
La Comunidad de Trabajo Galicia-Norte de Portugal proyecta impulsar "un lobby" de influencia en Europa con el objetivo de negociar "con éxito" en el nuevo reparto de fondos comunitarios para el período 2014-2020 y lograr que las "necesidades" de ambas regiones se vean "reflejadas" en el nuevo marco financiero europeo. Así lo avanzó el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quien se desplazó a Oporto (Portugal) y firmó con el titular de la Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Carlos Lage, un documento para "relanzar" la Comunidad de Trabajo, "reforzar" la cooperación en la Eurorregión y "consolidar" su papel en el nuevo escenario europeo.
Con tal fin, Feijóo resaltó la intención de la comunidad de trabajo de impulsar una acción de "lobby" sobre la Comisión Europea, con "influencia" en Bruselas y Estrasburgo que, según explicó, trabajará para preparar el período-marco financiero de 2014-2020 de los fondos europeos 'Interreg'. El objetivo último es "recuperar el dinero perdido" en la última negociación, donde la eurorregión "pasó de 600 a 200 millones de euros". "Es necesario coordinar las actuaciones conjuntamente", proclamó el presidente gallego antes de asegurar, como hizo Lage, que el memorando que ambos mandatarios suscribieron hoy en Oporto supone el inicio "de una nueva etapa de cooperación". De hecho, en la reunión previa a la firma de este documento, Lage y Feijóo acordaron crear "un grupo de reflexión" para diseñar la reforma de la Comunidad de Trabajo con sus "modificaciones operacionales" y nuevas líneas políticas.
En su primera visita a un país extranjero como presidente autonómico, Núñez Feijóo reiteró su "compromiso político" con la Comunidad de Trabajo -creada en 1991- y recordó que ésta es una organización pionera en la Península Ibérica en el ámbito de la cooperación transfronteriza entre entes subestatales, cuyo "liderazgo" ha sido reconocido por la Comisión Europea. El presidente gallego insistió en que ambas regiones se enfrentan "a un nuevo tiempo" en el que se necesita poner en marcha "la cooperación de segunda generación". Así, abogó por una "intensificación" de la participación de la Comunidad de Trabajo en todos los asuntos relacionados con la cooperación transfronteriza y la "integración" de los nuevos actores. Para ello, Núñez Feijóo informó del acuerdo de creación, en el seno de la Comunidad de Trabajo, de dos nuevas comisiones sectoriales para Cultura y Universidades -que incluirá además cuestiones de lengua, educación y turismo- y otra de juventud. El objetivo de Feijóo es que la primera comisión permita a ambas regiones "aprovechar" conjuntamente las "sinergias" del Xacobeo 2010 y de la capitalidad europea de Guimaraes en 2012.
Por otra parte, remarcó que la "complementariedad" de la oferta del Norte de Portugal y de Galicia permite formar "paquetes turísticos integrados" en sectores emergentes, como el turismo termal y de agua, el religioso o el vinculado a la naturaleza. Al tiempo, indicó que esta "complementariedad" permitirá alcanzar resultados como la "promoción conjunta" en destinos lejanos. En relación con la futura comisión de juventud, Feijóo señaló que su función será "integrar" y representar al mundo asociativo juvenil transfronterizo, dándole protagonismo a un colectivo con importantes potencialidades en el marco del voluntariado, deportes, iniciativas empresariales y en la creatividad.
Durante la reunión, ambos mandatarios revisaron el papel futuro de los diferentes organismos integrantes de la Comunidad de Trabajo. Así, valoraron el rol del Eje Atlántico como "voz urbana" de la Eurorregión y de la Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) -con sede en Vigo- que, según Feijóo, será "el brazo ejecutor" de las políticas de cooperación que se definan entre Santiago y Oporto. Feijóo y Lage situaron hoy el mes de octubre como la "data máxima" para que esta Agrupación empiece a funcionar. El organismo contará con un director portugués y un director adjunto gallego. "En otoño podremos presentar ya sus contenidos y fechas concretas", garantizó el presidente gallego.
En relación con la Fundación Galicia-Europa, Núñez Feijóo señaló que tendrá un área "específicamente dedicada" a la cooperación transfronteriza y colaborará con la Comunidad de Trabajo en el diseño de la estrategia y el la búsqueda de socios que "colaboren" para influir en las autoridades comunitarias en la preparación del nuevo marco financiero. Feijóo y Lage coincidieron, igualmente, en la "importancia" de impulsar la 'eurociudad' Verín-Chaves como una "experiencia pionera" que podría servir de "modelo exportable" para actividades "semejantes" que, canalizadas a través de la Comunidad de Trabajo, se extiendan a otras áreas de ambos lados de la frontera. El presidente gallego realizó un llamamiento a las entidades públicas y privadas para que se "impliquen" en la consolidación de la Eurorregión para darle "mayor dimensión económica y proyección exterior", alcanzando "una auténtica cooperación en red".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Carlos Lage, manifestaron o seu compromiso co relanzamento da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal para reforzar a cooperación transfronteiriza e consolidar o papel da Eurorrexión no novo escenario europeo. Ambos os dous mandatarios deixaron constancia do inicio dunha nova etapa na cooperación no memorando que asinaron logo da xuntanza que mantiveron esta mañá en Porto e na que acordaron a creación dun grupo de reflexión que deseñe a reforma da Comunidade de Traballo.
Na súa primeira visita a un país estranxeiro como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou o seu compromiso político coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, lembrando que se trata dunha organización pioneira na península ibérica no eido da cooperación transfronteiriza entre entes subestatais. Desde a súa creación en 1991, apuntou, foi o motor da cooperación entre os dous territorios, que ocupou sempre un papel de liderado, recoñecido mesmo pola Comisión Europea.
Feijóo e Lage sinalaron que a aparición de novos axentes de cooperación fai necesario relanzar a Comunidade de Traballo para que asuma un papel vertebrador, coordinando as diferentes actuacións, intervindo en novos ámbitos de cooperación e liderando aos diferentes actores implicados. Nesa liña, anunciaron que un grupo de reflexión preparará o documento base coas modificacións operacionais e as novas liñas políticas.
O presidente galego mostrouse convencido da necesidade de coordinar actuacións conxuntas da Comunidade de Traballo e dos seus membros, así como dos Gobernos de España e Portugal para que as necesidades da Eurorrexión se vexa reflectidas nas directrices europeas para o próximo período de programación comunitaria de carácter financeiro para o período 2014-2020. Nese sentido, o titular da Xunta sinalou que a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal impulsará unha acción de lobby sobre a Comisión Europea.
Será, manifestou Feijóo, un lobby de influencia en Europa, en Bruxelas e Estrasburgo que traballará para preparar o período-marco financeiro do 2014-2020 dos fondos europeos INTERREG, co obxecto de recuperar o diñeiro perdido na última negociación, onde pasamos de 600 millóns de euros a 200 millóns.
Estamos nun novo tempo. Temos que poñer en marcha a cooperación de segunda xeración, afirmou o presidente galego, quen incidiu na necesidade de fixar os obxectivos en consonancia coa situación actual, adaptando os instrumentos existentes e incluíndo aos novos actores emerxentes.
Así, avogou por unha intensificación da participación da Comunidade de Traballo en todos os asuntos relacionados coa cooperación transfronteiriza e integrando nela aos novos actores que foron xurdindo neste tempo.
O máximo mandatario autonómico informou do acordo de creación, no seo da Comunidade de Traballo, de dúas novas comisións sectoriais, unha de Cultura e Universidades, que incluirá ademais temas de lingua, educación e turismo, e outra de Xuventude. Feijóo sinalou que a comisión de Cultura e Universidades permitiría aproveitar as sinerxías do Xacobeo 2010 e da Capitalidade Europea de Guimaraes en 2012.
Por outra banda, remarcou que a complementariedade da oferta do Norte de Portugal e de Galicia xera sinerxías para formar paquetes turísticos integrados en sectores emerxentes, como o turismo termal e de auga, o relixioso, ou o de natureza. Ao mesmo tempo, indicou que a complementariedade permitiría acadar resultados como a promoción conxunta en destinos lonxanos que serían moito máis difíciles se cada un actuase por separado.
En relación coa futura comisión de xuventude, o xefe do Executivo autonómico sinalou que a súa función será integrar e representar ao mundo asociativo xuvenil transfronteirizo, dándolle protagonismo a un colectivo con importantes potencialidades no marco do voluntariado, nos deportes, nas iniciativas empresariais e na creatividade.
Durante a xuntanza, ambos os mandatarios revisaron o papel futuro dos diferentes organismos integrantes da Comunidade de Traballo. Así, puxeron en valor o rol do Eixo Atlántico como voz urbana da Eurorrexión, e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), que será, o brazo executor das políticas de cooperación que se definan entre Santiago e Porto, no seo da Comunidade de Traballo.
O presidente da Xunta subliñou que na xuntanza de hoxe se acordou fixar o mes de outubro como data máxima para empezar a funcionar a Agrupación Europea de Cooperación Territorial, un organismo que terá a sede definitivamente en Vigo, un director portugués e un director adxunto galego. Feijóo apuntou que a AECT aínda non arrincou, e confiou en que en outono se poidan presentar xa os seus contidos e datas concretas e empece a funcionar como o motor técnico para poñer en valor a cooperación interrexional.
En relación coa Fundación Galicia-Europa, o titular da Xunta sinalou que esta terá unha área especificamente dedicada á cooperación transfronteiriza e colaborará coa Comunidade de Traballo no deseño da estratexia e na busca de socios que colaboren para influír nas autoridades comunitarias na preparación das vindeiras perspectivas financeiras para 2014. Ademais, sinalaron que se impulsará a actividade dos concellos, freguesías e parroquias, que desenvolven actuacións máis apegadas ao terreo en eidos materiais facilmente perceptibles polo cidadán.
Feijóo e Lage coincidiron finalmente en destacar a importancia de impulsar a eurocidade Verín-Chaves, como unha experiencia pioneira que pode servir de modelo exportable para outras actividades semellantes que, canalizadas a través da Comunidade de Traballo, se estendan a outras áreas de ambos os dous lados da fronteira.
Alberto Núñez Feijóo realizou ademais un chamamento ás entidades públicas e privadas para que se impliquen na consolidación da Eurorrexión para darlle unha maior dimensión económica e proxección exterior, acadando así unha auténtica cooperación en rede.
Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.