
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co 60º aniversario do Festival de Ópera da Coruña, unha iniciativa que vén manténdose de maneira constante e nacida da propia vontade dunha sociedade que ten consolidada a súa afección pola arte musical e que persevera na construción dunha mostra que mantén avivado ese interese polo xénero operístico.
Así o afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o acto de presentación da programación de actividades da nova edición do festival, que tivo lugar na Coruña, e n que tamén participaron Miguel Lorenzo, membro do Consorcio para a Promoción da Música; Natalia Lamas, presidenta de Amigos da Ópera da Coruña; María Faraldo, vicepresidenta da Deputación da Coruña; e César Wonenburger, director artístico do Festival de Ópera da Coruña
A Consellería de Cultura e Educación colabora, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, colabora coa nova edición deste do Festival de Ópera da Coruña, que integra no seu cartel primeiras figuras e montaxes internacionais á par das mellores voces galegas, que teñen neste festival un espazo de proxección que transcende tamén as nosas fronteiras, segundo destacou o secretario xeral,
Ao fío disto, o secretario xeral explicou que a configuración do festival, con estreas de primeira orde, primeiras figuras internacionais, cantantes líricos galegos consolidados, novas voces locais emerxentes e, ao mesmo tempo, a creación dun ambiente que enche a cidade con proxeccións e conferencias sobre a ópera, fan desta cita un referente de outono verdadeiramente interesante.
A nova edición Festival de Ópera da Coruña, o decano dos certames líricos españois, terá lugar entre os meses de agosto e outubro. A programación de actividades comeza o próximo 29 de agosto cun concerto lírico que ofrecerán o tenor Celso Albelo e a soprano Irina Lungu, que estarán acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia.
O 8 de setembro ofrecerase a ópera en concerto Nabucco de Verdi, título referencial do compositor italiano, programada precisamente na temporada na que se conmemora o bicentenario do creador. O 21 do mesmo mes terá lugar unha nova edición do ciclo As novas voces galegas, no Conservatorio Profesional da Coruña. Na súa sexta convocatoria, esta sección del festival recibe á soprano, nacida en Ferrol, Patricia Rodríguez.
O 27 e 30 de setembro subirá a escena a ópera representada, unha das favoritas do públicos e que estivo lonxe da programación galega desde os anos 80, Madama Butterfly, a obra máis popular de Giacomo Puccini. Como última actividade do Festival, ofrecerase unha gala lírica conmemorativa dos 60 años desta cita, que estará interpretada por unha das mellores e máis aclamadas cantantes dos nosos días. A mezzosoprano Elina Garanca debutará o 5 de octubre no festival cun concerto no que tamén participará a Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Karel Mark Chichon.
O Festival acollerá ademais interesantes actividades paralelas, como conferencias, encontros cos protagonistas e proxeccións de películas e óperas en lugares como o Museo de Belas Artes e a Biblioteca da Deputación coruñesa.
A venta de abonos comezará o vindeiro 10 de xullo e as entradas soltas poderán adquirirse a partir do 17 de xullo a través da páxina de Novacaixagalicia Banco e na Praza de Ourense.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.