Noticias

Los Caminos de Santiago de Norte, candidatos a Patrimonio Mundial de la Unesco en 2012

El Consejo de Patrimonio Histórico acuerda proponer la candidatura de los Caminos de Santiago del Norte al reconocimiento de Patrimonio Mundial por la Unesco en el año 2012. Se sumarían a la lista de los bienes ya declarados entre 1985 y 2009 como la Torre de Hércules (A Coruña), la Muralla de Lugo, el Camino Francés y el casco histórico de Santiago de Compostela.

El Consejo de Patrimonio Histórico ha elegido a los Caminos de Santiago del Norte como candidato español a Patrimonio Mundial de la Organización para la Educación, la Ciencia y la Cultura de las Naciones (Unesco). Según destaca la Consellería de Cultura, de ser galardonada la candidatura, los Caminos de Santiago del Norte sería el quinto bien gallego considerado Patrimonio Mundial. Con anterioridad, ha recibido esta acreditación el casco histórico de Santiago (en 1985), el Camino de Santiago Francés (en 1993), la Muralla de Lugo (en el año 2000) y la Torre de Hércules (en 2009).

Los Caminos de Santiago del Norte incluyen el Camino Primitivo, el Camino de la Costa, el Camino de Baztán, el Camino Interior del País Vasco y la Ruta Lebaniega. Éstas suman 1.100 kilómetros situados en las comunidades de Navarra, Euskadi, La Rioja, Cantabria, Asturias y Galicia. Entre los Caminos del Norte se encuentran los itinerarios de peregrinación originales. En concreto, el Camino Primitivo, que enlaza Oviedo con Santiago desde las primeras décadas del siglo IX, es considerada la primera ruta jacobea. Por su parte, el Camino de la Costa, que parte de la localidad vasca de Irún y finaliza en Arzúa (A Coruña), era empleado por los peregrinos de Europa Septentrional que desembarcaban en los puertos del Cantábrico.

El director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, ha manifestado su "satisfacción" por la resolución del Consejo, y ha señalado que la Xunta "seguirá trabajando" para presentar otras candidaturas gallegas, como "el Ferrol de la Ilustración". El expediente técnico de la candidatura ha sido desarrollado en colaboración por los gobiernos de las Comunidades Autónomas por las que transcurren las rutas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consejo de Patrimonio Histórico Español acordou na súa última xuntanza celebrada en Burgos que a candidatura a Patrimonio Mundial que presentará España ante a UNESCO en 2012 sexa a dos Camiños de Santiago do Norte de España. De conseguirse este recoñecemento, sumaríase aos outros bens galegos que xa figuran na Lista do Patrimonio Mundial como son Torre de Hércules conseguido en 2009, a Muralla de Lugo no ano 2000, o Camiño de Santiago Francés en 1993 e o Casco Histórico de Santiago en 1985.

O director xeral do Patrimonio Cultural, Jose Manuel Rey Pichel mostrouse moi satisfeito tras a reunión, asegurando que “debemos de traballar arreo para presentar o mellor expediente e convencer ao xurado do valor histórico e cultural destas rutas de peregrinación”. Asemade, Rey Pichel anunciou que “dende a Consellería de Cultura e Turismo continuaremos traballando para que nos vindeiros anos podamos presentar outras candidaturas como a de Ferrol da Ilustración”.

A candidatura dos Camiños de Santiago do Norte de España inclúe ao Camiño Primitivo e ao Camiño Costeiro, así como ao Camiño do Baztán, en Navarra, o Camiño interior vasco e a ruta lebaniega. En total, son uns 1.100 quilómetros que discorren polas comunidades de Navarra, Euskadi, A Rioxa, Cantabria, Asturias e Galicia. Estas seis Comunidades Autónomas levan traballando dende 2006 na elaboración do expediente técnico que xustifica a candidatura que agora o Consello de Patrimonio Histórico español acordou presentar ante a UNESCO. A presentación formal do expediente ante o Comité do Patrimonio Mundial terá lugar en febreiro de 2012, iniciándose a continuación o proceso de avaliación do memso por parte do alto organismo internacional.

O Camiño de Santiago é unha das principais rutas de peregrinación a nivel mundial dende hai 1.200 anos, enlaza distintos puntos do continente europeo coa cidade de Santiago de Compostela e na súa catedral consérvanse os restos do Apóstolo Santiago. Ao longo dos seus séculos de vida, o Camiño de Santiago conformouse como un eixe en torno ao cal se produciron múltiples relacións e intercambios entre os distintos pobos da Europa Occidental, tanto no ámbito cultural e artístico coma no social e económico, especialmente durante a Idade Media. Na actualidade, volveu cobrar un impulso tras a revitalización que experimentou a ruta xacobea nas dúas últimas décadas.

Todos estes intercambios son os que lle dan un carácter tan especial ao Camiño de Santiago, que vai moito máis alá do estritamente relixioso. Fenómenos como a extensión da arte románica polo occidente europeo, a creación dunha malla de vilas e pequenas cidades no Norte de España con poboación franca ou o impulso ao comercio urbano nas centurias centrais da Idade Media están estreitamente ligados á extensión das peregrinacións xacobeas.

No ano 1987 o Consello de Europa proclamou ao Camiño de Santiago como o primeiro Itinerario Cultural Europeo, destacando a pluralidade de rutas que o integraban e quedando todas elas amparadas por esta distinción. Posteriormente, en 1993 e en 1999 a UNESCO acordou a inscrición do Camiño Francés español e das catro principais rutas xacobeas de Francia na Lista do Patrimonio Mundial.

A presente proposta de ampliación das rutas xacobeas xa inscritas na Lista do Patrimonio Mundial viría a completar o recoñecemento do que xa goza a ruta xacobea e se fundamenta na realidade de que toda historia ten unha orixe, estando os inicios do Camiño de Santiago intimamente ligados ao Norte de España. Así, o hoxe chamado Camiño Primitivo, que enlaza Oviedo con Santiago de Compostela ao longo do interior de Asturias e da provincia de Lugo, é a primeira ruta xacobea xurdida, nas primeiras décadas do século IX, en tempos da monarquía asturiana.

O Camiño Costeiro tamén ten as súas raíces neses momentos iniciais da historia do fenómeno xacobeo. Ambas as dúas rutas, a primitiva e a costeira, foron durante polo menos un século, o único Camiño de Santiago existente, e sentaron as bases do carácter netamente europeo das peregrinacións a Compostela grazas ao labor propagandístico, entre outros, de Beato de Liébana, quen deu a coñecer a todo o continente a aparición da tumba do Apóstolo no extremo do mundo cristián entón coñecido.

R., 2011-03-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES