
Nota de prensa remitida por Sociedadedainformacion.eu
A Asociación Galega de Empresas Tic (AGESTIC) informa que firmou un convenio coa Asociación Profesional Agraria (ASAJA) para traballar a favor da superación da fenda dixital no medio rural de Galiza. O primeiro proxecto en que colaborarán AGESTIC e ASAJA chámase "INFO RED", que se aplicará en 50 concellos do país.
"INFO RED" recibiu a axuda financeira do Ministerio de Industria, dentro da convocatoria de axudas do Plan Avanza 2007. AGESTIC indica que conta cun orzamento de mais de 200.000.
O proxecto consiste en "levar as tecnoloxías da Información e internet a estas zonas rurais nun autobús, o INFOBUS-BUSSI, totalmente equipado cos medios técnicos: ordenadores, e medios humanos altamente cualificados: un animador e un dinamizador TIC".
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.