
Nota de prensa de Galiciadigital.com:
A plataforma en Internet www.galiciadigital.com tivo en 2007 un total de 7.098.288 visitas, con 22.631.026 páxinas vistas, o que supón un promedio diario de 19.447 visitas con 62.002 páxinas vistas. Esta cifra de visitas supón un aumento de 90,15% en relación coas 3.732.925 de 2006.
A plataforma, que nos últimos anos rexistrou un aumento espectacular nas súas visitas, xa vira incrementadas estas no 88,20% en 2006 en relación co 2005, e no 66,21% en 2005 en relación con 2004.
www.galiciadigital.com, que leva na Rede desde comezos do ano 2000, comprende vintecatro portais temáticos referidos a Galicia nos seus máis diversos aspectos: empresas, webs, educación, galegos, cultura, turismo, letras galegas, empleo, ferias, instituciones, xuventude, motor ou moda, xunto con unha cada vez máis importante dedicación á Información e Opinión sobre temas galegos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.