Noticias

El PPdeG denuncia que el Consello de Contas detectó anomalías y retrasos en el proyecto del nuevo hospital de Vigo durante el bipartito

El PPdeG denuncia que en su Informe de fiscalización del ejercicio 2006 detecta anomalías y retrasos en el proyecto del nuevo hospital de Vigo, así como en los gastos de publicidad durante el Gobierno bipartito (PSdeG-BNG) en la Xunta de Galicia. Dice que no se pudo verificar el método de determinación del importe de los honorarios.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Grupo Parlamentario del PPdeG:

Unha caixa de sorpresas. Logo de acreditarse que o bipartito modificou a adxudicación do anteproxecto do novo hospital de Vigo para outorgalo a unha empresa vinculada a altos cargos que daquela formaban parte da Consellería de Sanidade, agora, o Consello de Contas saca á luz novas anomalías en relación con esa obra, segundo denunciaron en Vigo os deputados do Grupo Popular Ignacio López-Chaves e Miguel Santalices.

Así indicaron que o Informe de fiscalización da área de contratación do Sergas no exercicio de 2006 desvela que “na contratación da redacción dalgún dos proxectos examinados (novo Hospital de Vigo) non se puido verificar o método de determinación do importe dos honorarios que se afastou nas normas xerais de cálculo”.

Segundo Ignacio López-Chaves o Consello de Contas afirma que “a existencia dun precedente de licitación máis económico sobre o mesmo traballo esixiría unha fundamentación abondo do motivo polo que o SERGAS se afastou das normas xerais de cálculo” e o mesmo Consello se pregunta cómo na etapa do Goberno bipartito PSOE-BNG se pagaban mais honorarios por un proxecto que os que se licitaran no do anterior Xunta do PPdeG, nun proxecto mais complexo.

Esto ven a confirmar, segundo Miguel Santalices, que na planificación na área de Vigo e no hospital houbo “derroche e despilfarro” e nos expedientes examinados polo Consello non se encontraron adxudicacións a oferta mais baixa.

O Informe do Consello tamén cuestiona que “a pesar da declaración de urxencia do expediente,entre o inicio do mesmo e a adxudicación pasaron mais de 20 meses”. Para López-Chaves “ o único que fixeron no Hospital de Vigo en catro anos, e agora vemos que o Consello de Contas confirma o que denunciara o PPdeG, estivo mal e tivo un deliberado retraso. Non elaboraron en catro anos nin tan sequera o proxecto de execución do Hospital, e encima pagaron mais por menos e con mais retraso”.

Segundo os deputados populares o Informe tamén desvela que os gastos de publicidade do novo Hospital que realizou a anterior Xunta bipartita para “dar a coñecer o inicio do proxecto” foron executados mal, e existiu un fraccionamento dos tres contratos que examinou o Consello o dividir en tres expedientes unha mesma necesidade pública.

O propio Consello sinala que en dous deses contratos de publicidade, fraccionados de forma incorrecta, a dirección dos adxudicatarios, que aparecen formalmente como distintas empresas, é a mesma e que os expedientes se tramitaron con cargo a un Capítulo do presuposto do SERGAS que non é o correcto xa que o imputaron como inversión e non como gasto de publicidade.

Miguel Santalices señalou que o informe tamén constata anomalías e cuestiona decisións organizativas adoptadas durante o cuadrienio bipartito na área de Vigo e deste xeito cuestiona a creación de Galaria xa que “pódense producir dificultades na actividade asistencial”.

Así mesmo o Informe acredita as carencias en planificación económica financeira dos xestores do MEDTEC, xa que as previsións distaron da realidade, e tamén constata a carencia de documentación que xustifique os actos do MEDTEC na súa xestión.

O deputado Miguel Santalices tamén fixo referencia ao Informe de adquisición de implantes cirúrxicos 2007, tamén presentado recentemente polo Consello de Contas, no que se denuncia que o CHUVI tan só adquiriu por concurso público as lentes e a maioría das adquisicións se efectuaron sen a publicidade e concorrencia que indica a lei.

Fotografía: Archivo GD.

R., 2009-08-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES