Noticias

La Axenda Dixital 2014.gal generará el 6% del PIB gallego y más de 12.000 empleos

La Xunta de Galicia pone en marcha el proyecto Axenda Dixital 2014.gal que permitirá a la comunidad autónoma abandonar el furgón de cola en materia tecnológica y posicionará las TIC en todas las empresas, los hogares y departamentos de la Administración. Según el presidente gallego, 2014.gal generará el 6% del PIB y creará 12.000 puestos de trabajo, además de suponer una gran oportunidad social para los gallegos. La Xunta invertirá en este proyecto tecnológico 1.600 millones de euros.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou a Axenda dixital 2014.gL como unha oportunidade económica, que creará máis de 12.000 postos de traballo e xerará o 6% do PIB, e unha oportunidade social que beneficiará a todos os galegos. “Presentamos 2014.GAL: a estratexia completa, con obxectivos e presupostos concretos que nos permita abandonar o vagón de cola en materia tecnolóxica e converxer tanto cara a fóra, co resto de España e de Europa, como cara a dentro, para garantir que a tecnoloxía estea ao alcance de todos os galegos e en todos os ámbitos da sociedade, en todas as casas, en todas as empresas e en todos os departamentos da Administración”.

Segundo explicou, 2014.GAL está chamada a ser un dos principais motores de crecemento nos vindeiros anos, e neste sentido subliñou que supón o maior investimento de fondos públicos da autonomía para o desenvolvemento da sociedade de información: “máis de 935 millóns serán achegados pola Xunta ata 2014 e xerarán un investimento total de 1.600 millóns de euros”.

“Un investimento xerador de emprego, xa que agardamos que cree máis de 12.000 empregos ata 2014; e un investimento xerador de riqueza, xa que a previsión é aumentar a súa actividade económica en 800 millóns de euros, pasando do 4,8% do PIB na actualidade, ao 6% en 2014, iniciando así a senda da converxencia con España e con Europa no que representa este sector para a economía dun país”, engadiu.

Así mesmo, destacou que se trata dun investimento rendible, xa que as novas tecnoloxías permitirán evitar trámites innecesarios e duplicidades; e polo tanto propiciarán un notable aforro de tempo e de diñeiro.

No tocante á oportunidade social, o presidente da Xunta afirmou que as TIC deben entenderse como parte do desenvolvemento integral de todos e cada un dos galegos. “Como unha panca –dixo- de cambio social, cultural, educativo, sanitario, das Pemes, das grandes empresas, da inmigración, de cada un dos ámbitos de actuación do goberno de Galicia. A Axenda Dixital de Galicia que agora ve a luz, pretende avanzar en diferentes eixos, todos eles co beneficio ao cidadán como denominador común”.

Co obxecto de facer máis accesible todo o abano de posibilidades que as tecnoloxías ofrecen a todas as xeracións de galegos, esta axenda pretende aumentar o coñecemento e a capacitación tecnolóxica dos galegos. “Os nenos e mozos necesitan o coñecemento das TIC porque o mundo actual non se concibe sen esta formación; os maiores poden explorar as novas tecnoloxías para relacionarse mellor cos demais; e a formación e capacitación en materia de TIC son un elemento clave nunha época onde o emprego está a ser tan castigado pola crise, os traballadores mellor formados terán máis doado o acceso a un emprego de calidade”.

Feijóo subliñou que se porán en marcha iniciativas concretas que permitan a todos os galegos ser autónomos tecnoloxicamente falando: “levarase a cabo o despregamento das tecnoloxías no ámbito educativo para que 87.000 alumnos as empreguen con carácter normal en 2013, en máis de 1.000 centros educativos; e a posta en marcha da Rede Cemit permitirá que máis de 60.000 persoas sexan formadas e valoradas coa posta en marcha dun sistema de acreditación das competencias dixitais adquiridas”.

Modernizar a Administración para facela máis eficiente e próxima
A Axenda Dixital de Galicia permitirá modernizar a Administración para facela máis eficiente e próxima á sociedade, facendo realidade unha verdadeira relación telemática cos cidadáns gracias a unha Xunta de Galicia aberta as 24 horas e os 365 días do ano.
“Marcámonos o obxectivo de que en 2014 todos os expedientes administrativos poidan ser tramitados por Internet; e marcámonos o obxectivo de garantir que o 100% dos funcionarios públicos teñan competencias dixitais para conseguir unha verdadeira Administración electrónica”.

Segundo o titular do Goberno galego, todos os departamentos públicos poderán guiarse desde hoxe por esta estratexia colectiva; “non só os departamentos da Administración central da Xunta, senón o resto de Administracións, como a local e provincial ou a Administración de Xustiza”.

Así mesmo, 2014.GAL é un motor de innovación que recolle a creación dunha Factoría de Emprendedores TIC que axude aos emprendedores a converter as súas ideas en materia de Tecnoloxías da Información en empresas reais; e inclúe a posta en marcha dun Sistema de Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora para que as administracións dispoñan de solucións avanzadas para fomentar a innovación no sector TIC.

Pensando nos autónomos e nas pequenas empresas, desenvolveranse medidas para apoiar a incorporación das TIC á súa xestión. Neste sentido, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia actuará como demostrador de solucións TIC e crearase unha rede de titores tecnolóxicos que apoien aos empresarios e autónomos.

2014.GAL tamén dá solucións en materia de calidade de vida e cohesión social. Deste xeito, constituirase un Servizo Integral de Atención ao Maior, unha resposta ás crecentes necesidades no eido sociosanitario que pasa polo aproveitamento do potencial das TIC para prestar servizos no domicilio.

NoticiaAsí mesmo, incentivarase tamén o fogar dixital, un modelo no que se utilicen intensivamente os elementos de seguridade, confort e aforro enerxético baseados nas TIC. O que significa: servizos de teleasistencia, maior seguridade e eficiencia enerxética.

Para acadar todos estes obxectivos, Feijoo aseverou que é necesario a implicación de todos, para que ningunha parte da poboación permaneza en risco de exclusión dixital. “Penso que ese traballo témolo completado con éxito porque todos somos conscientes de que todos saímos beneficiados deste proceso de aceleración dixital que hoxe poñemos en marcha”.

“As tecnoloxías da información e a comunicación nos permiten estar máis preto dos cidadáns e con maior intensidade; e son o medio máis barato, áxil e sinxelo para poder achegar a todas as persoas, independentemente do lugar no que vivan. E poder garantir esa Galicia global á que pertencen”, concluíu.

R., 2010-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (20250521-xunta.jpg) Este novo centro, que conta cun orzamento inicial estimado de 2,07 millóns de euros, que será cofinanciado con fondos Feder, localizarase nunha parcela de preto de 24.000 m2, na zona de reestruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis. Trátase dunha situación idónea desde o punto de vista loxístico, ao contar con boas comunicacións, e xeográfico xa que está próximo a municipios con menor poboación, que, tal e como incidiu a conselleira, é onde se ten identificado unha maior necesidade deste tipo de infraestruturas. O centro en si terá unha superficie de 2.300 m2 con capacidade para 300 cans e 200 gatos e as súas instalacións incluirán, entre outras dependencias, áreas para corentena, maternidade, illamento infeccioso, hospitalización, animais agresivos ou mantemento habitual de exemplares.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional. No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%. Ademais, Galicia é única comunidade que ten alcanzado o obxectivo marcado polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relativos á pobreza infantil.

Notas

120 profesionais participaron este martes en Vigo no XXXI Seminario de Loxística, un encontro profesional que cada primavera reúne na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo a un destacado número de profesionais que abordan neste encontro os principais retos e oportunidades aos que se enfronta un sector marcado pola chegada das tecnoloxías disruptivas que redefinen as dinámicas tradicionais, entre elas, a IA, unha grande aliada á hora de optimizar procesos e responder ás exixencias dun mercado cada vez máis áxil e globalizado.
Era o 1 de xuño do ano 2015, Día Internacional do Leite, cando a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC inauguraba as súas novas instalacións en Lugo. Unha década despois e logo de que esta plataforma tecnolóxica chegase aos 30 anos de vida, é o momento de conmemorar este aniversario cunha xornada festiva na que se poderá visitar este centro e coñecer as persoas, tecnoloxías e equipos cos que traballan xa convertidos nun referente europeo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES