
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, inaugurou no Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a exposición fotográfica titulada O triunfo da solidariedade, que organiza a Axencia Efe-Galicia, en colaboración con Pesca e Medio Ambiente. Esta mostra coincide co quinto aniversario do afundimento do Prestige e ten como obxectivo homenaxear aos milleiros de voluntarios que se achegaron ás nosas costas para axudar na limpeza dos areais e cantís do chapapote derramado polo petroleiro.
O medio cento de fotografías que compoñen esta exposición forman parte do arquivo fotográfico da Axencia Efe e son só unha parte das case 3.000 imaxes que inmortalizaron os xornalistas gráficos durante os fatídicos días do accidente do Prestige e que deron a volta ao mundo. Os autores que asinan as instantáneas son 13 reporteiros de Efe-Galicia e doutras delegacións da axencia de noticias: Emilio Lavandeira jr, Xoán Álvarez Rey, José Manuel Torrecilla, Salvador Sas, David Castro, José Mauriz, Rosa Veiga, J.L. Cereijido, Alberto Estévez, Alberto Morante, Miguel Riopa, Esteban Cobo e Alfredo Aldai.
Deste xeito, a mostra que inaugurou esta tarde Carmen Gallego é unha homenaxe e un agradecemento aos máis de 300.000 mil voluntarios, cidadáns galegos e de todo o mundo, que se achegaron ás nosas costas para colaborar nas tarefas de limpeza do chapapote. Pero tamén pretende transmitir unha mensaxe optimista xa que non só se reflicte o desastre que supuxo o afundimento do Prestige, senón tamén como é posible superar as maiores traxedias coa unión entre as persoas, a vontade e o traballo conxunto.
Con motivo desta exposición editouse un catálogo que recolle todas as imaxes da mostra e conta cun prólogo dun dos fotógrafos autores de moitas das imaxes, Emilio Lavandeira jr, así como o testemuño conmovedor dunha voluntaria galega, esposa dun mariñeiro, que relata a súa vivencia persoal da catástrofe.
O triunfo da solidariedade está ubicada no Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo (Rúa Eduardo Cabello, s/n Bouzas) e permanece aberta a todo o público durante quince días. Pode visitarse de balde en horario de 09.00 a 21.00 horas, os días laborables, e de 10.00 a 14.00 horas, os fins de semana.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.