patrimonio organístico
A música para órgano é unha das especificidades do festival. Por iso, Espazos Sonoros ofrece nesta edición unha vivencia musical completa arredor deste instrumento. A organista Marisol Mendive e o zanfonista Iván Abal ofrecerán un singular concerto para órgano e zanfona na igrexa de Santa María do Campo, en Ribadeo, unindo así o mundo tradicional e o relixioso e académico. Será a estación final dunha xornada de roteiro pola paisaxe organística da Mariña.
A captación e formación de públicos segue a ser un dos obxectivos básicos do proxecto e, arredor deste, constrúense os contidos musicais pero tamén o conxunto de actividades que axudan a ampliar o interese do festival. Neste sentido, a programación conta con actividades que teñen por finalidade achegar o público á música desde perspectivas diferentes ás que ofrecen os concertos ao uso, como obradoiros, charlas-concerto, roteiros musicais e roldas pola paisaxe organística galega.
A través desta iniciativa, a Secretaría Xeral de Cultura desenvolve unha diversa programación musical en espazos de especial interese do patrimonio cultural, aberta a múltiples manifestacións artísticas e estilos. Deste xeito, propíciase un frutífero diálogo entre xéneros e estéticas musicais diferentes, ao tempo que se favorece o interese e un maior coñecemento dos espazos arquitectónicos de Galicia.
Foi presentada a novena edición do Festival Clasclás que, baixo lema de 'Paixón', se vai celebrar, do 20 ao 27 de xuño, en Vilagarcía de Arousa, cunha ambiciosa programación que aposta pola vangarda e a ciencia. Así, este certame convértese nunha das grandes citas internacionais da música clásica, cunha programación que abrangue desde a excelencia da Orquestra Sinfónica de Galicia e da música de cámara ata o virtuosismo de solistas chegados de diferentes partes do mundo. O evento inclúe a celebración dun 'concerto inmersivo' para conmemorar a eclipse solar, que terá lugar en agosto.
O presidente da Xunta destacou que 'as medidas fiscais aprobadas polo Goberno galego e consolidadas dende o ano 2022 permitirán a cada contribuínte da comunidade aforrar unha media de 476 euros na declaración da renda'. Así mesmo, lembrou que na campaña deste ano 'seguen vixentes as medidas de alivio fiscal' postas en marcha pola Administración autonómica nos últimos anos. Así, os contribuíntes galegos volverán aplicar a tarifa deflactada nos tres primeiros tramos autonómicos do IRPF no ano 2023 e a rebaixa do primeiro tramo e do incremento dos mínimos persoal e familiar.