
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta unha nova porta de acceso aos arquivos de Galicia a través de internet. Trátase da renovación do web http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal, que ten como obxectivo mellorar a consulta en liña de contidos relacionados cos arquivos de interese galego, así como facilitar a busca de información.
O novo portal web de Arquivos de Galicia foi presentado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e polo subdirector xeral de Arquivos da Xunta, Gabriel Quiroga. Segundo explicou Anxo Lorenzo,a páxina web de arquivos foi posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2004. Coa existencia de novas ferramentas e as necesidades de información actuais, estimamos conveniente a súa renovación para mellorar o acceso aos contidos e avanzar na oferta dos seus recursos, afirmou. Así, este novo portal ofrece un acceso integrado aos sitios específicos de cada arquivo, facilitando a busca de información mediante unha estrutura común.
A presentación do novo portal web, que tivo lugar no Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, enmarcouse nos actos de celebración con motivo do Día Internacional dos Arquivos, que se celebra o 9 de xuño en todo o mundo. Co fin de sumarse a esta conmemoración, a Secretaría Xeral de Cultura tamén promoveu a tradución ao galego da Declaración Universal sobre os Arquivos. Esta versión na lingua propia de Galicia está accesible este ano, por vez primeira, no web do Consello Internacional de Arquivos, no sitio web http://www.ica.org/6573/reference-documents/universal-declaration-on-archives.html.
Ademais, a rede de arquivos dependente da Secretaría Xeral de Cultura propón un conxunto de actividades nas catro provincias, que poden consultarse en cultura.xunta.es. Entre elas inclúense xornadas de portas abertas con visitas guiadas e mostras expositivas para promover un maior coñecemento dos arquivos entre a cidadanía.
Estes pequenos pasos súmanse ás actuacións de fondo que está a promover a Secretaría Xeral de Cultura a prol da preservación e da posta en valor do patrimonio documental galego. Con este obxectivo, a Administración autonómica traballa para acadar un novo marco normativo que regule a conservación, a organización e o acceso á documentación, adaptado aos novos retos da dixitalización dos bens. Deste xeito, está previsto que o proxecto da Lei de arquivos de Galicia inicie proximamente os trámites para o seu debate no Parlamento.
Ademais, co fin de lles proporcionar formación aos futuros profesionais da arquivística para que poidan completaren a súa bagaxe académica e obteren unha experiencia práctica, este ano a Secretaría Xeral destina máis de 111.000 euros á convocatoria de 20 bolsas de formación en arquivos.
Finalmente, cómpre recordar que outras das prioridades para facilitar a conservación e a difusión de fondos documentais é a adaptación aos contornos dixitais. Para avanzar nesta dirección, a Consellería de Cultura e Educación ten diversos espazos de colaboración con outras entidades. Unha delas é a Fundación Penzol. O proxecto de dixitalización do seu arquivo, financiado pola Fundación Cidade da Cultura co asesoramento do Arquivo de Galicia, promove a recuperación, conservación e difusión do patrimonio documental e bibliográfico desta entidade.
Coa mesma finalidade estase a desenvolver o proxecto de dixitalización de fondos do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela, as actividades en colaboración co Cabido da catedral de Santiago, que han permitir avanzar na dixitalización das áreas de documentación moderna e medieval; ou o proxecto de organización, informatización e restauración de fondos do arquivo diocesano e catedralicio do Bispado de Tui-Vigo.
Fotografía: Xunta de Galicia.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.