Noticias

Pesca defiende una estrecha colaboración entre el sector y los científicos para conseguir una industria sostenible

Lo afirmó en Vigo en el acto inaugural de la reunión del Consejo Internacional para la Exploración del Mar (ICES) y de los Comités Consultivos Regionales Asesores de Pesca (RACs) de la UE, donde confió en que estas reuniones "mejoren la colaboración" entre profesionales e investigadores.

La conselleira de Pesca, Carmen Gallego, defendió hoy que el sector pesquero y la comunidad científica mantengan una "estrecha colaboración" para poder garantizar una "industria pesquera sostenible", puesto que la gestión de los recursos pesqueros "no mejorará" sin un trabajo conjunto. Así lo afirmó en Vigo en el acto inaugural de la reunión del Consejo Internacional para la Exploración del Mar (ICES) y de los Comités Consultivos Regionales Asesores de Pesca (RACs) de la UE, donde confió en que las reuniones "mejoren la colaboración" entre profesionales e investigadores.

En su intervención, Gallego destacó el papel de los RACs como organismos asesores regionales y se mostró esperanzada en que estos adquieran "un mayor protagonismo en la toma de decisiones". Además, la conselleira de Pesca apostó por avanzar en la consolidación de "instrumentos que faciliten una mayor fluidez en el diálogo y en la transferencia de conocimiento". En este sentido, se mostró a favor de "implicar al sector en la investigación aplicada" y en el impulso de la I+D marina, por lo que citó proyectos como la futura Cidade do Mar que, ubicado en Vigo, aspira a "consolidar un marco de referencia internacional" tanto en la investigación como en la transferencia tecnológica entre científicos y profesionales del mundo de la pesca.

Asimismo, recordó que "la experiencia y el sentido común dicen que no es posible conservar los recursos sin contar con el sector" y añadió que su departamento "impulsa" la participación activa de las organizaciones sectoriales en las medidas como en los planes de recuperación de pesquerías o en la gestión de la explotación de recursos.

Por su parte, el subdirector general del Instituto Español de Oceanografía (IEO), Eduardo Balguerías, que participó en la inauguración junto al secretario general del ICES, Ger Hubult, coincidió con la conselleira en destacar la "necesaria implicación de todos" para lograr que el sector avance de forma sostenible.

El encuentro entre los seis Consejos Consultivos Regionales de la UE y el ICES se desarrolla en el Museo del Mar de Vigo y está organizado por el IEO. En él se tratan temas de cooperación entre el sector y los científicos como, entre otros aspectos, la situación de especies de interés comercial como la caballa, la merluza, la anchoa, el jurel, la cigala o el bacalao.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

INTERVENCIÓN DA CONSELLEIRA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS NA INAUGURACIÓN DA REUNIÓN ANUAL DO CONSELLO INTERNACIONAL PARA A EXPLORACIÓN DO MAR (ICES) E DOS COMITÉS CONSULTIVOS REXIONAIS ASESORES DE PESCA (RACS)

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2008

Bos días,

Secretario Xeral do Consello Internacional para a Exploración do Mar,

Subdirector do Instituto Español de Oceanografía,

Investigadores e representantes do sector pesqueiro europeo,

En nome do Goberno galego, quero expresar a nosa satisfacción pola celebración en Vigo desta reunión conxunta do Consello Internacional para a Exploración do Mar e dos seis Consellos Consultivos Rexionais da Unión Europea. Vigo sobresae no mapa pesqueiro internacional pola dimensión da súa industria pesqueira; pero tamén, como síntese da extensa rede de investigación desenvolvida en Galicia ao redor das actividades vencelladas ao mar.

Moi próximos a este Museo do Mar de Galicia, no que nos atopamos, localízanse centros de referencia en investigación e tecnoloxía pesqueira vencellados á universidade, ao Goberno de España, á Xunta de Galicia, e á propia industria. Neste sentido, Vigo preséntase como un dos escenarios máis adecuados para debater sobre a necesidade de colaboración entre os científicos e o sector pesqueiro.
Estou convencida de que todos nós estamos de acordo en que non poderemos mellorar a xestión dos recursos pesqueiros sen unha estreita colaboración entre os investigadores e os profesionais do sector. É máis, creo que non é posible garantir unha industria pesqueira sustentable sen o traballo conxunto dos científicos e das empresas.

Pero tamén é certo que necesitamos avanzar na consolidación de instrumentos que faciliten unha maior fluidez no diálogo e na transferencia de coñecemento entre o mundo da investigación e os profesionais da pesca.

Precisamente un dos obxectivos prioritarios do goberno galego é conseguir unha maior aproximación entre as empresas e os centros de investigación, como factor de dinamización e modernización da sociedade.

Queremos implicar ao sector privado no desenvolvemento dunha investigación aplicada baseada no intercambio de coñecemento e de tecnoloxía entre as empresas e os investigadores. No caso da Consellería de Pesca esta prioridade traduciuse nun investimento, no ano 2007, de case dous millóns de euros en accións de investigación e convenios con empresas e entidades.

Ademais estamos prestando especial atención á integración das capacidades científicas e tecnolóxicas existentes en Galicia, co fin de optimizar recursos e impulsar a I+D mariña. Neste contexto, a futura Cidade do Mar en Vigo pretende consolidar en Galicia un marco de referencia internacional para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no ámbito mariño.

Neste ambicioso proxecto concrétase o noso obxectivo de dinamizar a converxencia de intereses públicos e privados; a integración da rede científico-tecnolóxica de Galicia e a súa coordinación coas redes nacionais e internacionais; e, por suposto, a transferencia de coñecemento entre os investigadores e os profesionais do mar.

A colaboración entre científicos e pescadores é fundamental para mellorar a xestión dos recursos pesqueiros. Ademais, a experiencia e o sentido común indícannos que non é posible desenvolver con éxito ningunha política de conservación dos recursos sen contar co compromiso dos profesionais do sector.

Desde a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia estamos impulsando a participación activa e a implicación das organizacións sectoriais nas medidas de xestión dos recursos; tanto no que se refire aos plans de recuperación de pesquerías, como a xestión da explotación dos recursos.

Neste sentido, non quero rematar sen referirme ao papel que están desempeñando os Consellos Consultivos Rexionais como órganos de asesoramento da Comisión Europea en materia de xestión pesqueira. Confío en que cada vez adquiran maior protagonismo na toma de decisións. Sen a implicación do sector non será posible avanzar no desenvolvemento dunha política pesqueira comunitaria.

Espero que as sesións de traballo que inauguramos contribúan a mellorar os esquemas de colaboración entre os científicos e os profesionais do mar. Tamén estou segura de que as posibilidades que ofrece Galicia, e concretamente Vigo, á marxe do programa de traballo, axudarán notablemente a mellorar ese clima de cooperación.

Moitas grazas

R., 2008-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES