Noticias

25.000 vehículos circularán cada día por la nueva autovía Santiago-Brión que ya está abierta al tráfico

La entrada en funcionamiento del nuevo vial permitirá agilizar el desplazamiento de más de 130.000 usuarios que diariamente hacen el trayecto entre Santiago y Brión donde se encuentran algunas de las urbanizaciones de nueva construcción y vinculadas a la capital gallega como "zonas dormitorio". La autovía de 12'6 kilómetros es libre de peaje y servirá como circunvalación a Milladoiro (Ames), lo que implicará un ahorro del 70% del tiempo de desplazamiento.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha inaugurado la autovía Santiago-Brión, un vial de 12,6 kilómetros libre de peaje por el que está previsto que circulen 25.000 vehículos diarios y que dé servicio a unas 133.000 personas del área urbana de Santiago. Además de la entrada en funcionamiento de los 12,6 kilómetros de autovía entre Santiago y Brión, de la nueva infraestructura parte un corredor de 3,3 kilómetros que parte de Pardiñas y enlaza con As Galanas y Biduido, por lo que servirá de «circunvalación» a Milladoiro, uno de los núcleos de población más habitados del área metropolitana compostelana.

El jefe del Ejecutivo autonómico indicó que la puesta en marcha de la autovía supone un ahorro del «70%» del tiempo del trayecto, que durará siete minutos y medio, por lo que miles de ciudadanos se verán beneficiados y lo harán «con seguridad y con confianza».
Pérez Touriño destacó que la entrada en funcionamiento de esta infraestructura no es un elemento «aislado», ya que con los 12,6 kilómetros inaugurados hoy, en lo que va de legislatura se han puesto en marcha 40 kilómetros de autovía libres de peaje, según dijo. «Y durante 2008 entrarán en servicio otros 40 kilómetros más, por lo que en tres años se habrán puesto en funcionamiento 80 kilómetros de autovías libres de peaje», concluyó.

Según el presidente gallego, esta cifra contrasta con los 27 kilómetros que había en servicio hasta ahora, lo que demuestra que el país «avanza, progresa y gana en confianza y modernidad».
Pérez Touriño recordó que la articulación del territorio es uno de los elementos clave de su Gobierno, por lo que esta infraestructura que acercará Santiago a la costa y viceversa, es una buena prueba de ello.

En esta línea el titular de la Xunta invitó a los asistentes a pensar en un horizonte de cuatro a cinco años, en los que destacó que 300 kilómetros en vías de alta capacidad recorrerán la fachada atlántica y entrarán en servicio, además, las vías de alta capacidad interiores, que servirán de «alternativa» a la AP-9. Todas estas actuaciones están recogidas en el Plan de Infraestructuras de Galicia (Pitgal) que Pérez Touriño aseguró que será presentado después de las elecciones generales para que no se haga una lectura interesada que no es «conveniente ni procedente».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, inaugurou, xunto á conselleira de Política Territorial, a Autovía AG-56, de 12,6 kms de lonxitude (máis un ramal de 3,3 kms), que unirá Santiago con Brión. No acto de inauguración, ao que asistiron os alcaldes dos municipios que máis directamente se verán beneficiados pola nova infraestrutura (Santiago, Ames e Brión), o presidente da Xunta anunciou que, cando remate 2008, serán 80 os novos quilómetros de autovías libres de peaxe postos en marcha polo seu Goberno. Esta cifra evidencia, en opinión de Pérez Touriño, que o país “avanza e progresa” e gaña en “confiabilidade” e en “modernidade”.

Pérez Touriño salientou no decurso da súa intervención no acto de inauguración, que a AG-56 dará servizo a unha media de 25.000 vehículos diarios e permitirá aos seus usuarios gañar ata “o 70 por cento” no tempo utilizado para o desprazamento. “Esta é unha magnífica actuación”, apostilou Touriño quen agradeceu o esforzo dos contribuíntes, a través dos seus recursos e impostos, e atribuíu á cidadanía en xeral a obra hoxe inaugurada. Froito da “vontade da cidadanía”, destacou Touriño, “estamos a construír país entre todos”.

Para o presidente da Xunta, a actuación hoxe inaugurada contribúe a “articular o territorio” e a permitir que Santiago se converta “no nó de referencia dunha gran área metropolitana”. Grazas a esta obra, “a costa achégase ao centro de Galicia e o centro de Galicia achégase á costa”, significou o máximo mandatario galego, o que repercute en que, finalmente, se gañe “capacidade económica”.

Paralelamente, o titular do Goberno galego asegurou que a infraestrutura posta hoxe en marcha “non é unha actuación illada” senón que se enmarca na aposta do actual Goberno galego por pór en servizo novas infraestruturas que permitan á poboación gañar en “calidade, seguridade, confortabilidade e mobilidade”. Aos 40 quilómetros de autovías libres de peaxe postos en marcha polo Goberno da Xunta desde 2005, sumaranse neste mesmo ano 2008 un total de 40 máis.

Neste marco, Touriño debuxou un futuro, que datou nun horizonte de 4 ou 5 anos, no que Galicia quedará articulada “internamente” por unha “amplísima rede de autovías maioritariamente libres de peaxe” e vai quedar conectada nas súas grandes “arterias de comunicación exterior” co resto de España, con Europa e con Portugal.

Segundo puxo de manifesto o presidente da Xunta, neste horizonte temporal todas as rías de Galicia quedarán conectadas a través de “vías de alta capacidade libres de peaxe”. Ao tempo, asegurou que se dará un “salto histórico” mediante a pota en marcha dun eixo interior, paralelo ao Eixo Atlántico, que unirá Ferrol con Lugo, con Ourense, Verín e Chaves ata chegar a Braga e Porto. Trátase dun “eixo interior paralelo á Autoestrada do Atlántico que equilibrará este país nese horizonte de próxima referencia e que está en plena execución”, significou Touriño.

O presidente da Xunta asegurou que todas estas actuacións futuras quedarán definidas no marco do Plan de Infraestruturas de Transporte que presentará a Xunta de Galicia o vindeiro mes de marzo, logo das eleccións xerais, e que poñerá a disposición do país, dos seus axentes sociais e do seu sector empresarial co fin de que a cidadanía teña opción de comprobar o traballo que está a realizar o Goberno galego “con vocación de anticipar o futuro” e de garantir “estabilidade”.

Ao tempo, as novas obras públicas contribuíran, segundo apreciou Pérez Touriño, a dinamizar a economía nun momento incerto. “Vimos de poñer en marcha un programa de impulso de licitación de obra pública que fará que en 2008 licitemos 1.575 millóns de euros de obra pública en Galicia”, asegurou o titular da Xunta.

Finalmente, o titular do Executivo autonómico trasladou aos asistentes ao acto de inauguración que hoxe puido coñecer o “índice adiantado que nos vai dar a evolución económica en 2007”. Segundo asegurou Touriño, Galicia rematou o último trimestre do ano cun crecemento 3 décimas por riba da media española, o que significa que a economía galega medrou 3,8 puntos en 2007, “unha cifra que revela que este país está traballando con vontade de seguir apostando pola confianza no futuro”.

Pola súa banda, a titular de Política Territorial, María José Caride, referiuse durante a súa intervención no acto de inauguración, a que a AG-56 permitirá reducir notablemente o tempo de traslado dos usuarios, desde os 25 minutos actuais ata os 8 minutos. Ao tempo, existe un corredor que permite “facer unha circunvalación ao Milladoiro, unha zona conxestionada de tráfico”, asegurou a conselleira, quen indicou que o ramal posto en marcha hoxe ten “vocación de continuidade” e estenderase ata Noia. Este “gran corredor”, no que se investirán máis de 200 millóns de euros, será “unha realidade” e comunicará a costa con Santiago “de xeito máis cómodo e máis seguro para todos os cidadáns”, manifestou Caride.

Ao tempo, Caride asegurou que nas novas infraestruturas que pon en marcha o actual Goberno galego non se aposta polos “proxectos máis baratos” senón por aqueles que presentan a “mellor combinación de características técnicas e económicas” porque redundarán no “interese de todos os galegos”. “Nesa estratexia imos seguir traballando”, concluíu a conselleira.

R., 2008-02-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES