
Ter a confirmación de que o Estado vai incluír medios e recursos suficientes para a difusión do Xacobeo na presidencia da UE é unha excelente noticia para Galicia, pero creo que tamén é unha excelente noticia para España, resaltó Feijóo, quen sinalou que a celebración na Comunidade de consellos de ministros da UE proba que o Goberno de España entende perfectamente que o Xacobeo 2010 pode ser unha marca magnífica para a presidencia española da UE.
En su comparecencia ante los medios de comunicación, el titular da Xunta expresó la total disposición del Gobierno gallego a colaborar lealmente co Goberno de España a prol do éxito da presidencia da Unión Europea, desde el convencimiento de que esto redundará en el éxito de España y de Galicia. En ese sentido, Feijóo destacó que la presidencia da UE debe ser una oportunidad para empezar a gañarlle a partida á crise económica, y defendió que esta sea una de las prioridades del Gobierno de España.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.