Noticias

La Ley de Función Pública paraliza la convocatoria de plazas de libre designación en la Xunta de Galicia

Los funcionarios que accedieron a las plazas por libre designación no contempladas en la modificación de la Ley de Función Pública serán sustituidos por otros trabajadores que accedan por la vía del concurso público que se convocará en un plazo aproximado de dos años, cuando todos los funcionarios estén en condiciones de concurrir. Esta acción se enmarca en el objetivo de profesionalización de la Administración.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Presidencia lembra que a partir do luns 17 de setembro non se poden convocar prazas de libre designación non previstas na modificación da Lei de Función Pública (xefaturas de servizo e similares), pero que ata entón continúa vixente o artigo 28 da Lei 4/1988, de 26 de maio da Función Pública de Galicia, que establece que “serán de Libre designación, con convocatoria pública entre funcionarios os postos con nivel de complemento de destino comprendido entre 28 e 30 así como excepcionalmente outros de nivel inferior que como tales figuren na RPT”. Por elo, publicaranse ata esa data as convoctorias destas prazas de traballo segundo a súa configuración nas RPTs e continuaranse cos trámites para a súa cobertura.

Una vez publicada a convocatoria no DOG ábrese un prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes por parte dos funcionarios interesados, logo de rematar ese prazo a Conselleria correspondente examina as solicitudes, resolve e publica no DOG o nomeamento en L.D. Polo tanto, a partir do 17 de setembro non se poderán convocar máis libres designacións, pero se deberán resolver as convocatorias publicadas antes desa data.

Un dos obxectivos fundamentais da reforma da Lei da Función Pública de Galicia é a profesionalización da Administración Pública para o que se considera relevante a cobertura dos postos de Xefaturas de Servizo e similares por concurso en lugar de recorrer á Libre Designación que era o sistema vixente ata o 17 de setembro, data na que entra en vigor a reforma. Se desde a entrada en vigor o luns da lei fose necesario cubrir algunha destas prazas de xefatura de servizo cubertas ata o de agora por LD (porque cesase o funcionario), cubriranse por Comisión de Servizos ata que se resolva o correspondente concurso.

Unha vez que entre a modificación en vigor haberá que poñer en marcha os procesos de modificación das Relacións de Postos de Traballo (RPTs) de cada Consellería seguindo o sinalado na norma que require que tales propostas, entre outros trámites previos á súa aprobación polo Consello da Xunta e publicación no DOG, se sometan a negociación coas organizacións sindicais. O trámite será que cada consellería fará a súa proposta e a negociará sindicalmente, e posteriormente a enviará a Función Pública para informe da D. X. de Función Pública e da D.X. de Orzamentos. Con ambos informes favorables se eleva á Mesa Xeral de Negociación, despois á Comisión de Persoal e se se aproba vai a Comisión de Secretarios, Consello da Xunta e DOG.

As prazas de libre designación que se suprimen coa modificación da Lei sacaranse a concurso nun período aproximado de dous anos, co fin de posibilitar que poidan optar a estas prazas o maior número de funcionarios, xa que a lexislación restrinxe a posibilidade de participar en concurso aos que no leven dous anos nun posto obtido por concurso, restrición que non se aplica aos postos de libre designación, polo que se se convocaran estas prazas por exemplo no mes de marzo, non poderían participar os funcionarios que obtiveron praza no concurso resolto no 2006 (convocado no 2004 polo anterior Goberno), nin os que obteñan destino no concurso convocado en xuño deste ano. Só poderían participar os que non obtiveran praza nos dous concursos anteriores e todos os que están en postos de libre designación.

Cómpre lembrar que o Executivo anterior deixou 1.134 postos de libre designación de todas as categorías, o que vén sendo aproximadamente o 5% da totalidade do emprego público, excluídos docentes e sanitarios. O obxectivo da Xunta é reducir esa cifra, pero non se convocará o concurso para cubrir eses postos de xefatura de servizo ata que todos os funcionarios estean en condicións de concorrer, é dicir, probablemente nun prazo de dous anos. Paralelamente, haberá facilidades para a promoción interna e tamén para a funcionalización dos empregados laborais que na actualidade ocupan postos de funcionarios.

R., 2007-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES