Noticias

Galicia dispone de una aeronave para la vigilancia del tráfico marítimo de la fachada galaico-cantábrica

Misiones de búsqueda, rescate, salvamento marítimo y lucha contra la contaminación son algunos de los objetivos del nuevo avión bautizado con el nombre de Rosalía de Castro. La aeronave puede permanecer en el aire más de 9 horas e intervenir en operaciones con un alcance de casi 4.000 kilómetros.

La ministra de Fomento y el presidente de la Xunta presentan la aeronave Rosalía de Castro: un nuevo instrumento para mejorar la seguridad de los marineros y para proteger las costas. La aeronave, con base en Santiago de Compostela, tendrá como principales tareas, la vigilancia del tráfico marítimo de la fachada galaico-cantábrica y la realización de misiones de búsqueda, rescate, salvamento marítimo y lucha contra la contaminación.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou que coa entrega do novo avión Rosalía de Castro, o Plan de Salvamento Marítimo recibe “un novo impulso” ao contar cun novo “instrumento ao servizo do salvamento, da busca e do rescate, da mellora da seguridade da nosa xente do mar e da protección contra a contaminación nas nosas costas”. Así o subliñou o presidente galego, Emilio Pérez Touriño, logo de presidir, xunto coa ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, o acto de entrega do novo avión CN-235-300 Rosalía de Castro, destinado á patrullaxe marítima, localización de sinistros, detección de contaminación e busca de náufragos.

Trátase, segundo explicou o máximo mandatario autonómico, dunha aeronave con sede en Santiago, que terá como principais cometidos vixiar o tráfico marítimo da fachada galaico-cantábrica e cumprir coas misións de busca, rescate, salvamento marítimo e loita contra a contaminación.

O avión está equipado con Sistema Táctico Totalmente Integrado, “o máis moderno e capaz actualmente en servizo en todo o mundo”, en palabras da ministra Magdalena Álvarez. Ademais, pode permanecer no aire en tempo superior ás nove horas, intervir en operacións cun alcance de 3.706 quilómetros e un radio de acción de 1.853, cunha velocidade de 437 quilómetros por hora. Os seus equipos son os máis modernos do momento, tanto para os labores de salvamento como para a loita contra a contaminación.

Sistema de salvamento á altura do século XXI

Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico quixo recoñecer o “moi importante esforzo” que está a realizar o Goberno de España e, en particular, o Ministerio de Fomento, nunha área “altamente sensible para a nosa comunidade”.

“Hoxe é un día importante para a xente do mar, para todo o país, para a cidadanía e, desde logo, un día de alegría para o Goberno que presido”, insistiu o mandatario autonómico lembrando que a ministra está a impulsar “persoalmente” e “de maneira privilexiada, como nunca antes se fixo na historia da Comunidade”, que Galicia conte “cun servizo marítimo de prevención, de resposta, de salvamento á altura do século XXI e ao servizo das nosas xentes e das nosas necesidades”.

“Sen dúbida –aseverou Touriño-, hoxe temos os recursos que antes non tiñamos, un potente servizo de Salvamento Marítimo, eficazmente dotado, con instrumentos moi potentes, remolcadores moi ben dotados, helicópteros como o Helimer, aeronaves como a que hoxe vén a Galicia e que vai permitir dar un salto na seguridade e na loita contra a contaminación extraordinario”.

Colaboración conxunta

O presidente da Xunta tamén se referiu no seu discurso á colaboración continua existente entre o Goberno de España e a Xunta, e lembrou que no ámbito de salvamento marítimo existe unha “complementariedade” desde a Comunidade galega ás actuacións realizadas polo Executivo central. “Traballamos na mesma dirección e coordinadamente, cooperando e traballando no mesmo esforzo, no mesmo acento e na mesma dirección”, insistiu, lembrando que Galicia ten 141 axentes activos, nove bases operativas e dous remolcadores, unha flota importante que acompañan aos mesmos, e dous helicópteros que traballan cos medios que achega o servizo nacional.

“Ao final a política é un esforzo de cooperación conxunta e de compartir e traballar na mesma dirección: o obxectivo é salvagardar as costas e as vidas das nosas xentes”, argumentou, explicando que existe un Plan Nacional de Continxencias, un Plan territorial e un Mando Único que permite dar unha resposta integral, ordenada e ben coordinada ante as distintas situacións de emerxencia.

O nome de Rosalía de Castro

NoticiaPola súa banda a ministra de Fomento quixo remarcar o feito de que o novo avión de Salvamento Marítimo leve o nome de Rosalía de Castro, “dunha galega -sinalou-, especialmente querida polo que significou para Galicia, pola súa proximidade aos cidadáns, pola súa tenacidade, polo amor á terra, polo seu labor en todo o ámbito social e pola súa capacidade de reivindicar”.

Así mesmo, Magdalena Álvarez explicou que a tecnoloxía que leva incorporada este avión é a primeira existente no mundo, xa que practicamente non existe ningún país que teña estas características tanto no que a salvamento de náufragos, como a localización de barcos a longa distancia como á calibraxe de calquera incidente de contaminación se refire. Neste último aspecto abondou en que a aeronave é capaz de recoñecer o tipo de material contaminante, o seu grosor e mesmo o xeito de tratalo.

Cumprindo con Galicia

Magdalena Álvarez quixo, por último, remarcar que do Plan de Salvamento Marítimo, dotado con 1.000 millóns de euros, xa está executado o 52% do investimento. Así mesmo, incidiu en que, deste orzamento, o 20% se está a executar na Comunidade galega o que supuxo, segundo explicou, un buque polivalente cunhas prestacións “impresionantes”, un avión –o presentado hoxe-, previamente outro que estivo operando ata que foi substituído por este, unha salvamar de máis eslora (había unha de 15 e agora é de 21). En definitiva, argumentou, Galicia conta hoxe cunha base loxística e unha serie de elementos ao servizo do salvamento marítimo.

“Hoxe, un día máis, cumprimos o noso compromiso con Galicia, non con palabras, senón co que é moito máis importante, cos feitos”, aseverou a ministra de Fomento, lembrando que cada pouco tempo acode a Galicia “para presentar todo aquilo que nos comprometemos a facer e que estamos facendo”, concluíu.

R., 2007-06-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES