Dice que la Xunta intenta que en 2012 no bajen las inversiones
Feijóo: "Hay algunas comunidades autónomas que quieren ser nación y si lo fuesen, estarían intervenidas"
El presidente de la Xunta de Galicia, aludiendo a su condición de "gallego", no ha querido citar expresamente a ninguna y tampoco aclarar si había hecho alusión a Cataluña. "Yo no me he referido a ninguna, he sido gallego, no he podido evitarlo", ha zanjado en su intervención en los Desayunos Informativos de Europa Press, patrocinados por Banif, Telefónica, FCC, Altadis y DKV.
Núñez Feijóo ha defendido la viabilidad del Estado de las autonomías y ha advertido de que desacreditarlo es "equivocado y cruel", ya que supondría "deslegitimar" también el estado del bienestar. No obstante, ha sugerido un pacto para recuperar la credibilidad de la gestión autonómica.
También defendió el autogobierno y ha asegurado que, en el caso de Galicia, le sirvió para poner en marcha medidas económicas para frenar la crisis frente a las políticas "equivocadas" del anterior Ejecutivo socialista.
Según ha presumido, Galicia está ahora "recogiendo los frutos " de una política económica "rigurosa" y, mientras otras autonomías tienen que poner en marcha unos planes de ajuste millonarios, la Xunta tiene unas cuentas "equilibradas" y no ha tenido que tomar medidas drásticas como recortar el sueldo de los funcionarios ni acudir al plan de pago a proveedores, entre otros ejemplos.
De hecho, ha desvelado que la comunidad "está intentado" que las inversiones "no vuelvan a bajar" durante el ejercicio de 2012 como sí lo tuvieron que hacer desde el año 2009. Asimismo, ha destacado que disponer de unas cuentas saneadas permite a Galicia ahorrar 187 millones de euros sólo en intereses de deuda. Según ha sostenido, esta posición de "ventaja" es gracias a que Galicia "se adelantó" en el "cambio de mentalidad" necesario para afrontar la situación y se anticipó en las reformas necesarias. "Mientras Galicia empezaba a tomar medidas, el Gobierno español negaba la crisis", ha censurado en alusión al Ejecutivo de José Luis Rodríguez Zapatero.
Núñez Feijóo cree que es "fundamental" el control del déficit público y ello no está enfrentado con el crecimiento económico -"lo razonable es primero pagar y después crecer", ha dicho-, ante lo que ha elogiado las medidas que está tomando el Gobierno de Mariano Rajoy, un Ejecutivo "riguroso" con una "responsabilidad económica" que permitirá recuperar la senda del crecimiento. En cuanto a la relación del Gobierno con las comunidades que cumplen o no con los objetivos de déficit, Feijóo ha defendido que "no tendría sentido" que tuviesen "un trato de favor" aquellas que incumplen. "Si no hay trato de favor a las que no cumplen, automáticamente están en posición de favor las que cumplen", ha reconocido asumiendo que las autonomías con las cuentas saneadas "tienen ventajas por sí mismas" porque tienen con una mejor situación financiera.
En meses pasados, Feijoo había pedido tanto a Mariano Rajoy como a la vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría que las comunidades cumplidoras tuviesen condiciones "más favorables" frente a las autonomías que se apartan de los objetivos fijados, pero el presidente ha señalado este lunes que en Galicia ya "hay una discriminación positiva evidente" en materia de infraestructuras. "Sería injusto que me quejase", ha dicho, mientras que también ha aludido a que ya existen mecanismos como ser "prioridad" para las partidas cofinanciadas entre Estado y comunidades. Además, ha aludido a la situación de la Comunidad de Madrid y la Comunidad Valenciana, cuyo déficit superó el previsto en 2011, y ha culpado al Gobierno de Zapatero del mal funcionamiento del modelo de financiación autonómica y de muchos de los gastos que tienen que afrontar las comunidades. "No es justo que algunas comunidades que han estado cumpliendo taxativamente el déficit en 2009 y 2010 porque no cumplan en 2011 las señalemos con el dedo".
Feijóo ha apostado así por cumplir con los compromisos alcanzados y, "en cuanto empiece a crecer la economía, plantear una revisión del sistema de financiación autonómica", pero mientras ha acusado de "desleales" a aquellas comunidades que, según asegura, agradecen en privado al Gobierno las medidas en educación y sanidad pero después anuncian medidas ante el Tribunal Constitucional. "Necesitamos un pacto para recuperar la credibilidad de la gestión autonómica, y tiene que ser un pacto para el mantenimiento de los servicios públicos esenciales", ha pedido el presidente gallego antes de calificar de "histórico" el Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) celebrado la pasada semana en el que las autonomías acordaron un recorte del gasto de 18.500 millones de euros.
Feijóo ha llamado así a la responsabilidad y a centrarse a partir de ahora en las políticas de crecimiento económico y ha acusado al líder de la oposición, Alfredo Pérez Rubalcaba, de romper el pacto por la estabilidad presupuestaria. "Los partidos que están agitando la calle deberían dedicarse a agitar sus conciencias por la situación en la que han dejado la calle".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou, no Almorzo informativo de Europa Press, que anticiparse no cambio de mentalidade que esixe a crise e adiantarse en facer reformas permite a Galicia estar nunha posición máis avanzada que outras comunidades cando España inicie o camiño á recuperación. Así mesmo, aseverou que as autonomías poden e deben ser unha parte esencial da recuperación de España, ao que engadiu que deslexitimalas, tamén, suporía cuestionar o propio Estado do Benestar, toda vez resaltou- que son as propias comunidades as que sosteñen os piares da educación pública, a sanidade pública e os servizos sociais públicos.
Feijóo, que fixo un breve balance dos seus tres anos de goberno ao fronte da Xunta e unha reflexión acerca do papel que a comunidade galega xogou en España nese tempo, afirmou que Galicia está empezando a ofrecer xa nos nosos días síntomas evidentes de que os esforzos e os sacrificios que hoxe necesita España son a garantía da prosperidade do mañá.
Galicia ten a sorte de atoparse nese grupo que comeza a recoller os froitos dunha política económica rigorosa e responsable, aseverou, logo de destacar, a modo de exemplo, que mentres outras comunidades tiveron que elaborar plans de axustes de 2.400 - 4.400 millóns de euros, a comunidade galega puido presentarse novamente cunhas contas equilibradas. Terse movido na estabilidade presupostaria nos últimos tres anos, permítenos dicir que, dos 18.000 millóns de desvío do déficit que as autonomías teñen que corrixir este 2012, a Galicia só lle corresponde o 0,4%.
O responsable do Executivo galego afirmou que o verdadeiramente daniño para os cidadáns foi que demasiados gobernos dos tres chanzos central, autonómico e local- viviron e gastaron por riba das súas posibilidades. Hai comunidades que teñen que pagar altísimos intereses polas súas débedas e, en termos medios, o sobrecoste que pagan outras comunidades respecto a Galicia é do 2,5%; que tiveron que acudir ao rescate ofrecido polo Goberno central para pagar aos seus provedores; e que se viron obrigadas a tomar decisións excepcionais como baixar salarios aos empregados públicos, ou a facer enormes esforzos para non pechar hospitais ou preservar o seu nivel de prestacións públicas.
Diante deste panorama, Feijóo precisou que, pola contra, ter unhas contas saneadas permite á Galicia aforrar 187 millóns de euros só en intereses de débeda; pagar aos seus provedores no entorno dos 45 días, é dicir, por debaixo do prazo que establece a normativa europea; e non ter que tocar o soldo dos funcionarios.
E estamos logrando que, en plena crise económica o noso Estado do Benestar sexa máis completo que nos tempos de bonanza económica: con máis educación pública, ao incorporar aos nosos colexios máis ordenadores e máis idiomas; con máis sanidade pública, grazas ao impulso de cinco grandes infraestruturas hospitalarias públicas nesta lexislatura novos hospitais públicos en Lugo, Vigo e Pontevedra e dous grandes ampliacións na Coruña e en Ourense-, ou grazas á redución á metade das listas de espera de pacientes graves; e con máis servizos sociais públicos, coa creación no que vai de lexislatura de máis de 5.500 novas prazas públicas de garderías, residencias e centros de día.
Así mesmo, subliñou que a política económica responsable permitirá manter a mesma ratio de alumnos por aula, manter as mesmas opcións de Bacharelato e estar entre as comunidades coas taxas universitarias máis baixas de España. Galicia pode acceder, amais, a importantes plans de inversión do Goberno central e, recentemente, conseguimos firmar co Estado o maior plan de innovación sanitaria da nosa historia -90 millóns de euros- ou un importante paquete de inversións para o medio rural, dotado con 170 millóns.
Ao longo da súa intervención, Feijóo resaltou que se ben, Galicia sofre a crise económica e sofre a crise financeira; Galicia foi capaz de esquivar a crise do déficit que se instalou no noso país e que é a que con máis présa temos que combater.
O presidente autonómico recordou que o crecemento non é un acto meramente volitivo, senón que previamente teñen que xerarse as condicións e os recursos para poder crecer. Sen isto, falar de crecemento é repetir o mesmo engano co que España perdeu o tempo nos primeiros momentos da crise, resaltou, logo de amosar o convencemento de que o exercicio de responsabilidade económica que iniciou o novo Goberno central é o que permitirá conseguir a marxe suficiente para poñer en marcha políticas de estímulo económico que permitan volver á senda do crecemento.
Practicar unha política económica responsable, lonxe de condicionar o futuro dos servizos públicos, é o que nos pode permitir melloralos; e lonxe de estrangular as inversións, é o que nos pode permitir crear as condicións para volver estimulalas. Foi xustamente o gasto sen control a principal razón que nos conduciu á pobreza dos nosos días, e por ende, será a eficiencia e o rigor o que pode volver abrirnos as portas da recuperación, reiterou.
Feijóo asegurou, tamén, recibir con grandes expectativas os pasos dados polo Goberno central para blindar o futuro financeiro con solvencia e transparencia. Valóroo especialmente, convencido como estou da importancia de que España conte por fin cun criterio claro, en lugar de seguir movéndose a golpe de bandazos; e de que ese criterio se fundamente non en criterios políticos ou territoriais, senón unicamente no interese dos aforradores, das familias e dos emprendedores do noso país.
Para o titular da Xunta, as políticas que levou a cabo o Goberno galego non só serviron para xerar as condicións para empezar a crecer senón que, ao mesmo tempo, son a proba de que non foi o modelo autonómico o que fallou, senón a xestión do mesmo. Mentres que outras comunidades erraron no camiño, Galicia desmarcouse e iniciou un modelo alternativo. No primeiro caso, o autogoberno podería parecer un armazón administrativo baleiro e incluso contraproducente, pero no caso galego a autonomía fíxonos máis fortes e fixo máis forte a media do conxunto de España.
Para o responsable galego, desacreditar o sistema autonómico no seu conxunto non só é unha conclusión equivocada, senón tamén cruel, ao querer facer pagar a xustos por pecadores. E precisou que, no caso de Galicia, o autogoberno non só non foi un escollo, senón que durante varios anos foi a nosa única barreira de protección fronte a moitas políticas equivocadas do anterior Goberno central.
Feijóo expresou o seu compromiso de seguir aproveitando o autogoberno para responder cada vez mellor á Galicia como tarefa e seguir contribuíndo así a España. Neste sentido, concluíu a súa intervención como a empezou, facendo referencia á idea do home que protagonizou o Día das Letras Galega, Valentín Paz Andrade, que comprendeu que Galicia é unha obra que non termina nunca.
Fotografía: Xunta de Galicia.