Noticias

Galicia conmemora el 125 aniversario de la primera representación de una obra de teatro en gallego

El 13 de agosto de 1882 se representó en el Liceo Brigantino de A Coruña la obra A fonte do xuramento que quedó registrada como la primera obra teatral representada en gallego. Una programación especial de 125 funciones conmemorará el 125 aniversario del teatro gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia:

O 13 de agosto de 1882 estreábase no Liceo Brigantino da Coruña "A fonte do xuramento", a primeira representación rexistrada dunha obra en galego. Para conmemorar estes 125 anos de vida do teatro galego, a Consellaría de Cultura e Deporte e o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) organizan un programa especial con outras tantas 125 funcións teatrais.

A programación presentouna na Coruña a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, durante un acto de lembranza e de homenaxe a esa primeira representación en galego e de recoñecemento ao labor dos profesionais do teatro neste tempo. Acompañada da concelleira municipal de Cultura, María Xosé Bravo, e de numerosas persoas da escena galega, Bugallo descubriu unha placa conmemorativa na fachada do antigo Liceo Brigantino, que na actualidade acolle unha oficina municipal de servizos.

125 anos, 125 funcións

Coincidindo co número de anos da primeira representación da peza escrita por Francisco de la Iglesia terán lugar en todo o país 125 funcións. En total son 25 as compañías galegas participantes, con cadansúa obra e que percorrerán 40 localidades de toda Galiza do 14 de agosto ao 30 de setembro.

A intención desta programación é achegar o teatro a públicos novos e darlle unha maior presenza social. Neste sentido, boa parte da programación terá lugar en espazos non convencionais (lugares ao aire libre, hospitais, praias, lonxas, etc.) e estará complementada con diversas actividades e intervencións de promoción.

Exposición Un país desde as táboas

Nestes 125 anos a dramaturxia do noso país revelouse como unha arte cunha importante función cultural, social e económica; como factor de identidade colectiva, de coñecemento da nosa historia e da nosa literatura, de extensión do uso da nosa lingua e de manifestación da nosa capacidade creadora.

Dentro das actividades organizadas pola Consellaría para festexar o 125 aniversario, a exposición itinerante Un país desde as táboas recolle a historia do teatro en galego. A mostra inclúe os grandes períodos da escena galega: o teatro popular, o nacemento da dramaturxia galega, as tentativas modernizadoras na procura dun teatro para todos e todas, o esmorecemento da actividade teatral coa dictadura, a refundación dos anos sesenta e setenta do século XX e a consolidación do sistema teatral vivida nas últimas décadas.

Material audiovisual inédito

Xunto aos paneis explicativos, a exposición conta con material audiovisual de gran valor histórico. Rescatados dos arquivos ou cedidos expresamente polos propios protagonistas, algúns destes testemuños ven a luz por primeira vez nesta exposición. Entre o material figura un extracto de 4 minutos da estrea de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, ou entrevistas a Blanco Amor e a Álvaro Cunqueiro

A mostra, que agora está no Museo de Belas Artes da Coruña, comezou o seu itinerario en Ribadavia e visitará Cee, O Carballiño, Vigo, O Barco, Carballo, Compostela, Lugo, Pontevedra e Narón.

Plan Galego das Artes Escénicas

Para que o teatro galego cumpra moitos máis aniversarios e cada vez con mellor saúde, a Consellaría e o IGAEM abriron este ano un debate co sector para crear unha estratexia para promover as artes escénicas: o primeiro Plan Galego das Artes Escénicas.

Presentado o borrador en xuño de 2007, está previsto que se aprobe definitivamente durante o outono. A partir de entón, as artes escénicas contarán cun marco xeral para promover a súa difusión social, reforzar a estabilidade das empresas, fomentar a creatividade e promover a proxección exterior do sector. O Plan inclúe estratexias e medidas concretas. O proxecto ten unha concepción global, integrando as dimensións cidadá, artística e económica das artes escénicas.

R., 2007-08-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES