
Este grupo, pertencente ao Centro de Investigación Mariña, realizou un estudo no que analizou as choivas que no século XVIII provocaron “a última maior crise de subsistencia no noroeste da penÃnsula ibérica”.
Os resultados do traballo foron publicados co tÃtulo Assessing the most severe subsistence crisis of the 18th century in the northwest of the Iberian Peninsula: a climatological perspective na revista Climate of the Past, da Unión Europea de Xeociencias. Asinan o traballo os membros de EPhysLab e do Campus Auga Maite de Castro, Moncho Gómez Gesteira, José González e Nicolás G. De Castro. Completa o equipo Juan J. Taboada, de MeteoGalicia, e José M. Vaquero, da Universidad de Extremadura.
AnomalÃas na presión a nivel do mar e na altura xeopotencial
O obxectivo deste estudo foi analizar as condicións atmosféricas no arco Atlántico entre xuño de 1768 e maio de 1769, cando as “persistentes e abundantes choivas precipitaron a crise agrÃcola máis grave en Galicia e o norte de Portugal no século XVIII, cunha alta mortalidade”. As condicións atmosféricas deste episodio histórico, que non foi exclusivo de Galicia senón que abrangueu outras do rexións do arco Atlántico, de Irlanda, Inglaterra e Francia, foron analizadas utilizando o conxunto de datos de paleorreanálises EKF400v2, que abarca desde o século XVIII ata principios do século XXI.
As análises feitas no estudo indican que de xuño de 1768 a maio de 1769 a anomalÃa pluviométrica, de choivas, en Galicia e o norte de Portugal foi positiva en 11 dos 12 meses, coa única excepción de marzo de 1769. “AÃnda que a choiva no norte de Portugal pareceu menos intensa que en Galicia, xuño de 1768 tivo a anomalÃa de choiva positiva máis alta do século, e setembro de 1768 tivo a segunda máis alta”, recolle o traballo. Os patróns sinópticos atmosféricos dos meses máis chuviosos amosan anomalÃas negativas tanto na presión a nivel do mar como na altura xeopotencial de 500 hPa no Atlántico nororiental. “Estes patróns asócianse con vagadas no Atlántico nororiental que inducen a formación de sistemas de baixa presión superficiais e dificultan a progresión dos anticiclóns cara ao leste na rexión, o que resulta en episodios de choiva e frÃo máis frecuentes do habitual”, sinala o equipo investigador sobre a orixe das choivas.
O exceso de precipitación identificado no estudo, indican os seus responsables, concorda coa ocorrencia de rogativas eclesiásticas pro-Serenitate, destinadas a conter as precipitacións, recollidas en Santiago de Compostela e noutras localidades galegas e lusas e testemuños escritos que indican un número inusualmente alto de dÃas de choiva entre xuño de 1768 e maio de 1769. Ademais, coincide co exceso de mortalidade documentado en 1769 e 1770.
A importancia de estudar o clima séculos atrás
Respecto á importancia de estudar o pasado climático, o equipo investigador lembra, citando a diferentes autores, que “nas últimas décadas a comunidade cientÃfica ten tomado conciencia da importancia de retroceder no tempo para profundar a nosa comprensión do clima, xa que os rexistros de datos máis extensos permiten interpretacións máis fiables e consistentes do clima”. Analizar o comportamento do clima ao longo dos séculos, engaden, “permÃtenos investigar como as forzas ambientais teñen moldeado historicamente diversos sectores da sociedade, analizando as vulnerabilidades xeradas en diferentes sectores socioeconómicos, como a agricultura, o transporte e a enerxÃa, asà como a resiliencia e adaptabilidade da sociedade ás anomalÃas meteorolóxicas e a dinámica climática”.
A análise dos procesos climáticos históricos anteriores á era industrial, apuntan, “é unha tarefa sumamente complexa, xa que implica o manexo de conxuntos de datos de diversas orixes, incluÃndo datos instrumentais de medicións in situ e datos non instrumentais obtidos a partir de indicadores indirectos como rogativas eclesiásticas ou testemuños escritos atopados en cartas, diarios e informes”. Ademais, matiza o equipo investigador, estes conxuntos de datos adoitan variar en termos de fiabilidade, integridade e cobertura espacial, o que complica aÃnda máis a análise e a interpretación dos patróns climáticos históricos. Igualmente, engaden, a interpretación dos rexistros climáticos históricos require unha comprensión profunda do contexto no que se recompilaron os datos, incluÃndo os factores sociais, culturais e ambientais que poden influÃr nas observacións e as prácticas de rexistro ao longo do tempo. “A pesar destes desafÃos, o estudo dos procesos climáticos históricos ofrece información valiosa sobre a variabilidade climática a longo prazo e axuda a contextualizar as tendencias climáticas modernas e as proxeccións futuras”, apuntan.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.