Celebrado en la sede de la Real Academia Galega, la presentación del libro ha contado con la presencia de autoridades políticas y culturales, entre ellas el secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; el secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, el delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez o el alcalde de A Coruña, Carlos Negreira. El acto ha contado con la presencia del titular del Ejecutivo gallego, Alberto Núñez Feijóo, quien ha hecho referencia a la consideración por parte del homenajeado del Estatuto de Autonomía como "vehículo para poner en marcha" las potencialidades de Galicia.
Han asistido, junto al presidente de la RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, el secretario de la institución académica, Xosé Luis Axeitos, que participa en la introducción del libro, titulado "Valentín Paz Andrade. Xornalista para un país", y académicos como Manuel Rivas. Además de Axeitos, que ha destacado de Paz Andrade su "amor a Galicia" y su "lealtad" al periodismo, han intervenido en el acto el alcalde de A Coruña, Carlos Negreira; el presidente de la RAG y el titular del Ejecutivo gallego.
El primero ha definido al homenajeado como "un ejemplo" de que Galicia "es una tierra de emprendedores" y como una "guía". Además, el regidor coruñés ha recordado que, a la programación que se desarolla esta semana en bibliotecas y recintos municipales, se sumará el 16 de junio, en A Coruña, un acto a todos los homenajeados en el Día das Letras Galegas con motivo del 50 aniversario de la Real Academia Galega.
Méndez Ferrín se ha mostrado convencido de que los actos del Día das Letras Galegas comenzaron este año con la "creencia" de que Paz Andrade "era apenas un empresario" y acabarán "con lo que era, un gran poeta, un gran soñador y un hombre de ideas", ha sentenciado. También el presidente de la Xunta de Galicia ha ensalzado su trayectoria, de la que ha destacado su faceta como periodista. Así, lo ha definido "como un continuador" por recoger la tradición del periodismo galleguista, pero también como "un innovador" y "un cultivador del futuro". Además, ha subrayado su concepto de Galicia "como conjunto" y, junto a su defensa del Estatuto de Autonomía, ha considerado vigentes algunas de sus ideas. "Olvidar la realidad económica o sustituirla por quimeras conduce a una pérdida de la autonomía, así era y vuelve a ser ahora", ha sentenciado Feijóo en su discurso.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Valentín Paz-Andrade léganos moitas cousas: proxectos, realizacións, empresas e soños. Por riba de todo, déixanos a herdanza da súa fe rotunda nos galegos e da súa convición de que a autonomía é o vehículo para poñer en marcha as nosas potencialidades. Estas son as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a presentación, na Coruña, do libro Valentín Paz-Andrade. Xornalista para un país, de Tucho Calvo e Xosé Luis Axeitos.
Na súa intervención, Feijóo aludiu ás palabras de Xosé Luis Méndez Ferrín, para resaltar que Paz-Andrade é unha presenza constante da Galicia do século XX e lembrou que este pensador, escritor e xornalista ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas non se entende sen Galicia e Galicia non se entendería completamente sen el.
O presidente galego destacou, ademais, a concepción de Paz-Andrade de Galicia como unidade. A súa devoción local non lle impide contemplar o noso país como un conxunto de áreas urbanas e rurais con vocación complementaria. Ve en nós un destino común que pide accións concertadas, sinalou.
Continuador do galeguismo xornalístico pero tamén cultivador do futuro
Tras repasar a esencia do xornalismo galego, compañeiro inseparable da recuperación da conciencia galega, que fai que frague un anhelo latente no pobo, que cobre vida un desexo que necesitaba facerse colectivo e caracterizado pola defensa das ideas, a audacia na reivindicación dos nosos intereses como país, pero tamén nunha elegancia intelectual que non busca vencer senón convencer, Feijóo advirte todas estas virtudes no Valentín Paz-Andrade xornalista. Estamos diante dun continuador e dun iniciador, asegura, lembrando que Paz-Andrade continúa a tradición do galeguismo xornalístico, introducindo tamén elementos descoñecidos.
Don Valentín convértese nun cultivador do futuro, en vez de limitarse a unha recreación do pasado. De feito, dixo Feijóo, nesta escolma que fai La Voz de Galicia, tan brillantemente introducida por Tucho Calvo e Xosé Luis Axeitos, o noso home revélase como un escritor premonitorio. A este respecto o presidente galego lembrou reflexións realizadas por Paz Andrade en 1922, de que Galicia e Vigo teñen destinos iguais; as realizadas seis anos máis tarde, cando advirte da importancia económica do turismo; en 1932, cando subliña a transcendencia das infraestruturas portuarias para a economía galega; ou nos anos sesenta, cando alerta do problema demográfico galego, se preocupa polo destino do aforro galego ou avoga pola internacionalización do idioma no mundo da lusofonía.
En todos estes anticipos hai un esforzo por racionalizar o galeguismo sentimental, sinalou Feijóo, lembrando que Paz-Andrade non é un pensador, un escritor e un xornalista frío, senón que a emoción aflora en cada frase e en cada palabra que escribe; porén, engadiu, decatábase de que esa emoción ten que estar avalada por datos e propostas para ser operativa, para contribuír á auténtica transformación real do país.
É por iso o gran renovador do discurso cultural e económico de Galicia, aseverou o mandatario galego salientando, que Paz Andrade sabe que a economía é esa ciencia deprimente da que falara Thomas Carlyle, pero non ignora que cómpre enfrontarse con ela se non queremos deixar de ser protagonistas do noso propio destino. Unha mensaxe esta que o presidente da Xunta considerou válida entón e imprescindible a estas alturas do século XXI. Esquecer a realidade económica ou substituíla por quimeras conduce inexorablemente a unha perda de autonomía. Así era nos tempos que viviu Valentín Paz-Andrade e así volve ser agora, concluíu.