Noticias

A Lei de Internet dá un paso máis cara á súa aprobación

A lei de "Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico" (LSSI) foi aprobada polo Senado, a pesar do rexeitamento da oposición.

"El País" recolle en páxinas de sociedade que o Pleno do Senado aprobou o
dictame da Comisión de Ciencia e Tecnoloxía sobre o "Proyecto de Ley de
Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico" (LSSI), a
pesar das críticas que este proceso recibiu de parte da oposición. Nun debate
de cinco horas, o Senado non aceptou os catro proxectos de veto nin as
arredor de 100 enmendas presentadas.
A ministra de Ciencia e Tecnoloxía, Anna Birulés, está satisfeita coa nova
ordenación do sistema de direccións de Internet baixo o dominio ".es", coa
creación de subdominios para garanti-la súa disponibilidade e para a
protección da infancia.
O senador do PSOE Félix Lavilla, califica o paso deste texto polo Senado como
"oscurantista, engañoso y nada transparente, ya que se ha cambiado entera
en el Senado sin que la sociedad haya sabido cómo se atentaba contra su
intimidad".
O texto terá que ser definitivamente estudiado polo pleno do Congreso.

A. Carreira, 2002-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES