Lo ha anunciado el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, al término del Consello de la Xunta que ha dado luz verde al anteproyecto de ley. Con esta norma "austera y clarificadora", el Ejecutivo autonómico aspira a "minorar" las dificultades de las familias para poder comprar una vivienda y "dinamizar" el sector de la construcción. Con ambos retos, se propone crear una bolsa de vivienda -en venta o en alquiler con opción a compra- que gestionará el Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) y en la que podrán inscribirse aquellas viviendas cuya construcción esté finalizada, siempre en primera transmisión. La bolsa tendrá vigencia hasta el 31 de diciembre de 2014 y podrá prorrogarse por acuerdo del Consello de la Xunta.
Esta bolsa se desarrollará mediante un convenio marco abierto a todos los agentes que intervienen en el sector -como promotores, entidades financieras o ayuntamientos- y en él se fijarán "beneficios" que permitan mejorar el acceso de los compradores a la financiación, especialmente "a los más jóvenes", así como una reducción del gasto. Los precios máximos se limitarán reglamentariamente y se facilitará el acceso inmediato de solicitantes a las viviendas al tiempo que se "elimina el stock". Y es que, según los datos estatales, Galicia registra más de 32.000 viviendas que no tienen salida, por lo que la Xunta ve necesario el impulso de un convenio que, mediante un proceso de diálogo con entidades financieras y con promotores, permita fijar condiciones "atractivas" a aquellos gallegos que quieren acceder a una casa.
Feijóo ha subrayado que este anteproyecto de ley, que explicará con más detalle el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, y que será sometido la próxima semana a información pública, aspira a "facilitar" el acceso a la vivienda a los demandantes, pero también promover la "reactivación" de un sector económico "fundamental". Ha avanzado que la nueva norma aporta "más garantías" para dinamizar el mercado de la vivienda protegida y permitirá la adquisición de inmuebles en alquiler con opción a compra. Pretende -ratifica la Xunta- "garantizar" el acceso de los ciudadanos a una vivienda "digna y adecuada a sus necesidades", partiendo de principios de "transparencia e igualdad" en el acceso a la vivienda protegida y estableciendo "garantías jurídicas" para los usuarios.
El presidente ha defendido que ésta es una ley "oportuna" para afrontar la situación abierta en el mercado inmobiliario tras entrar en vigor la decisión del Gobierno central de "retirar" las ayudas a la adquisición de vivienda; y "necesaria" para afrontar una serie de necesidades actuales que, según el Ejecutivo autonómico, la norma de 2008 "no es capaz de proporcionar". El nuevo texto legal persigue, según Feijóo, crear un marco "estable" que no tenga que "modificarse cada cuatro años" frente a la anterior ley, que ha tildado de "confusa". El Gobierno gallego interpreta, además, que la norma anterior resulta "excesivamente reglamentista, rígida, contradictoria y de difícil aplicación". El jefe del Ejecutivo ha proclamado que la nueva ley "no invade competencias" de otras administraciones y será "austera", ya que desaparece la previsión de creación de "nuevos organismos". "Con el IGVS es suficiente; ya nos llega con lo que hay".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente galego, Aberto Núñez Feijóo, avanzou que a nova Lei de vivenda de Galicia, que abordou o Consello da Xunta, nace co obxectivo de conveniar un marco entre entidades financeiras, promotores e Goberno galego para dar a posibilidade de ocupar as 32.000 vivendas baleiras que existen na comunidade autónoma e para poder acceder a ese stock de vivendas nunhas condicións económicas que supoñen un esforzo para os promotores, un esforzo para as entidades financeiras e un compromiso por parte da Xunta de Galicia.
Trasladamos a nosa experiencia e a nosa política de vivenda a un proxecto de lei, aseverou o mandatario autonómico destacando, que esta nova Lei de vivenda de Galicia é unha norma de impacto, en primeiro lugar, porque trata de paliar, ou a lo menos, minorar, as dificultades que atravesan as familias neste momento económico para poder adquirir unha vivenda; e, en segundo lugar, porque, dixo, somos conscientes das dificultades que atravesa o sector da construción, que ten dificultades tanto para vender as vivendas que xa están acabadas, como para iniciar novas vivendas e dar así emprego aos milleiros de persoas que traballaban no sector da construción.
Segundo explicou o mandatario autonómico, a partir do próximo luns, explicarase polo miúdo o alcance e contido deste proxecto e tamén se someterá a información pública esta norma que busca non poñer trabas e obstáculos para acadar unha vivenda, abaratar o prezo do solo para poder construír de forma máis económica e máis garantías para dinamizar a vivenda protexida.
Ademais, abrirase un proceso de diálogo coas entidades financeiras e cos promotores para asinar un convenio marco que permita establecer prezos máximos e condicións atractivas a persoas que queiran acceder a un fogar.
Imos, en consecuencia, tentar aproximar os intereses das entidades financeiras que queren seguridade nos que subscriben unha hipoteca os intereses dos promotores que teñen 32.000 vivendas baleiras na comunidade autónoma, e imos aproximar eses intereses cos intereses xerais que defenderá a Xunta de Galicia para establecer un marco de prezos máximos e condicións concretas para poder reactivar o mercado de adquisición de vivenda a través das entidades financeiras, subliñou ao respecto.
Lei oportuna, necesaria, respectuosa, austera, clarificadora e con garantías
Trátase dunha lei oportuna, necesaria, respectuosa con outras administracións públicas, unha lei austera e clarificadora e que dá garantías, aseverou Feijóo.
Explicou que a norma é máis oportuna ca nunca, tras a decisión do Goberno central de retirar as axudas á adquisición de vivenda, de reducir drasticamente as axudas para o aluguer e de retirar as desgravacións fiscais na compra de vivenda; e tamén unha lei necesaria, porque establece un marco estable que non teña que modificarse cada catro anos. Así, explicou o presidente da Xunta, fronte á anterior norma, que na propia exposición de motivos argumentaba que era un texto promulgado no boom inmobiliario, entendemos que as leis de vivenda teñen que afectar a todos os momentos e non soamente ver un momento, argumentou.
É unha lei respectuosa con todas as administracións e austera porque non invade competencias doutros departamentos, non se mete en regular controis de contaminacións nin establecer dereitos lingüísticos, explicou Feijóo incidindo tamén en que a norma non prevé a creación de organismos novos porque o Instituto Galego de Vivenda e Solo é suficiente e non é necesario crear nin duplicar organismos novos como o laboratorio ou como o fondo social.
Tamén é unha lei clarificadora. Imos clarificar a definición entre vivendas de promoción pública e vivendas de promoción privada; imos concretar as causas da posible descualificación de vivendas protexidas e imos clarificar as vivendas rehabilitadas que adquirirán a consideración de vivendas protexidas coas correspondentes limitacións de uso e dispoñibilidade, sinalou o presidente da Xunta argumentando que, polo tanto, pode haber vivendas rehabilitadas que adquiran a condición de vivendas protexidas, porque non se trata só de edificar novas vivendas tendo un parque de vivendas baleiras, senón que tamén se trata de que vivendas rehabilitadas poidan ter esta consideración.
Esta é unha lei, en definitiva, que dá confianza aos que buscan unha casa, porque se poden sentir máis protexidos antes, durante e despois de comprar unha vivenda, incidiu o mandatario galego engadindo que tamén ofrece máis garantías para dinamizar a vivenda protexida, ao facilitar o acceso a ela, por exemplo, dando facilidades de pago e, polo tanto, pagos aprazados para pagar vivendas protexidas; pero tamén dando máis garantías aos que accedan a unha vivenda libre, tanto en propiedade como en aluguer, con opción de compra.