
Coincidiendo con su presencia en A Coruña para informar al sector pesquero gallego sobre la regularización de embarcaciones, la secretaria general del Mar ha señalado que el Gobierno estudia la propuesta comunitaria, pero ha reconocido que "en principio" les preocupa.
Ha argumentado que se plantea "bajo una serie de principios "que no compartimos", ha indicado al señalar que la Comisión Europea "no puede escudarse en la falta de unos resultados que plantea sin base científica". Así, ha insistido en que "no se puede plantear una reducción de esa naturaleza" sin estos estudios.
Por el contrario, ha subrayado el aumento de cuotas que se plantea para especies como la merluza sur, aunque ha precisado que esta cuestión está pendiente del correspondiente análisis.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Representantes do goberno galego participaron na 39ª Asemblea Xeral da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa (CRPM), que está tendo lugar entre o 28 e 30 de setembro na cidade danesa de Aarhus, onde defenderon a aposta da comunidade galega por unha maior defensa da pesca artesanal e do marisqueo.
Os representantes do goberno galego expuxeron na reunión a preocupación das rexións atlánticas polo impacto socioeconómico da reforma, e avogou por unha maior rexionalización das decisións, así como por unha maior defensa da pesca artesanal e do marisqueo.
A Xunta de Galicia, que ostenta a vicepresidencia do Buró Político do Arco Atlántico da CRPM, e lidera o seu grupo Pesca, defendeu e liderou varios dos temas sobre os que centrará o seu traballo a CRPM no ámbito da pesca no vindeiro ano, salientando a resposta á proposta de Regulamento da Política Común de Pesca, e liderando un espazo común de datos e documentos que avalen a postura que defenden as rexións atlánticas, de insistir no impacto socioeconómico que teñen as medidas adoptadas nas pesquerías das distintas especies.
No decurso da xuntanza, que conta coa presenza dos máis altos representantes das Direccións Xerais de Política Rexional (DG REGIO) e de Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, estanse a debater temas de especial relevancia para Galicia, como son as propostas para as perspectivas financeiras da UE para o vindeiro período de programación orzamentaria, ata o ano 2020, ou o debate sobre a política marítima integrada, na que se enmarcaría a estratexia para o océano Atlántico.
Tamén se debateu nesta sesión a posición a adoptar diante da proposta de Política Común de Pesca que formulou a Comisión Europea, e o Libro Branco sobre o transportes e a proposta sobre a Rede Europea de Transportes.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.