Noticias

La Xunta cree que la continuidad de los tres aeropuertos gallegos está garantizada pero pide coordinación frente a localismos

Desde el Gobierno gallego se lanza el mensaje de que la oferta aeroportuaria de Galicia se mantendrá, asegurando que la continuidad de los tres aeropuertos (Alvedro, Lavacolla y Peinador) está garantizada. Sin embargo, desde la Xunta se insiste en la necesidad de trabajar en una "oferta de vuelos coordinada" en detrimento de las visiones "localistas" que dificultaron acuerdos en el Comité de Rutas, lo que pone en peligro la viabilidad de los aeropuertos.

El director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, ha proclamado que los tres aeropuertos gallegos tienen "un futuro cierto" y que su continuidad está "garantizada". Al tiempo, ha abogado por trabajar por una "oferta de vuelos coordinada" como fórmula para asegurar la viabilidad de las terminales y no dejarse "disuadir" por anteriores "experiencias" en las que la "visión localista" de representantes municipales "impidieron" acuerdos en el Comité de Rutas.

En sede parlamentaria, en el seno de la Comisión 2ª de Ordenación Territorial, el alto cargo de la Xunta ha esgrimido que los planes que tiene Aena, entidad estatal con competencias sobre la gestión aeroportuaria, son "contrarios" al cierre de los pequeños aeropuertos de la red, los que registran menos de 500.000 pasajeros al año, y favorables a que se adecuen los niveles de operación y de prestación de servicios "a los niveles de demanda".

En respuesta al diputado popular Alejandro Gómez Alonso, ha destacado que los aeropuertos de Lavacolla, Peinador y Alvedro registran un volumen de tráfico que "duplica" ese nivel y ha aludido a las palabras del propio presidente de Aena, José Manuel Vargas, en las que defendía la "carencia de sentido" de cerrar terminales ya construidas, por lo que, "con más razón", ha insistido en que la continuidad de las terminales gallegas "está garantizada".

En cualquier caso, ha reconocido que el mercado del transporte en general y, en particular el del ámbito aéreo, es "muy complejo" y ha agregado que, en consecuencia, exige "un estudio objetivo y riguroso" que supere "apriorismos y localismos" que conducen "a decisiones equivocadas". Dicho esto, se ha reafirmado en que es "un error" ver la proximidad entre las terminales de la comunidad como "un mal" y ha llamado a ver esta cercanía "como una oportunidad".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, adiantou que a Xunta de Galicia presentará o plan de campañas de promoción turística, para potenciar e promocionar os aeroportos de Galicia. Rodríguez Bugarín, quen compareceu en Comisión parlamentaria, sinalou que a aposta da Xunta é que o aumento do número de usuarios dos aeroportos galegos pase por unha promoción en orixe do destino Galicia, que deberá articularse do xeito máis eficaz posible.

Recoñeceu que o mercado de transporte en xeral, e en particular o do transporte aéreo, é moi complexo e esixe un estudo obxectivo e rigoroso, que supera os localismos que conducen a decisións equivocadas.

Para o director xeral é un erro ver a proximidade entre os aeroportos galegos como un mal, e débese considerar unha oportunidade. Nese senso, afirmou que a progresiva mellora das comunicacións terrestres e dos servizos de transporte público entre os tres aeroportos facilitarán o acceso a máis viaxeiros potenciais que os que residen nun ámbito territorial relativamente próximo. En base a este modelo, debe avanzarse cara a consecución dun sistema aeroportuario de Galicia, cunha oferta de voos coordinada dentro dun mercado liberalizado.

O director xeral de Mobilidade sinalou que os tres aeroportos de Galicia teñen un futuro certo e lembrou que os plans que ten Aena (entidade con competencias sobre os aeroportos) son contrarios ao peche dos pequenos aeroportos da rede, os que rexistran menos de 500.000 pasaxeiros ao ano, e a favor de que adecúen os niveis de operación e de prestación de servizos aos niveis de demanda.

Destacou que os tres aeroportos de Galicia teñen un volume de tráfico que duplica ese nivel, e referiuse ademais ás declaracións do propio presidente de Aena, José Manuel Vargas, nas que defendía non ter sentido pechar aeroportos unha vez que xa foron construídos, aínda no caso dos aeroportos pequenos, “polo que, con máis razón, está asegurada a continuidade dos tres aeroportos de Galicia”, sinalou Rodríguez Bugarín.

O director xeral botou man dos datos oficias de Aena durante o ano 2011. Nese período 4.453.282 pasaxeiros movéronse a través dos aeroportos que configuran o sistema aeroportuario de Galicia, repartidos da seguinte forma: Aeroporto da Coruña, 1.012.800, Santiago de Compostela, 2.464.330 e o aeroporto de Peinador, en Vigo, 976.152 viaxeiros.

Estas cifras revelan que o número de viaxeiros que empregaron o sistema aeroportuario de Galicia aumentou un 2% no pasado ano, a pesar do impacto da crise económica.

O director xeral insistiu en que dende a Xunta mantéñense dúas ideas esenciais para lograr o crecemento do número de viaxeiros: a coordinación de cada aeroporto dentro do sistema aeroportuario de Galicia, e a promoción do destino Galicia en orixe, como iniciativa xeradora de tráfico nos nosos aeroportos.

R., 2012-06-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES