
El presidente del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo, transmitió el domingo el pesar y la tristeza de todo el pueblo gallego por el fallecimiento del ex presidente de la Xunta de Galicia, Don Manuel Fraga Iribarne, referente indiscutible da nosa Historia recente. Don Manuel Fraga é indiscutiblemente un referente da nosa Historia: como un dos pais da Constitución Española; como fundador dun dos grandes partidos sobre os que se asenta a alternancia democrática en España; e como presidente dunha das tres nacionalidades históricas desde a que, durante 16 anos contribuíu non só a consolidar as institucións de autogoberno de Galicia senón, tamén, a mellorar coas súas propostas a configuración do Estado Autonómico, desde a máis fonda lealdade á nación española, afirmó Feijóo.
El responsable del Gobierno gallego destacó, de esta forma, la ingente labor del político de Villalba en la defensa de los intereses del pueblo gallego en el marco de la España constitucional de las autonomías, así como su incuestionable contribución al desarrollo económico y social de Galicia. Estamos a falar do home que dirixiu boa parte da modernización desta Galicia nosa, destacó.
Alberto Núñez Feijóo trasladó a la familia de Don Manuel Fraga Iribarne o máis sentido pésame e o cariño de toda Galicia por el fallecimiento del insigne político que puxo toda a súa intelixencia e todo o seu corazón a disposición de Galicia e dos galegos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.