Noticias

Galicia estudia establecer alianzas empresariales con Citic Group en China

El conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ha iniciado un viaje a China para estudiar las posibles alianzas con Citic Group y presentar las "ventajas" de Galicia para acoger nuevas inversiones procedentes del país o para "servir como plataforma logística internacional para negocios intercontinentales". El chino Citic Group emplea a 140.000 personas a nivel mundial.

El conselleiro Javier Guerra, que viaja acompañado del director xeral del Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, responde de este modo a una invitación del propio Citic Group y se fija como objetivo conocer "las posibilidades de inversión y alianza estratégica de esta multinacional pública".

El Gobierno gallego ha indicado que el Grupo Citic formalizó el año pasado "la primera gran inversión" procedente de China en Galicia, por 50 millones de euros, que consistió en la adquisición de la empresa Censa, en Porriño (Pontevedra), que da trabajo a más de 270 personas y donde el grupo chino analiza nuevas inversiones. En el momento de cerrar la operación, el presidente de Citic Heavy Industries, Ren Quinxin, trasladó su disposición a realizar nuevas inversiones en Galicia, también en otros sectores industriales. Posteriormente la empresa invitó a la Xunta a conocer sus instalaciones.

Guerra y Aguilera conocen las instalaciones de Citic HIC en Luoyang. Además, aprovechan las visitas programadas a Luoyang e Beijing para conocer el potencial del grupo, que da empleo a 140.000 personas en todo el mundo y logró unos ingresos de explotación de 33.125 millones de euros en 2010. Los representantes del Gobierno gallego también mantendrán diferentes encuentros institucionales, que comenzarán este martes con la recepción que les será ofrecida por las autoridades de la ciudad de Luoyang. El miércoles Guerra estará en Beijing, en donde mantendrá diversos encuentros para presentar a Galicia como terreno para la inversión.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, inicia en Luoyang unha viaxe, que responde a unha invitación trasladada por Citic Group, que ten como principais obxectivos coñecer as posibilidades de investimento e alianza estratéxica desta multinacional pública e amosar as vantaxes de Galicia para acoller e apoiar novos investimentos procedentes de China, ou servir como plataforma loxística internacional para negocios intercontinentais.

O Grupo Citic formalizou o pasado ano o primeiro grande investimento procedente de China en Galicia ¬–50 millóns de euros–, que consistiu na adquisición no Porriño (Pontevedra) da empresa Censa, factoría que emprega actualmente a mais de 270 traballadores e onde o grupo chinés prevé impulsar agora novos investimentos, que se están a perfilar co fin de ampliar e modernizar as súas instalacións no polígono da Granxa.

No momento da adquisición de Censa, o presidente de Citic Heavy Industries, Ren Quinxin, xa manifestou a disposición positiva do grupo a realizar novos investimentos en Galicia, incluso noutros sectores industriais. Posteriormente, directivos deste grupo trasladaron á Xunta de Galicia unha invitación para coñecer as súas instalacións e potencial empresarial, invitación á que agora se responde. Durante a xornada de hoxe, o conselleiro de Economía e Industria prevé visitar as instalacións de Citic HIC en Luoyang, acompañado polo presidente desta división do grupo, o señor Ren, que lle ofrecerá unha recepción.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, que viaxa acompañado polo director xeral do Igape, Javier Aguilera, aproveitará as visitas programadas en Luoyang e Beijing para coñecer en persoa o potencial de Citic Group, que emprega a 140.000 persoas en todo o mundo e que obtivo en 2010 uns ingresos de explotación cifrados en 33.125 millóns de euros e uns beneficios netos que superaron os 4.000 millóns de euros.

A rolda de visitas previstas permitiralles aos representantes de Xunta de Galicia coñecer as diferentes áreas de actividades do grupo chinés e avaliar ás diferentes posibilidades de alianza, colaboración e investimento en diferentes sectores en Galicia. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, tamén manterá diferentes encontros institucionais, comezando mañá martes, pola recepción que lle será ofrecida polas autoridades da cidade de Luoyang.

Ao mesmo tempo, o conselleiro, que o mércores se desprazará a Beijing, manterá diversos encontros que lle darán a oportunidade de presentar en detalle as vantaxes competitivas de que dispón Galicia para acoller novos investimentos empresariais, en sectores moi variados, ou para servir como plataforma loxística para os negocios con outras áreas económicas mundiais.

R., 2012-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES