Noticias

La Ejecutiva del BNG nombra a Carlos Aymerich portavoz del grupo parlamentario nacionalista

La Ejecutiva Nacional en funciones acordó el nombramiento de Carlos Aymerich y de Ana Pontón como portavoz y viceportavoz del grupo parlamentario del BNG, respectivamente, en la nueva legislatura del Parlamento de Galicia que se constituye el 1 de abril en el Pazo do Hórreo de Santiago de Compostela.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

A Executiva Nacional do BNG acordou, por unanimidade, os nomeamentos de Carlos Aymerich e Ana Pontón como portavoz e viceportavoz do grupo parlamentar nacionalista, respectivamente.

A Executiva Nacional, en funcións, foi facultada polo Consello Nacional para distribuír as responsabilidades dentro do novo grupo parlamentario da formación nacionalista.

A Executiva Nacional acordou tamén que o BNG respaldará activamente o as mobilizacións dos labregos galegos en defensa dun prezo xusto para o leite e contra as prácticas de dúmping comercial sobre a base da importación de leite foráneo.

Asemade, o órgao de dirección nacionalista expresou a súa adhesión á manifestación que a Mesa pola Normalización Lingüística convoca para o próximo 17 de maio en Santiago de Compostela en defensa da nosa lingua.

O BNG traballará intensamente para que esta mobilización en defensa do idioma galego sexa o máis masiva posíbel.

Carlos Aymerich (datos recollidos en www.galegos.info):

Naceu en Vigo en 1967. Profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, é autor de diferentes monografías e traballos científicos sobre materias da súa especialidade e, nomeadamente, contratación púbilca, organización territorial do Estado e dereitos das pesoas presas.

Militante do BNG dende 1993, membro do Consello Nacional dende 2001 e da Executiva Nacional dende 2003, desempeñando o cargo de Secretario de Acción Institucional.
Deputado en Madrid pola provincia da Coruña (2000-2004) Deputado pola Coruña e portavoz do grupo parlamentar do BNG na cámara galega na lexislatura 2005-2009.

Coordenador do relatatorio que redactou a proposta articulada do texto de Novo Estatuto do BNG e membro da comisión parlamentaria que elaborará a máxima lei galega.

Ana Pontón (datos recollidos en www.galegos.info):

Naceu en Sarria (Lugo) en 1977. É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela.

Milita en Galiza Nova e no BNG dende os 17 anos. Trasládase a Santiago de Compostela no ano 1994 para cursar os seus estudos universitarios, participando no movemento estudantil nos Comités Abertos de Facultade (CAF). Durante este período foi representante na Xunta de Facultade e no Claustro.

Foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova durante os anos 2000-2004 e da súa Comisión Permanente, ostentando a responsabilidade de organización nos anos 2000-2003. Participou na Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

Forma parte do Consello Nacional do BNG dende a IX Asemblea Nacional e na actualidade é membro da Executiva como responsábel da Secretaría de Políticas para a Mocidade.

Foi deputada do Parlamento Galego na anterior lexislatura desde o ano 2004 e portavoz en temas de mocidade e igualdade de xénero.

Participou en diversos eventos a nivel internacional, entre os que figura o Festival Mundial da Xuventude Democrática, celebrado en Cuba no ano 1997, dentro da representación que enviou Galiza; a Marcha Mundial das Mulleres, celebrada en Bruxelas no ano 2000, e no Fórum Social Mundial, celebrado en Porto Alegre (Brasil) no ano 2002.
Durante a última lexislatura foi deputada do BNG no Parlamento Galego e exerceu como portavoz de Mocidade, Medio Ambiente e Igualdade, alén de presidenta da Comisión de Agricultura.

Foi candidata número dous do BNG pola Coruña ás eleccións galegas do 1 de marzo.

R., 2009-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES