Noticias

La vicepresidenta del Gobierno participa en la puesta en marcha de las obras del túnel más largo del Eixo Atlántico en el acceso del AVE a Vigo

La vicepresidenta del Gobierno, María Teresa Fernández, asistió en Redondela a la puesta en marcha de la tuneladora que se empleará en la construcción del túnel más largo del Eixo Atlántico, ubicado en el acceso del AVE a Vigo. Durante este acto, el presidente de la Xunta señaló que el Gobierno de España multiplicó por cien la inversión en el tren de alta velocidad gallego, y por cinco el ritmo de ejecución de las obras desde abril de 2004. La vicepresidenta aprovechó su visita a Galicia para anunciar que el Estado asumirá el 100% del coste de la ampliación de la AP-9 en la circunvalación de Santiago de Compostela.

La vicepresidenta del Gobierno, María Teresa Fernández de la Vega, acudió a Redondela para pulsar el botón que simbólicamente marca el inicio de los trabajos de las tuneladoras que excavarán el que será el túnel más largo del AVE en el Eixo Atlántico. Se trata del paso subterráneo de más de ocho kilómetros de longitud que conectará As Maceiras, en Redondela, con la nueva estación que se construirá en Vigo. Son las primeras máquinas de estas dimensiones que se utilizan en Galicia y son similares a las que han excavado los túneles de Guadarrama. Según el Ministerio de Fomento, se estima que el el túnel se tardará en construir unos 20 meses.

Las dos tuneladoras de doble escudo, de 8,5 metros de diámetro, realizarán los túneles paralelos por los que discurrirá la nueva línea ferroviaria. El trazado será practicamente rectilíneo, excepto en los extremos que acaban en curva. Los dos túneles estarán conectados entre sí mediante galerías transversales cada 400 metros.

La vicepresidenta del Gobierno también ha anunciado el compromiso del Ejecutivo con la ampliación de la AP-9. En concreto dijo que el Gobierno asumirá íntegramente la circunvalación de Santiago y destinará 30 millones de euros para iniciar la ampliación de los accesos por la AP-9 a A Coruña y Vigo, por el puente de Rande.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, congratulouse ante o compromiso anunciado polo Goberno de España da ampliación da AP-9 na circunvalación de Santiago. A vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, avanzou esta mañá en Redondela que o Executivo español asumirá “integramente o custo da ampliación da circunvalación de Santiago, 88 millóns de euros”, que ademais destinará 30 millóns de euros “para iniciar os traballos de ampliación da AP-9 no acceso á Coruña e na Ponte de Rande”. “É un proxecto polo que traballei cada minuto da miña vida como presidente”, asegurou Emilio Pérez Touriño, quen recoñeceu o esforzo do Goberno de España por facer realidade este compromiso. Resaltou que “alí onde a AP-9 é unha circunvalación, e por tanto é competencia exclusiva do Estado, o Goberno asume o cento por cento da ampliación”. Por outro lado, indicou que nos casos que non é así, como na ponte de Rande e no acceso á Coruña, “recibimos a gran noticia do compromiso do Goberno de impulsar a ampliación adiantando financiamento e recursos”.

O xefe do Goberno galego destacou a importancia para Galicia da ampliación dunha “columna vertebral” que, segundo dixo, “quedara pequena e estreita” e contrapuxo esta actuación coas levadas a cabo polo Goberno do PP que ampliou a concesión da peaxe ata o ano 2048 “sen explicación” e despois privatizou “o principal patrimonio público deste país”.

O presidente da Xunta e a vicepresidenta do Goberno de España asistiron ao inicio dos traballos da tuneladora das Maceiras, unha obra que canaliza a entrada en Vigo do tren de alta velocidade. Nese acto o titular do Executivo autonómico puxo en valor o compromiso do Goberno de España co desenvolvemento da alta velocidade ferroviaria en Galicia e indicou que o actual Goberno español multiplicou por cen o investimento do AVE en Galicia. Así, Touriño resaltou que en abril do ano 2004 tan só estaban executados 6 millóns de euros do AVE galego, mentres que hoxe están executados e execución máis de 700 millóns de euros, ao tempo que se multiplicou por cinco o ritmo de execución do investimento que cualificou como “un cambio sen precedentes”.

Pérez Touriño afirmou que cando asumiu o Goberno da Xunta Galicia padecía “unha discriminación histórica negativa” e recibía do Estado menos do que lle correspondía polo seu peso poboación e económico e un 20% menos que a media española. Agora, indicou, existen un Goberno de España e un goberno galego que mudaron esa situación, de xeito que a Comunidade Autónoma recibe un 30% máis que a media do Estado, por riba da súa achega ao PIB e da súa poboación. Emilio pérez Touriño cualificou de “esforzo de cohesión e solidariedade sen precedentes” o compromiso do Goberno de España con Galicia, levando a cabo proxectos que permiten constatar que “outra Galicia é posible”. Así sinalou que o AVE que conectará Galicia coa meseta e que percorrerá o seu litoral “é un soño que marca, sinala e debuxa unha Galicia diferente”.

O presidente afirmou que “nada será igual cando, nun horizonte que tocamos xa coa man” o tren de alta velocidade conecte as principais áreas urbanas de Galicia con España e Europa. Ademais destacou a importancia do papel que xogará Galicia no arco atlántico, subliñando o esforzo realizado polos Goberno de España e Portugal para impulsar a conexión entre Vigo - Porto por AVE. Touriño remarcou que entrada en servizo do tren de alta velocidade en Galicia en 2012 suporá a creación dunha necesaria “masa crítica de comunicación, actividade e enerxía co AVE como columna vertebral”. Nesa liña, insistiu en que “estamos asistindo á maior transformación da historia de Galicia” e apelou á “en tempos de crise e incertidume confiar na forza inmensa deste país”.

NoticiaO presidente da Xunta como a vicepresidenta do Goberno de España coincidiron en sinalar a relevancia das obras do túnel das Maceiras, nas que se emprega unha tuneladora con “tecnoloxía de vangarda”, resaltou Touriño, que permitirá rematar os traballos en 18 meses. O titular da Xunta subliñou que este túnel representa o enganche fundamental entre a conexión de Vigo coa Meseta e do eixo atlántico de alta velocidade e a súa conexión co Norte de Portugal. Ademais, Pérez Touriño indicou que este túnel se complementará con outro que canalizará a saída sur de Vigo cara á Tui e Portugal, conformando un proxecto que evita o desgarramento do tecido urbano da cidade olívica mediante o uso de vías soterradas.

Pola súa banda, Fernández de la Vega resaltou que o eixe atlántico de alta velocidade permitirá reducir a menos dunha hora o tempo de viaxe entre Vigo e A Coruña, actualmente de dúas horas e media, e a 40 minutos a conexión entre Santiago e Vigo, que hoxe supón 90 minutos. “O Goberno de España está plenamente comprometido coa mellora da mobilidade desta terra”, afirmou a vicepresidenta, quen insistiu no compromiso de ofrecer “un transporte rápido e de alta capacidade entre os centros das principais cidades da costa atlántica galega”.

R., 2009-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES