Noticias

El espectáculo Mire Veja, de la compañía brasileña Feijão, en el Salón Teatro de Compostela

El Salón Teatro de Santiago de Compostela acoge el martes 5 de junio la presentación del espectáculo "Mire Veja", de la da brasileira Companhia do Feijão, que ofrece esta única representación en toda España. Se trata de un mosaico de 24 historias cortas, fragmentadas y entrelazadas sobre la vida en la metrópolis y a través de 30 personajes de distintos orígenes y clases sociales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o martes 5, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o espectáculo Mire veja da Companhia do Feijão, na que será a única representación en España desta recoñecida formación procedente da cidade brasileira de São Paulo.

Adaptación libre da galardoada novela Eles eram muitos cavalos, de Luiz Ruffato, Mire veja ofrece ao espectador un total de 24 historias curtas, fragmentadas e entrelazadas, que falan da vida na metrópole a través das persoas de diversas orixes e clases sociais que a habitan. Durante os setenta minutos que dura a peza, unha trintena de personaxes soben a escena sen se atopar entre eles, de xeito que –como sinala a compañía– “as historias se encadean como flashes no tempo imposible da grande cidade” para configurar “un mosaico a partir do que é posible albiscar unha parte dese universo tan densamente poboado pola diversidade”.

A compañía brasileira chega a Galicia convidada polo Centro Dramático Galego (CDG) no marco da liña de colaboración e intercambio con Portugal –en especial, co colectivo Cena Lusófona e a súa rede teatral en Braga, Coimbra, Almada e Évora–, que Manuel Guede Oliva subliñou como unha das prioridades no inicio da súa nova etapa á fronte da dirección da compañía pública galega.

De feito, Mire veja represéntase en Santiago despois de se exhibir a pasada semana na I Mostra São Palco, que se está a desenvolver en Coimbra como parte da programación “fóra de portas” do FITEI (Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica). O encontro que organiza O Teatrão, compañía residente de Coimbra, está dedicado ao chamado “teatro de grupo”, movemento escénico xurdido a finais dos noventa en São Paulo e que está considerado como un dos máis ricos e polifacéticos da creación artística contemporánea a nivel internacional.

Con dirección e dramaturxia de Pedro Pires e Zernesto Pessoa, cinco actores e actrices (xunto con eles dous, Fernanda Haucke, Guto Togniazzolo e Vera Lamy) son os encargados de dar vida ás numerosas personaxes anónimas de Mire veja, que a Companhia do Feijão escenifica desde o ano 2003 cun importante éxito de público e crítica, segundo a que este traballo colectivo confirmou a formación paulista como un dos grupos brasileiros máis interesantes e consistentes no ámbito das novas linguaxes escénicas. No ano da súa estrea, a montaxe foi galardoada co premio ao mellor espectáculo pola Associação Paulista de Críticos de Artes e co Premio Shell nunha categoría especial que recoñeceu a súa concepción e creación.

A Companhia do Feijão, da Cooperativa Paulista de Teatro, é unha formación teatral estable con base na cidade de São Paulo desde 1998. O seu obxectivo é a busca de linguaxes escénicas baseadas no traballo do actor/narrador e na creación colectiva, abordando historias sobre a realidade da sociedade brasileira a partir de obras literarias, traballos de campo e documentos históricos. Como defensores da inclusión social a todos os niveis, os seus integrantes procuran presentar as súas montaxes ante públicos e en lugares onde normalmente non chega o teatro.

Con Mire veja, a formación pecha unha triloxía da que forman parte tamén as súas dúas creacións anteriores: O Ó da Viagem e Antigo 1850. Así, tralos espectáculos dedicados ao sertão nordestino e ás áreas periféricas urbanas, o ciclo conclúe cunha ollada ao corazón da gran cidade, facendo zoom sobre as vidas de persoas anónimas.

As entradas para asistir á súa función en Santiago de Compostela están xa a venda a través da web de Novagalicia Banco (http://entradas.novagaliciabanco.es) e do teléfono 902 43 44 43. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro, que abre ao público mañá a partir das 18.30 horas. O seu prezo é de 10 euros, con desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven, desempregados e determinados colectivos profesionais.

Fotografía: Xunta de Galicia.

R., 2012-06-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (carballo-interplay-2026.jpg) O Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril no Mercado de Carballo a súa 13ª edición cun programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza especialmente este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación específica arredor dos contidos no noso idioma nas redes sociais, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos audiovisuais nados no ámbito dixital.
Foto de la tercera plana (cdc-circo.jpg) A Cidade da Cultura celebrará o Día do Circo o vindeiro 19 de abril co espectáculo 'Sen patrón', da compañía galega Pistacatro, recoñecida co Premio Nacional 2025 desta disciplina artística. A proposta terá lugar no Xardín do Teatro, ás 17,00 horas, con entrada libre e de balde. Así, o Día do Circo convértese nun momento para celebrar tamén a chegada da primavera cunha proposta escénica aberta, festiva e accesible para todo tipo de públicos, que combina cabaré, números aéreos e malabares cunha dramaturxia que reivindica tanto técnicas circenses tradicionais como contemporáneas. Pistacatro é unha das compañías e produtoras de circo máis relevantes das artes vivas de Galicia, que traballa a prol da profesionalización do circo na Comunidade, impulsando as carreiras de artistas e traballadores do sector.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, acaba de incorporarse oficialmente ao experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do CERN, unha das principais colaboracións dentro da Organización Europea para a Investigación Nuclear. O CMS, xunto ao experimento ATLAS, foi o responsable de observar en 2012 o bosón de Higgs, un dos maiores fitos da física de partículas nas últimas décadas.
Chega a Vigo a súa gran cita anual coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, unha actividade que acada xa a súa 28 edición e que, un ano máis, “reúne na cidade unha mostra moi significativa do teatro que se está a facer no seo das universidades galegas e, moi especialmente, na UVigo”, tal e como recalca a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, quen convida a toda a cidadanía a aproveitar esta “grande oportunidade” que brinda a mostra para mergullarse no teatro que se está facendo na actualidade en Galicia, e tamén no estranxeiro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES