Noticias

Feijoo da a coñecer ó seu novo equipo de goberno

O equipo de Alberto Núñez Feijoo publicou a estrutura do seu grupo de goberno na Xunta de Galicia, que tomará posesión dos seus cargos na mañá do luns, coincidindo coa difusión dos nomeamentos no Diario Oficial de Galicia. Os novos conselleiros serán Alfonso Rueda, Agustín Hernández Fernández, Beatriz Mato Otero, Javier Guerra Fernández, Jesús Vázquez Abad, Marta Fernández Currás, Pilar Farjas Abadía, Roberto Varela Fariña, Rosa Quintana Carballo e Samuel Juárez Casado.

Deste xeito o listado das novas Consellerías e os seus máximos responsables queda como sigue:

Alfonso Rueda - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia

Agustín Hernández Fernández de Rojas - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

Beatriz Mato Otero - Consellería de Traballo e Benestar

Javier Guerra Fernández - Consellería de Economía e Industria

Jesús Vázquez Abad - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Marta Fernández Currás - Consellería de Facenda

Pilar Farjas Abadía - Consellería de Sanidade

Roberto Varela Fariña - Consellería de Cultura e Turismo

Rosa Quintana Carballo - Consellería do Mar

Samuel Jesus Juárez Casado - Consellería de Medio Rural

R., 2009-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES