Noticias

La compañía de danza Entremans presenta el montaje Blondy's coffee en el Salón Teatro de Santiago de Compostela

Creado, dirigido e interpretado por Kirenia Martínez y Beatriz Pérez, el espectáculo de danza Blondy's coffee refleja el mundo absurdo que recrean dos mujeres durante el tiempo de descanso para tomar un café. Nueve escenas con imágenes ayudan a profundizar en las intrigas. Entremans presenta este montaje el 4 y 5 de mayo, a las 20.30h., en el Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o mes de maio no Salón Teatro dá comezo coa posta en escena da última coreografía da compañía galega Entremans, Blondy’s Coffee, creada, dirixida e interpretada por Kirenia Martínez e Beatriz Pérez. A peza, que poderá verse en Santiago este venres 4 de maio e o sábado 5 ás 20.30 horas, reflicte o mundo absurdo que crean dúas mulleres durante o descanso para o café.

Baixo o subtítulo “Peza soa para dúas mulleres”, en Blondy's Coffee dúas bailarinas recrean nove escenas acompañadas de imaxes audiovisuais, que axudan a afondar na historia e descubrir os personaxes, a coñecer as súas intrigas e a viaxar ao interior que as habita. Son dúas mulleres sumidas no tedio e que se refuxian en estraños pasatempos na procura de novas emocións que lles devolvan a súa propia natureza. Aburridas da súa existencia, buscan un hábitat onde encontrarse elas mesmas, coas súas miserias e as súas grandezas.

A coreografía ten o seu xerme na exposición Evanescencias, de Román Montesinos e da propia Kirenia Martínez, que busca a conxugación por medio da fotografía de posturas, modos, texturas e símbolos a través de elementos engadidos ao corpo feminino espido.

As entradas para asistir ás dúas funcións de Blondy's Coffee poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro, que permanecerá aberto o venres e o sábado a partir das 18.30 horas, mentres que a venda anticipada está xa dispoñible a través do teléfono 902 43 44 43 ou da web http://entradas.novagaliciabanco.es. O prezo das localidades é de 10 euros, cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven, desempregados e determinados colectivos profesionais.

Formada en 2005 por un grupo de bailaríns cubanos afincados en Galicia, a compañía Entremans crea as súas pezas partindo dunha dirección artística colectiva na que prima o discurso persoal e a experiencia dos seus intérpretes. O seu primeiro espectáculo, En la cuenca de tus ojos, recibiu en 2006 os primeiros premios do IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia e do V Certame Internacional de Burgos-New York.

Tras estes recoñecementos, a compañía prosegue co seu traballo de investigación con pezas como Hasta que no te lo comas todo, Dos sombreros y unos tragos, Si quiero, A palo seco, Qué pasa aquí?, Ven (galardoada co 1º Premio do Público no XXII Certame Coreográfico de Madrid), El buey solo bien se lame, Concerto desconcerto (en coprodución co Centro Coreográfico Galego) ou A medio metro de lo vivido.

A programación do Salón Teatro continuará o xoves 10 cun novo concerto do ciclo ST Música Presente. Nesta ocasión, será a quenda de Borja Cao Trío para presentar en directo The future is green, o seu segundo traballo discográfico, no que se mesturan sons clásicos do jazz con músicas tropicais e ritmos electrónicos. Coa colaboración de Max Gómez á batería e a incorporación de Juansi Santomé ao contrabaixo, este trío continúa a súa andaina xunto ao selo Audia Records co obxectivo de dar a coñecer as diferentes facetas do novo jazz feito en Galicia.

Ao día seguinte e durante tres xornadas (11, 12 e 13 de maio), Pífano Teatro estreará Winnie son eu, unha traxicomedia existencial escrita e dirixida por María Armesto. Mela Casal protagoniza esta obra baseada no lendario texto Happy Days, de Samuel Beckett, que aborda desde a perspectiva do teatro do absurdo e co seu humor implacable o tema da soidade e a loita por intentar comunicarse e avanzar. Xavier Picallo, Marcos Sánchez Armesto e a propia María Armesto completan o equipo actoral.

A carteleira de maio inclúe, asemade, a gala de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que terá lugar o martes 15 no marco dunha nova edición do denominado Espazo Radioescénico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Compañía Femme Fatale despregará a súa Ronda poética, un “batallón literario” que sairá ás 12.00 horas do Salón Teatro para percorrer as rúas do Franco, Fonseca, Praterías e Rúa Nova a golpe de versos, facendo improvisacións, agasallando poemas, recitando, escribindo versos no chan, bailando e interactuando cos viandantes. Finalmente e como en anos anteriores, o espazo do CDG cederá o seu escenario para a celebración da Mostra Internacional de Teatro Universitario da USC (Universidade de Santiago de Compostela), que se desenvolverá do luns 21 ao mércores 30.

Fotografía: Xunta de Galicia

R., 2012-05-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES