Noticias

Google permite recorrer digitalmente el Camino para transformar internautas en peregrinos

Google permite recorrer digitalmente el Camino de Santiago para "transformar internautas en peregrinos". A través de imágenes en 360 grados, los usuarios de la red podrán conocer los datos y localización de los monumentos más relevantes y los albergues de cara al Xacobeo del año 2010.

Google, a través de su herramienta Street View, permite ya recorrer de manera virtual y a través de imágenes en 360 grados el Camino Francés a Santiago, desde Auritz hasta Fisterra, con el objetivo de "transformar internautas en peregrinos". Así lo explicó el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que participó en Santiago en la presentación de esta aplicación, que comienza a funcionar, y con la que el Ejecutivo autonómico colabora de cara al Xacobeo 2010 para que "cada vez haya más internautas que se conviertan en peregrinos".

En este sentido, Núñez Feijóo explicó que con la herramienta, que permite visitar otros lugares de Galicia, como A Coruña, Vigo y Lugo; posibilitará que "Galicia se abra al mundo" y demuestre "que es un lugar único donde merece la pena venir y volver" con la finalidad de captar turistas en todo el mundo. "Internet ha cambiado muchísimas cosas, sobre todo en la comunicación, y Galicia no puede estar ajena" a estos cambios, indicó el presidente de la Xunta, quien consideró además que el Xacobeo "debe estar dentro del núcleo de la comunicación" en las nuevas tecnologías.

Con la herramienta de Google, explicó Feijóo, "se introducirá el factor tecnológico e innovador" en el Camino de Santiago, que se convertirá así en "un fenómeno transnacional" y en "un acontecimiento global". "Queremos que el Camino de Santiago se meta en todos los hogares del mundo", subrayó Núñez Feijóo, que incidió en su capacidad de ser "un gran escaparate para Galicia que ilumine este país las 24 horas del día" en cualquier parte "tan solo con un ordenador".

Google actualizará su herramienta Street View con la inclusión del 80% del territorio español, en un proceso que se inició en octubre de 2008 con la digitalización de Madrid, Barcelona, Valencia y Sevilla. Con esto, España se convierte en el segundo país, después de Estados Unidos, con más territorio disponible en la aplicación. Además de esto, Google incluirá una herramienta propia para el Camino de Santiago, a la que se podrá acceder desde la web www.google.es/streetview, con la que los usuarios podrán "peregrinar virtualmente" a través del Camino Francés, que se encuentra fotografiado en su mayor parte con imágenes en 360 grados.

El sistema identificará con un icono especial -una concha de vieira- los monumentos más importantes del Camino, que los usuarios podrán localizar y conocer los datos más relevantes. Finalmente, también ofrecerá información sobre la localización, imágenes y características de los albergues para que los peregrinos puedan "planear su ruta".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“Google é un moi coñecido buscador de información; e o Camiño é tamén un buscador, un buscador de información interna. Por iso estou convencido de que coa unión destas dúas iniciativas universais ¬-Google e Xacobeo- lograremos a mellor ferramenta posible para transformar internautas en peregrinos”. Son palabras do presidente galego na presentación, hoxe, da nova ferramenta Google- Xacobeo, que inclúe o Camiño Francés a Santiago.

Feijóo salientou que internet ten cambiado a nosa forma de comunicarnos, e que Galicia non pode manterse allea a súa forza. “O Xacobeo ten que estar no núcleo da sociedade da información e do coñecemento”, destacou. “Non podemos quedarnos á marxe das tecnoloxías, sería como meternos nunha urna, como alguén que decide non saír da súa casa. O exemplo perfecto de que necesitamos comunicarnos é xustamente esta presentación”, engadiu o mandatario galego, quen estivo acompañado do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.

Así, o presidente da Xunta agradeceu a aposta de Google por facer do Camiño de Santiago un acontecemento transnacional, global. “A partir de hoxe o Camiño supera as fronteiras do vello continente, a partir de hoxe non será só coñecido en Europa, senón que se transforma nun acontecemento global, mundial. A partir de hoxe calquera, en calquera lugar do mundo, pode ver, coñecer, e case sentir todos e cada un dos quilómetros que compoñen o Camiño de Santiago”, remarcou.

Feijóo valorou que esta ferramenta permita á Ruta Xacobea “meterse nos fogares”. “Hoxe por primeira vez desde o século VII que se iniciaron os camiños a Santiago, por primeira vez este Camiño está aberto os 365 días do ano, as 24 horas do día”, afirmou.

O presidente galego lembrou, no transcurso da súa intervención, a proposta do Goberno galego de facer un Xacobeo espiritual e tecnolóxico. “Iso propuxemos e hoxe acreditamos que cando falábamos de facer un Camiño innovador falábamos de metelo en todos os fogares do mundo; por iso hoxe é un día importante”, engadiu.

“Imos ver se somos capaces de converter millóns de internautas en peregrinos, a ver si a partir do ano 2010, e os seguintes, cada vez hai máis internautas que se convertan en peregrinos; así prestaríamos un bo servizo a Galicia”, manifestou.

O presidente galego incidiu, nesta liña, en que o obxectivo do Goberno galego non é soamente recibir o maior número de visitantes no ano 2010, “que por suposto que si”, senón que a xente que veña, volva. “Que a xente que veu lles diga aos que non puideron vir que merece a pena visitarnos; que a xente que non poda vir en 2010 saiba, a través de internet, que este Camiño está por facer, e que o poden facer nos próximos anos con independencia de que sexa 2010, 2011, ou calquera ano ata o 2021, que celebraremos o seguinte Xacobeo”, afirmou

Así, Núñez Feijóo salientou que esta ferramenta de Google permitirá a Galicia abrirse ao mundo, amosarse a todos. “O 2010 é un ano especial no que Galicia quere mostrarse orgullosa do que é, comunicar quenes somos, onde vivimos, que levamos aquí moito tempo, que contribuímos ao que hoxe se entende como Unión Europea. Queremos comunicar que somos un país distinto, único, un lugar onde merece a pena vir, e merece a pena volver; un lugar que merece sen dúbida ser coñecido”, remarcou.

Nesta liña, o mandatario galego cualificou como unha oportunidade para Galicia a nova aplicación Google- Xacobeo. “Porque certamente, o que coñece Galicia non lle pasa desapercibida, o que coñece Galicia coñece a súa historia, o seu patrimonio, coñece a súa paisaxe, unha terra verde e azul, unha praias distintas, de rías baixas, altas, atlánticas, cantábricas, de mar aberto ou de rías recónditas. O que coñece Galicia coñece un sitio distinto”, concluíu.

R., 2009-11-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (sica-lugo-2025.jpg) Foi presentada a XLVII Semana de Cine de Lugo, que se desenvolverá entre os días 22 e 27 de setembro. O Grupo Cinematográfico Fonmiñá presentou un completo cartel que suma arredor de 200 proxeccións e actividades paralelas en cinco sedes. A Semana de Cine tamén servirá para homenaxear á actriz galega María Vázquez e a Enrique Muiño, 'O gaucho galego', que terán a súa placa no Paseo do Cine do parque de Frigsa, así como aos fotógrafos Atín Aya e Mercedes Vázquez. O programa complétase con outras actividades como unha mesa redonda sobre o alzhéimer, unha exposición sobre a Muralla de Lugo ou un concurso de escaparates.
Foto de la tercera plana (mar-litoral.jpg) Galicia xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no futuro catálogo de bens de valor cultural no litoral. Un traballo que se desenvolveu en tan só dous meses desde a asunción das funcións e servizos en materia de ordenación e xestión do litoral por parte do Executivo galego. A Lei de ordenación e xestión integrada do litoral en Galicia (Loxilga), en vigor desde hai dous anos, converteu Galicia na primeira Comunidade Autónoma en regular por lei a totalidade da súa costa, exercendo desde o pasado 1 de xullo a súa xestión plena e efectiva co traspaso das funcións e servizos correspondentes. Este marco normativo supón un punto de partida que dota a Galicia da capacidade de actuar e planificar o futuro do seu litoral.

Notas

A Unión Astronómica Internacional (UAI) acaba de bautizar un asteroide co nome ‘(14005) Ferrinmoreiras’ na honra da científica Antonia Ferrín Moreiras, pioneira na USC e en España. Foi a primeira muller en formar parte do cadro de profesores da Facultade de Matemáticas da USC, a primeira en realizar investigacións no compostelán Observatorio Astronómico ‘Ramón María Aller’ e a primeira doutora en astronomía de España.
O campus de Vigo destaca como un espazo de grande interese arqueolóxico, con varios xacementos que revelan a súa riqueza prehistórica, como o do Monte das Cabanas ou o das Xunqueiras/Pedreiras. Este último está sendo nas últimas semanas obxecto dunha escavación arqueolóxica froito dun convenio entre a Xunta e a UVigo, estase a estudar a mámoa número 2 deste conxunto tumular como parte dun programa de investigación, conservación e difusión e socialización do patrimonio arqueolóxico do campus olívico.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES