Noticias

El ministro de Fomento dice que la incorporación del corredor atlántico a la red transeuropea de transporte blinda el AVE gallego

El ministro de Fomento, José Blanco, ha anunciado la inclusión del corredor atlántico dentro de la red transeuropea para el período 2014-2030, lo que supone, en la práctica, "blindar" la llegada del AVE a Galicia, puesto que esta inserción "obliga a completar" las obras previstas. El conselleiro de Medio Ambiente ha percibido "muy positivamente" esta inclusión y recuerda que es una "apuesta muy importante" en el reconocimiento del "factor atlántico" de España y una oportunidad también para Portugal.

En la presentación del secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, en un desayuno organizado por Fórum Europa-Tribuna Galicia, el titular de Fomento ha destacado como "una excelente noticia" para la comunidad que la Comisión Europea haya aceptado incluir este corredor en la red básica y ha subrayado su "importancia" para las conexiones. Según ha precisado, este corredor dará "acceso directo" a los puertos de A Coruña, Ferrol y Vigo mediante la red Monforte de Lemos (Lugo)-Ourense. "Es clave para el futuro de nuestra economía", ha proclamado, en referencia al "impulso" al tren para el transporte de mercancías y a que Galicia tendrá "una mejor conexión con España y con el resto de Europa".

El ministro lucense ha detallado que el corredor atlántico tiene programada "la segunda mayor inversión" de los cinco incluidos en la red -por detrás del mediterráneo-. José Blanco también ha recalcado que la inclusión del corredor en la red tiene "consecuencias", ya que "obliga a cualquier gobierno, de todos los estados, a completar lo que allí está previsto". "Con esta decisión, hoy también blindamos el AVE de Galicia", ha enfatizado, para reiterar que estará terminado a finales de 2015 "si se mantiene el actual ritmo inversor".

Hernández percibe "positivamente" la inclusión del corredor atlántico en la red europea y pide "presupuestos concretos"

El conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, ha percibido "muy positivamente" la inclusión del corredor atlántico en la red transeuropea de transporte, una noticia que ha confirmado este miércoles el ministro de Fomento y que, según ha asegurado Blanco, supone "blindar" el AVE gallego. En declaraciones a los medios tras mantener una reunión con la delegada de la Xunta en Vigo, Agustín Hernández ha recordado que la inclusión del corredor es una "apuesta muy importante" en el reconocimiento del "factor atlántico" de España, y que será una "oportunidad" para los puertos y también para la economía del país vecino, Portugal.

El conselleiro ha recordado que este anuncio es una "planificación", pero que "no habla de presupuestos concretos". En todo caso, ha felicitado a las Comunidades Autónomas beneficiadas, entre ellas, especialmente, al País Vasco que lideró la reclamación de esa inclusión en la red transeuropea de transporte.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, trasladou a súa satisfacción pola incorporación do Corredor Atlántico na rede prioritaria europea de Transportes, o que supón unha oportunidade para os portos e a rede loxística galega. Así o puxo de manifesto en Vigo, onde destacou o papel das comunidades autónomas do norte de España, que lideraron dende o primeiro momento a defensa deste corredor ferroviario, e que se culminou o pasado venres coa sinatura dunha declaración institucional por parte dos representantes de obras públicas das comunidades de Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Navarra en Valladolid.

Neste texto defendían a introdución do Corredor Atlántico Ferroviario entre as liñas básicas prioritarias da nova Rede Transeuropea de Transporte (TEN-T), e facían público o apoio expreso á execución dos investimentos necesarios para a adecuación do Corredor Atlántico Ferroviario e a súa conexión coas terminais portuarias e as principais plataformas intermodais da fachada atlántica, rede na que estarían integrados os portos galegos de interese xeral xunto cos principais portos e centros loxísticos do eixo atlántico peninsular.

Segundo explicou Hernández, esta consideración da Unión Europea pon en valor a importancia desta rede de transportes e supón o recoñecemento por parte da Unión Europa de que España non só é mediterránea, senón tamén atlántica.

Sen dúbida, este anuncio é unha oportunidade para recoñecer a importancia dos portos galegos, pois esto pon de manifesto a súa existencia e capacidade, ao que engadiu que o seguinte chanzo é fixar os orzamentos que permitan incrementar o uso do ferrocarril no transporte de mercadorías, xa que “polo momento só se fala de planificación”.

Dende o ano 2009 Galicia está a apostar por unha rede ferroviaria de mercadorías competitiva, segura e duradeira, isto levou a Galicia a posicionarse, xunto co resto das rexións pertencentes ao Arco Atlántico, no concerto europeo de transporte.

Ao longo de 2010, a Xunta de Galicia participou activamente nas reunións de traballo de directores xerais de transportes en Palencia e na dos Conselleiros de Transportes do Arco Atlántico en Bruxelas, co fin de lanzar unha iniciativa para constituír unha rede que permita:
• desenvolver un auténtico corredor do Arco Atlántico e a súa conexión con outros corredores europeos
• desenvolver a intermodalidade con outros modos de transporte a través de terminais terrestres e marítimas
• mellorar os servizos ferroviarios.

Durante este ano 2011 o Grupo de Transportes do Arco Atlántico seguiu a traballar na iniciativa presentada con reunións, en Lisboa (febreiro), en Burdeos (marzo) e a celebración dun seminario europeo en Bruxelas (13 de abril), onde se tratou a revisión das RTE-T e o Arco Atlántico, a importancia da intermodalidade e as autoestradas do mar e integración dos portos nos corredores de mercadorías.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou cos seus homólogos un manifesto no que se defenden as posibilidades da ruta atlántica que aposta polo transporte ferroviario e marítimo coordinado coa estrada. Está previsto que a Comisión Europea presente o vindeiro mércores, 19 de outubro, a súa proposta para a revisión da Rede Transeuropea de Transporte. En España hai outros dous corredores que solicitan dita consideración: o Corredor Central e o do Mediterráneo. Desde a Xunta apóstase por solicitar á Unión Europea que priorice a opción atlántica, un corredor ferroviario que permitirá un transporte de mercadorías máis eficiente, rápido e sostible, ao posibilitar un mellor reparto dos modos de transporte, un feito que beneficiaría a Galicia e aos galegos.

A importancia deste corredor reside na súa posibilidade de vertebración cos principais portos de mercadorías galegos de Vigo, Vilagarcía, Marín, A Coruña e Ferrol así como outro medio centenar de portos europeos de gran importancia dende Portugal á Península Escandinava (Sevilla, Sines, Lisboa, Oporto, Santander, Bilbao, Burdeos, Nantes- Saint Nazaire ou Brest, entre outros), cun tráfico total que supera os 650 millóns de toneladas anuais, ás que tamén se podería engadir o tráfico dos grandes portos nas prolongacións do corredor, como son Alxeciras, Amberes, Zeebrugge, Róterdam e Hamburgo. Trátase dunha infraestrutura que move unha media de 100.000 millóns toneladas-km anuais de mercadorías; mentres que a poboación que representa é de máis de 80 millóns de habitantes (un 25% da poboación da zona euro). Por outro lado, dende a perspectiva económica, o arco atlántico concentra un 30-40% do Produto Interior Bruto da zona euro, o que equivale a máis de 2 millóns de euros.

Ante esta realidade, na actualidade existe un importante desequilibrio modal que debería tender a un maior reparto dos modos a favor daqueles máis sostibles, particularmente o transporte ferroportuario. A modo de exemplo, aproximadamente un 50% do tráfico de mercadorías entre a Península Ibérica e Europa prodúcese pola fachada atlántica. Unicamente, un 1% deste tráfico realízase en ferrocarril e un 16% por mar, mentres que o 83% restante trasládase por estrada, feito que provoca a saturación das infraestruturas viarias e o colapso e insostibilidade do sistema.

Dende a Xunta de Galicia establécese que para acadar un corredor real e operativo é necesario o acondicionamento da infraestrutura ferroviaria e das súas conexións cos portos. Non obstante, unha parte importante dos investimentos non se dedicarían a novas infraestruturas senón á adecuación e melloras das infraestruturas e conexións existentes, tendo un efecto multiplicador na consecución dun maior equilibrio modal.

Fotografía: archivo.

R., 2011-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Tivo lugar a V edición do Foro de Directores de Informática, que reuniu aos responsables de dixitalización das 17 Comunidades Autónomas, onde se debateu o papel das administracións públicas para garantir que a intelixencia artificial beneficie a toda a poboación, con independencia das condicións sociais ou económicas. Os responsables autonómicos compartiron experiencias e analizaron os retos para a aplicación de tecnoloxías como a ciberseguridade ou a intelixencia artificial. Houbo, así mesmo, unha sesión de traballo para analizar o futuro dos fondos europeos para avanzar na modernización tecnolóxica das rexións.
Foto de la tercera plana (concertos-do-xacobeo.jpg) Desde o Xacobeo 21-22, máis de 2,5 millóns de persoas participaron nas actividades impulsadas baixo esta marca, que se consolidou como un motor económico e social. Este ano, os Concertos do Xacobeo acollerán case 100 eventos en máis de 50 localidades de toda Galicia, reunindo a 700 artistas de primeira liña, tanto internacionais como nacionais e galegos. A programación combinará grandes nomes da escena musical global, como Kings of Leon, Lenny Kravitz ou Alanis Morisette, con recoñecidos artistas galegos como Tanxugueiras, Guadi Galego ou Xoel López. A diversidade da programación, tanto en estilos como en formatos, permitirá atraer a públicos variados e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural dinámico, onde tradición e modernidade conviven nos escenarios.

Notas

Xa pasaron catro anos desde aquel primeiro The Thinking Institute que converteu Vigo no epicentro mundial do coñecemento en nanonociencia. Como cada mes de xuño, este encontro científico internacional regresa ao campus para celebrar a súa cuarta edición, reincidindo no seu firme propósito de crear un espazo para o intercambio de ideas sen as barreiras habituais deste tipo de congresos, e aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas científicas.
A Universidade da Coruña lanza UDC Conecta, unha iniciativa que nace co obxectivo de impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances científicos se transformen en solucións. Coa posta en marcha de UDC Conecta, establécese unha alianza permanente coa empresa, que terá a través desta plataforma única, un sistema de acompañamento integral e dinámico.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES