Noticias

La Fegamp promueve una campaña de acercamiento a los ciudadanos a través de 800 cabinas telefónicas

Esta campaña, enmarcada en la celebración del la VII Asamblea General de la institución, se extiende a los 315 municipios gallegos y el principal objetivo es que los vecinos conozcan mejor su labor a través del lema: Fegamp, voz única do poder local.

El presidente de la Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Xosé Crespo, presentó la campaña publicitaria que pondrán en marcha en 804 cabinas telefónicas de los 315 ayuntamientos gallegos para que los gallegos "conozcan mejor" la labor que lleva a cabo la institución. En una rueda de prensa ofrecida junto a los portavoces en la Fegamp de PSdeG y BNG -Manuel Lagares y Francisco García-, Crespo explicó que "no es casual" que la campaña se ponga en marcha en el mes en que la federación celebra su VII asamblea y anunció que ambas se desarrollarán bajo el mismo lema: Fegamp, voz única do poder local.

La acción comunicativa durará entre el 1 y el 30 de noviembre y consiste en la colocación de carteles explicativos en 804 cabinas de teléfonos, 298 en A Coruña, 268 en Pontevedra, 125 en Lugo y 113 en Ourense. Crespo destacó el "marcado prestigio institucional" logrado por la federación que preside, la única de España que asocia a todos los ayuntamientos y diputaciones de la comunidad. Frente a ello, lamentó que la sociedad no conozca la Fegamp y apuntó que la campaña pretende "que sepan de la existencia de su labor en defensa de la ciudadanía".

Se trata de la primera campaña institucional de difusión de imagen de la Fegamp, que con anterioridad había desarrollado dos campañas a favor de los intereses de su asociados, una en 2001 y otra en 2005, en ambos casos para concienciar a los ciudadanos en contra de los incendios forestales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Fegamp:

Difundir a imaxe e o traballo desenvolvido pola Federación Galega de Municipios e Provincias entre o conxunto da poboación galega co obxectivo de facerlle ver ao cidadán de a pé o que é realmente a Federación: unha asociación voluntaria de concellos, en defensa dos intereses xerais dos seus asociados, os 315 concellos e as 4 deputacións, que está recoñecida como única interlocutora válida coas restantes administracións. Este é o obxectivo primordial da campaña institucional que a Fegamp poñerá en marcha o día 1 de novembro e que se desenvolverá ata o día 30 dese mes, coincidindo coas datas previas á celebración da VII Asemblea Xeral. Así o puxeron de manifesto hoxe o presidente e os voceiros da Fegamp, Xosé Crespo, Manuel Lagares e Francisco García na presentación pública da campaña que a Federación levará a cabo grazas á colaboración de Telefónica.

A devandita acción comunicativa, que permitirá achegar aínda máis a imaxe da Federación ao conxunto do público, levarase a cabo a través da instalación de carteis explicativos en 804 cabinas telefónicas elixidas estratexicamente nos 315 concellos. A distribución é a seguinte: 298 instalaranse na provincia da Coruña; 125 na de Lugo, 113 na de Ourense e 268 na de Pontevedra.

Cada un dos carteis anunciadores da campaña utilizarán a imaxe institucional da Fegamp ideada para a súa Asemblea Xeral. Deste xeito preténdese conseguir a través

desta coincidencia de imaxe un maior nivel de difusión e coñecemento da Federación entre os cidadáns, aproveitando o período anterior á celebración do relevo dos seus cargos directivos.

Os devanditos carteis compóñense, ademais da imaxe corporativa da VII Asemblea Xeral e do lema: “voz única do Poder Local”, dun pequeno texto no que se explica o que é a Federación e as súas liñas básicas de funcionamento.

Esta é a primeira campaña institucional de difusión propiamente da imaxe da Fegamp, en sentido estricto. Con anterioridade a Federación desenvolvera dúas campañas de difusión a favor dos intereses xerais do seus asociados. Námbolos dous casos os soportes escollidos foron tamén cabinas telefónicas e tratouse dunha campaña de concienciación cidadá en contra dos lumes forestais. A primeira desenvolveuse no ano 2001, e a segunda en 2005.

R., 2007-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES