
Así lo manifestaron en rueda de prensa en San Caetano el titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández, y el presidente de la Fegamp, Carlos Fernández, tras una breve reunión en la que además abordaron la situación en la que se encuentra la tramitación de la Ley del Suelo. Sobre el POL, cuyo documento se remitió a principios de febrero a los ayuntamientos, éstos dispondrán ahora hasta el 10 de mayo como máximo para enviar a la Consellería de Medio Ambiente los datos que consideren necesarios sobre el texto y que, según Hernández, redundarán en su mejora.
El objetivo es mantener los plazos previstos de someter a información pública el POL y las Directrices de Ordenación del Territorio antes del verano para así lograr su aprobación definitiva antes de que finalice el año.
El presidente de la Fegamp consideró positiva la medida para poder examinar mejor un documento «complejo» y «farragoso» en aras de consensuar unas directrices comunes y evitar así competiciones entre los ayuntamientos para ver quién es «más listo». La Fegamp pedía tres meses de moratoria pero el acuerdo alcanzado hoy satisface sus expectativas pues «no debemos dar la imagen de dilatar en exceso este proceso», añadió Hernández.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou ao presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, que a Xunta de Galicia ampliará un mes o período de consultas dos concellos ao Plan de Ordenación do Litoral, que en principio remataba o 10 de abril e agora se prolonga outros 30 días.
O responsable de Política Territorial do Goberno galego sinalou que a decisión se adopta a petición da propia FEGAMP e tamén do ámbito político co obxectivo de aportar transparencia ao proceso e facilitar que as administracións locais poidan analizar axeitadamente a documentación e facilitar á Xunta todas aquelas aportacións e precisións que permitan axustar o máximo posible o Plan á realidade de cada concello.
Hernández tamén comprometeuse co presidente da FEGAMP a reforzar a labor de colaboración, apoio e asesoramiento que dende a Consellería se está a prestar aos concellos e aos seus equipos de traballo co obxectivo de acadar o mellor Plan do Litoral posible.
Asegurou que a Xunta segue a traballar coa idea de someter o Plan a información pública antes do verán e aprobalo definitivamente en 2010.
En relación coa modificación da Lei do Solo, o conselleiro anunciou a Carlos Fernández que a práctica totalidade das emendas de PSdeG-PSOE e PPdeG foron pactadas e admitidas, polo que serán introducidas na Lei, reforzando deste xeito a idea de consenso e de pacto polo territorio.
Pola súa banda, o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, sinalou que informará da decisión aos alcaldes dos municipios que se atropan dentro do ámbito do Plan do Litoral. Explicou que dende diferentes concellos se trasladou a necesidade de ampliar o prazo xa que é un documento complexo, e manifestouse convencido de que esta decisión contribuirá a facer un mellor documento, ademais de favorecer a política de consenso que se está a buscar en relación co territorio.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.