
Nota de prensa remitida por Ficción Producciones:
A curtametraxe Por nada, dirixida por Dani de la Torre e Toni Veiga, vén de gañar o Premio á Mellor Curtametraxe no Festival de Cans. O xurado premiou por unanimidade esta peza de Ficción Producciones por ser unha obra na que todos os elementos están equilibrados: a historia, a narrativa empregada, as interpretacións, o ritmo.... Con guión de Toni Veiga, protagonizada polos actores Miguel García e Carlos Fernández e baseada nunha idea de Manolo Dios, Por nada participa tamén esta semana en Madrid no prestixioso festival de curtametraxes Cortogenia 2009.
Trátase dunha historia baseada nos feitos reais descritos na reportaxe Matar por diversión realizada polo xornalista Diego Bagnera para XL SEMANAL, unha crónica do tedio que goberna a vida de moitos adolescentes e que os empurra a unha espiral de violencia, odio e autodestrución.
Por nada narra de xeito trepidante unha realidade ficcionada a través dunha estética e un enfoque documentais. A cámara ao hombro, o plano afastado e imperfecto, e unha áxil sintaxe transmiten unha idea de neutralidade e convirten Por nada nunha xanela indiscreta a unha das fatalidades cotiás da nosa sociedade.
Alén, o xoves 28 de Maio proxéctase Por nada no Cine Capitol de Madrid, no seo do Festival Cortogenia 09, un dos escaparates de referencia no mundo da curtametraxe a nivel internacional
Os sistemas de almacenamento enerxético resultan fundamentais para dar estabilidade ao sistema, tanto desde o punto de vista técnico como económico, grazas a súa contribución á resiliencia da rede e na redución das oscilacións dos prezos da factura eléctrica. Na actualidade Galicia conta con 46 expedientes de baterías en tramitación, que suman 492,75 MW, aos que hai que engadirlle outros 3 expedientes (17,75 MW) xa autorizados.
Foi presentada a nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, froito da colaboración entre o Executivo autonómico e a Federación Galega de Comercio, que se desenvolverá entre o 10 e o 30 de abril de 2026. Esta iniciativa ten como obxectivo incentivar e dinamizar o comercio de proximidade. Para iso, sortearanse 20.000 euros en premios entre as persoas consumidoras que realicen compras nos establecementos adheridos durante o período da campaña.